Os árbitros españois de Primeira e Segunda División fórmanse en Sanxenxo
Máis de 120 árbitros de Primeira e Segunda División están concentrados en Sanxenxo. Os colexiados están a formarse no concello, asistindo a diferentes actividades e probas do Comité Nacional de Árbitros. Pero tamén teñen tempo para coñecer a contorna: hoxe visitaron o Pazo de Quintáns, que acolle o Centro Gastronómico Rías Baixas. Fixérono en compañía, entre outros, do alcalde Telmo Martín e do presidente da Federación Española de Fútbol, Rafael Louzán.
Encontro para coñecer as demandas laborais do sector vitivinícola e agroforestal en Meis e...
Meis, Ribadumia e a Acción contra a Fame van da man para coñecer as necesidades reais de contratación en sectores clave na zona como o vitivinícola e o agroforestal. Este venres organizaron un encontro con representantes de adegas, comunidades de montes e empresas agroforestais. Un encontro que se enmarca dentro das Escolas Inclusivas de Emprego destes dous municipios e a ONG e que permitirá adapatar as futuras formacións ás demandas dos sectores.
O PSdeG reclama axudas especiais para que o sector marisqueiro ante a crise da...
O PSOE amosa a súa preocupación pola alta mortaldade do marisco nas rías galegas. Os socialistas presentaron xa varias propostas no Parlamento de Galicia para a rexeneración dos bancos marisqueiros. Pídenlle tamén á Xunta que habilite axudas 'especiais e complementarias' para que o sector poida facerlle fronte a unha situación que consideran catastrófica. Este venres mantiveron un encontro na Illa de Arousa con representantes da confraría e da OPP20.
O ensino centra a programación do 8M en Ribadumia
O ensino será o eixo condutor da programación do 8M en Ribadumia. O concello deseñou unha programación arredor do Día da Muller que se vai prolongar durante un mes. Vai arrancar este mesmo venres cun encontro de mestras en activo e xubiladas para compartir as súas experiencias arredor da educación en igualdade antes e agora.
Detido en Ribadumia un presunto xihadista
A Policía Nacional desenvolveu nas últimas horas un operativo que se está a levar directamente dende Madrid. O dispositivo tivo lugar na zona de Sisán, onde o home tiña alugada unha vivenda.
‘Alimenta un Comelixo’ en Vilagarcía para fomentar a separación de residuos
Vilagarcía anima á veciñanza a alimentar un comelixo. O concello pon en marcha unha nova campaña para fomentar a separación de residuos. Salientan que na cidade cada vez se recicla máis e mellor, pero que cómpre seguir dando pasos. Destacan a importancia de separar o lixo para evitar que os custes suban, porque -lembran- as novas normas penalizan todo o lixo que chega mesturado a Sogama.
Rescatadas dúas persoas ao declararse un indencio nun piso do centro de Vilagarcía
Unha muller tivo que ser evacuada ao Hospital do Salnés logo de declararse un lume na súa vivenda. A vítima foi rescatada nun balcón polos efectivos de emerxencia. Tamén foi evacuada outra persoa doutro dos pisos do inmoble. Todo apunta que o incendio se declarou nun cadro eléctrico, provocando unha gran cantidade de fume.
Aumenta o número de atencións a vítimas de violencia de xénero no CIM do...
O CIM da Mancomunidade do Salnés alerta do aumento do índice de atencións a vítimas de violencia de xénero. No 2025 acadou o 20% dos casos, fronte ao 12% do exercicio anterior. En total, o ano pasado este servizo mancomunadado atendeu unhas 2.300 consultas de mulleres. Este martes celebrouse a terceira Mesa Comarcal de Coordinación Institucional fronte á violencia de xénero.
A praia de Canelas estrea pasarela elevada de madeira para facilitar o acceso e...
A praia de Canelas, en Sanxenxo, estrea acceso renovado. O concello instalou unha nova pasarela elevada de madeira, máis respectuosa coa zona de dunas do areal. Tamén se colocou un novo alumeado con tiras LED. A intervención precisou dun investimento de máis de 30.000 euros dons que a Xunta achegou 24.000.
E se o bagazo e os restos de poda puidesen empergarse na farmacéutica ou...
O aproveitamento de subprodutos da industria vitivinícola e a xestión sostible dos solos nos viñedos centraron hoxe unha xornada impulsada pola Mancomunidade do Salnés en Ribadumia. O proxecto pretende reducir o impacto do sector no medio ambiente, botando man dos residuos vexetais para a propia compostaxe dos viñedos. Pero a investigación vai máis alá, buscando a súa aplicación noutros sectores como farmacéutica ou cosmética.

















