Os morcegos, os aliados das viñas que buscan fogar no Salnés
Este sábado en Ribadumia comezará a instalación de case 60 casiñas para morcegos na contorna do río Umia. Trátase dunha iniciativa da Asociación Ideas de Bombero, que busca favorecer o asentamento desta especie na zona. Lonxe de prexuízos, os morcegos son fundamentais para garantir o equilibrio dos ecosistemas, contribuíndo ao control de pragas, como a da avelaíña do acio nos viñedos.
15 persoas desempregas formáronse no curso de xestión de almacén da Mancomunidade do Salnés
Este venres rematou o curso de xestión integral de almacén que impulsa a Mancomunidade do Salnés dentro do seu programa de emprego. A formación incluíu prácticas en sete empresas da comarca para coñecer en profundidade o sector. Un total de 15 alumnos participaron nesta acción formativa centrada no almacenamento, subministro e loxística.
O parque de maquinaria do Salnés segue medrando coa incorporación dun novo tractor
O parque de maquinaria da Mancomunidade do Salnés non deixa de medrar. A última adquisición foi este tractor que permitirá levar a cabo tarefas de mantemento en núcleos rurais dos nove concellos e de limpeza das marxes de viais. Cun investimento de case 97.000 euros, máis de 39.000 foron aportados pola Xunta a través do Fondo de Compensación Ambiental.
A segunda edición do programa Depo Van da Deputación de Pontevedra medra ata o...
A Deputación de Pontevedra lanza a segunda convocatoria Depo Van, para facilitar a adquisición de vehículos ou remolques ás entidades deportivas da provincia. Nesta edición o orzamento medra ata o millón de euros, un 67% máis que na primeira. Anunciouno en Vilagarcía o presidente da Deputación, no acto de entrega dunha furgoneta ao Arousa.
A Coral Xuntanza de Meis celebra trinta anos de traxectoria en plena forma
A Coral Xuntanza de Meis está composta nestes momentos por mais de 40 persoas do municipio e de toda a contorna. Unha gran familia unida pola mesma paixón: o seu amor á música. Nestes trinta anos de vida, son incontables xa as actuacións que levan ofrecido polo mundo, presumindo de levar o nome de Meis por toda península e mesmo de ter feito as Américas. Tres décadas despois, o concello de Meis recoñecerá a súa traxectoria este sábado, cun dos premios dos Meisinos do Ano.
Cambados faise coa titularidade dos 41.000 metros cadrados da zona deportiva do Pombal
A zona deportiva do Pombal era ata o momento de Costas do Estado. Estaba en precario dende 2021, o que impedía acometer reformas nas instalacións. Logo de anos de trámites, este martes escenificouse a entrega ao municipio dunha superficie de 41.000 metros cadrados. Trátase da maior adquisión da historia recente de Cambados. A partir de aquí, o concello avanza actuacións de mellora inminentes.
Sanxenxo cede a parcela das Cunchas á Xunta para construír 40 novas vivendas públicas
A Xunta de Galicia construirá arredor de 40 vivendas públicas para menores de 36 anos no concello de Sanxenxo. Un acordo que chega tras pechar a cesión da parcela da rúa das Cunchas, ata o de agora de propiedade municipal. Estas novas vivendas de promoción pública sumaranse ás 25 que o goberno autonómico ten previsto construír en Noalla, noutra parcela cedida polo concello.
Oposición frontal de Unións Agrarias á baixada do rendemento por hectárea na D.O. Rías...
Unións Agrarias oponse a que na Denominación de Orixe Rías Baixas se reduza o rendemento por hectárea aos viticultores. O sindicato rexeita a proposta que plantexa baixar dos 12.000 aos 10.000 os quilos por hectárea. Cren que a proposta se debe a problemas na xestión do stock dun número reducido de adegas e que só vai prexudicar aos viticultores. A intención de Unións Agrarias é evitar que a medida se leve a pleno e adiantan que, de facerse, tomarán medidas.
O alcalde da Illa acusa ao PP de posicionarse contra o novo pavillón co...
Luz verde aos orzamentos máis altos da historia da Illa de Arousa. As contas, que acaban de ser aprobadas no pleno, superan os seis millóns de euros. Saíron adiante cos votos do equipo de goberno e o 'non' da oposición. Os populares critican que se volvan subir impostos e o afán recadador do concello. Mentres, dende o executivo, lamentaron a negativa do PP a estas contas, que como principal investimento contemplan a compra de terreos para unha nova zona deportiva.
O marisqueo de Vilanova denuncia que a situación é crítica e reclama a Mar...
A situación do marisqueo en Vilanova de Arousa é crítica. Así o trasladou o sector á conselleira do Mar. Marta Villaverde desprazouse hoxe ata o banco marisqueiro das Sinas para supervisar o traballo de recollida de mostraxes que permitan avaliar o impacto dos temporais deste inverno. Na confraría vilanovesa son claros: o marisco está morto e xa hai moitos mariscadores sen ingresos.


















