A Xunta dá un paso decisivo para a fin dos vertidos á ría na...
Avanza o proxecto do novo colector de augas residuais entre Vilanova e Cambados. A Xunta acaba de autorizar unha concesión para ocupar 1.300 metros cadrados de dominio público márítimo-terrestre. Un trámite posible grazas ao traspaso das competencias sobre o litoral ao goberno galego. O proxecto busca substituír a actual e obsoleta instalación para evitar verteduras ao mar. Unha actuación que conta cun orzamento de máis de 5 millóns de euros, dos que a administración galega asumirá o 80%. O restante correrá por conta dos concellos, que estudan agora posibles vías de financiamento.
Os tres grandes bancos do libre marisqueo da ría de Arousa permanecerán pechados esta...
Novo golpe para o sector marisqueiro na ría de Arousa. As zonas de libre marisqueo van permanecer pechadas esta campaña. Os Lombos, O Bohído e Cabío terían que abrirse á actividade este xoves, pero a alta mortaldade rexistrada pola baixa da salinidade e os temporais condicionaron a recuperación dos recursos. Si van abrir as denominadas ‘outras zonas’
Meis celebra a sétima edición de MeusViños con quince adegas e volvendo apostar polo...
Meis volverá converter o sector vitivinícola en protagonista. Os días 15, 16, 17 e 18 de outubro a Praza da España e a Casa Escudeiro acollerán unha nova edición de Meus Viños, as xornadas de autopromoción vitivinícola de Meis. A cita cumpre a súa sétima edición cunha programación que inclúe, ademais da feira nas casetas, actividades para profesionais e para todos os públicos. Este ano o pregón correrá a cargo de Carlos Carrión, presidente da adega Paco y Lola.
A Mancomunidade do Salnés recoñece o apoio de 40 empresas da zona para o...
SANXENXO> A Mancomunidade do Salnés reúne 40 empresas para poñer o punto e final á décimo cuarta edición do seu Programa Integrado de Emprego....
Catro roubos en 15 días e uns 13.000 euros en gastos na igrexa de...
Vaga de roubos na igrexa de Sobrán, en Vilagarcía. En tan só 15 días entraron no templo catro veces. O ladrón non puido levar nada, pero si deixa cuantiosos danos materiais. Calculan que arranxar os desperfectos vai custar uns 13.000 euros. No último asalto, o ladrón feriuse ao cortarse cos cristais da porta pola que accedeu, deixando un Regueiro de sangue pola igrexa. A Policía xa recolleu mostras para tentar identificalo. Con todo, o párroco ten claro que ten que ser alguén da zona. Estes días, están a reforzar a seguridade de portas e ventás para evitar que volva entrar. Tamén van instalar cámaras.
Arcos da Condesa celebra 80 anos como entidade local menor reclamando máis capacidade de...
Arcos da Condesa celebra o seu 80 aniversario. A única entidade local menor organizou esta fin de semana un acto conmemorativo para celebrar as súas primeiras oito décadas de autonomía veciñal. O evento serviu para render homenaxe a todos os veciños que contribuiros aon desenvolvemento da entidade local menor. Tamén para facer un chamamento aos máis mozos da zona, coa vista posta no necesario relevo xeracional.
O tripartito cambadés saca adiante os festivos de 2027 nun pleno ao que non...
Cambados resolve a polémica dos festivos de 2027 cun pleno extraordinario insólito. Celebrouse este venres á unha do mediodía, convocado con apenas 24 horas de antelación. Seis dos oito concelleiros do PP non acudiron, alegando motivos laborais. Ausencia que permitiu ao tripartito sacar adiante a súa proposta: Martes de Entroido e o Día do Carme. Dende o goberno local acusan aos populares de xogar unha estratexia errática, apuntando que as datas que finalmente serán festivo eran proposta deles.
O Revenidas volve a Vilaxoán con 40 grupos no cartel e unha sección dedicada...
Vilaxoán prepárase para unha nova edición do Revenidas. O festival vaise celebrar entre os días 10 e 13 deste mes. Traerá ata a localidade vilagarciá grupos como De Ninghures, Dakidarría, Fillas de Cassandra, 9Louro ou The Rapants. Con todo, a gran novidade deste ano é o escenario 'Ondas e partículas', unha iniciativa na que colabora a Universidade de Santiago. Neste espazo ofreceranse charlas e talleres divulgativos entre concertos durante as catro xornadas do festival.
A vendima marca un novo adianto e xa está a pleno rendemento na Denominación...
As adegas da Denominación de Orixe Rías Baixas retoman a vendima. Despois dun pequeno conato de inicio que se viu cortado polas chuvias da semana pasada, os viticultores aproveitan o bo tempo e as boas previsións para recoller a uva dos seus viñedos. Unha destas adegas que xa está coa maquinaria a pleno rendemento é a cooperativa Viña Almirante, no concello de Portas.
A Confraría dos Viños Rías Baixas cumpre 20 anos e regresa a Vilagarcía para...
A pasada fin de semana decenas de confrarías enogastronómicas desfilaron polas rúas de Vilagarcía. Un evento cheo de cor e música que só podía significar unha cousa: o capítulo da Confraría dos Viños Rías Baixas volvía celebrarase na vila na súa vixésima edición. Unha cita que comezou co tradicional desfile dende a Casa Consistorial ao Salón García.

















