A segunda feira máis grande de España de maquinaria vitivinícola vaise celebrar en Vilagarcía
O Salón Vintec terá lugar no mes de outubro en Fexdega, coa previsión de reunir máis de 300 expositores de España, Portugal, Italia e Francia. O evento complétase con charlas, xornadas técnicas e unha zona de catas.
Gabriel Magariños asume o papel de Xesús na Semana Santa de Paradela
A veciñanza de Paradela, no concello de Meis, prepara a súa Semana Santa. A programación relixiosa arrancará o 29 de marzo, Domingo de Ramos. Haberá tamén escenificacións o Xoves e Venres Santo e tamén o Sábado e Domingo de Pascua. Nas representacións participan ao redor dun cento de persoas, coa incorporación de Gabriel Magariños no papel de Xesús.
O alcalde da Caldas, satisfeito co anuncio da cancelación da Variante Oeste, do que...
Satisfacción no concello de Caldas ante a cancelación do proxecto da Variante Oeste. O alcalde agarda que a semana que vén o delegado do goberno oficialice ese anuncio para a partir de aí retomar o proxecto do 2008. O PP, entre tanto, garda cautela. De feito, manteñen unha iniciativa que van levar ao pleno do Parlamento a vindeira semana. Desconfían do anuncio feito polo líder dos socialistas galegos porque, din, Besteiro non é a persoa que debera ter anunciado a cancelación da Variante.
A Deputación de Pontevedra cifra en máis de 87 millóns de euros o...
A Deputación de Pontevedra cifra en máis de 87 millóns de euros o seu investimento en servizos e infraestruturas do Salnés e Caldas. Dende o goberno provincial salientan o apoio a Vilagarcía, o municipio máis beneficiado dos 16 destas dúas comarcas. Para a capital do Salnés destináronse no que vai de mandato 9 millóns de euros. O presidente provincial destaca tamén o investimento de 14 millóns de euros na rede viaria provincial nestas dúas comarcas.
Os futuros profesionais do sector turístico coñecen como se xestiona a Ruta do Viño...
Unha vintena de alumnos do Máster en Planificación e Xestión de Produtos Turísticos da Universidade da Coruña participaron este mércores nunha xornada na que coñeceron como se artella este produto enoturístico. A visita ao Salnés incluíu paradas en adegas e outros establecementos asociados á ruta.
A Illa cifra en máis de 850.000 euros os danos que deixaron os temporais...
O concello da Illa quere acollerse ás axudas que puxo en marcha o goberno central logo da declaración de Zona Afectada Gravemente por unha Emerxencia de Protección Civil. Entre as actuacións máis urxentes que destaca o concello, a reparación da senda do Bao e do Muelle de Pau, a consolidación dun muro en Abilleira e o arranxo da senda do Aguillón.
O futuro Centro Loxístico Multiservizos do Salnés estará operativo antes de que remate o...
A Mancomunidade do Salnés ten preparado xa o proxecto para a reforma do que será o futuro Centro Loxístico Multiservizos. Trátase dunha infraestrutura estratéxica para a comarca que aglutinará distintos servizos mancomunados, como o parque de maquinaria ou espazos formativos. A transformación desta nave, situada no polígono de Sete Pías, está orzamentada en 600.000 euros. O organismo comarcal acaba de conseguir unha axuda da Xunta pola metade dese importe.
As confrarías de Arousa piden a declaración da ría como zona catastrófica
As confrarías da ría de Arousa piden a declaración de zona catastrófica ante a elevada mortaldade que está a sufrir o marisco. Os pósitos alertan da situación extrema na que se atopa o sector. Mesmo que esta crise mesmo pode levar ao peche de algunhas das confrarías da ría, á perda dos permex ou ao abandono da actividade marisqueira. Piden medidas estruturais, como a regulación do baleirado dos encoros ou un plan para a rexeneración. Ademais, demandan axudas directas a confrarías e a mariscadores. Tenden a man á administración central e galega na procura de solucións que salven o sector.
O BNG reclama ‘medidas estruturais’ para frear a crise da mortaldade de marisco na...
O BNG levou xa ao Parlamento Galego as súas propostas para paliar a crise da mortaldade do marisco na ría de Arousa. Ademais de axudas inmediatas para o sector, os nacionalistas piden medidas estruturais. Entre elas, estudos que determinen as causas da perda da produtividade, como o cambio climático ou a contaminación; e unha norma que regule o baleirado dos encoros. Este luns, os nacionalistas mantiveron unha xuntanza con representantes da confraría de Carril.
Mar intensifica as mostraxes nos bancos marisqueiros afectados polos temporais de cara á...
A consellería do Mar intensifica a mostraxes técnicas nos bancos marisqueiros afectados polos temporais. Dende o departamento autonómico explican que o obxectivo é recompilar a información suficiente para tomar decisións xustificadas co sector do mar. Hoxe a conselleira, Marta Villaverde, supervisou os traballos que se están a levar a cabo na zona do Grove.

















