O Salnés aposta pola xestión intelixente da auga para optimizar a súa rede de...

A Mancomunidade do Salnés bota man da dixitalización para superar un dos retos máis importantes: optimizar o seu sistema de abastecemento de auga e planificalo para que resista as tensións que padece no verán polo impacto do turismo. Con este obxectivo, porán en marcha un sistema para a xestión intelixente deste recurso, que recollerá información a tempo real en 37 puntos da súa rede de abastecemento. Unha información que se procesará e que axudará a priorizar os investimentos. A intención é que estea en marcha xa neste mes de xuño.

As obras do centro de saúde de Vilagarcía recuperan o ritmo trala sucesión de...

Avanzan a bo ritmo as obras do novo centro de saúde de Vilagarcía. Esta mañá recibiron a visita do conselleiro de Sanidade, a súa homóloga de Infraestruturas, o alcalde da vila e varios concelleiros da corporación. Os traballos xa están a pleno rendemento, despois de que a sucesión de temporais afectara á súa planificación. Así as cousas, está previsto que a infraestrutura entre en funcionamento o vindeiro ano.

A Deputación saca peito dos seus ‘investimentos municipalistas’ en Vilagarcía

A Deputación destaca a súa aposta en investimentos en Vilagarcía con dous proxectos que obtiveron 120.000 € de recursos provinciais. Trátase da ampliación da rede de abastecemento e saneamento en Muíños de Cea, financida con fondos do +Provincia, e a instalación dunha nova pista desmontable en Fexdega, cunha achega do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas. Este xoves visitou esas dúas actuacións o deputado Javier Tourís xunto con membros do goberno local.

O Salnés consolídase como un dos destinos ‘pet friendly’ máis avanzados de España

O Salnés consolídase como destino para facer turismo con mascotas. A Mancomunidade acaba de rematar a segunda fase do seu proxecto pet friendly, posicionándose como un dos destinos máis avanzados e estruturados de España en turismo con mascotas. O organismo comarcal creou unha rede da que xa forman parte 159 establecementos e realizou auditorías nos nove concellos para analizar os distintos servizos dos que dispoñen e propostas de mellora.

A confraría da Illa non descarta acollerse a un cese de actividade por forza...

A confraría da Illa de Arousa tamén advirte da situación crítica que está atravesando pola alta mortaldade do marisco. A situación, di o patrón maior, non pinta nada ben, debido á baixa salinidade da auga por mor da chuvia. Nos últimos días os mergulladores recolleron das autorizacións da confraría uns 240 quilos de navallas e ameixas mortas. Dende o pósito estudan medidas, como acollerse a un cese de actividade por forza maior.

As primeiras 25 vivendas públicas que a Xunta vai construír en Sanxenxo estarán rematadas...

A Xunta construirá 25 vivendas públicas en Sanxenxo. O presidente e o alcalde asinaron este martes o convenio polo que o municipio pon a disposición do goberno galego unha parcela de máis de 2.600 metros cadrados en Noalla. Este mesmo mércores o proxecto sairá a licitación cun orzamento de 6,7 millóns de euros, coa previsión de que as vivendas poidan estar rematadas a comezos de 2028. No acto, o alcalde comprometeuse a poñer novos terreos a disposición da Xunta para converter Sanxenxo, dixo, nunha referencia da vivenda pública en Galicia.

Emprego presenta ao empresariado de Valga as súas iniciativas para o fomento da empregabilidade

Encontro do conselleiro de Emprego co tecido empresarial de Valga e a súa contorna para dar conta das iniciativas da Xunta para este ano para potenciar a empregabilidade e a competitividade. José Gonzalez aproveitou para poñer de manifesto as políticas de emprego que pechan o círculo, conectando a formación con incentivos á contratación.

A confraría de Vilanova estuda despedir persoal ante a falta de ingresos pola mortaldade...

Situación crítica na confraría de Vilanova pola alta mortaldade do marisco. No pósito explican que se debe á gran cantidade de auga, pola chuvia e o alivio dos encoros. O patrón maior advirte que terán que tomar medidas ante unha situación que considera insostible. Mesmo abre a porta a ter que despedir a algún dos 13 traballadores.

Como afecta esta sucesión de borrascas ás viñas do Salnés?

A sucesión de borrascas que sufrimos nas últimas semanas condicionan o día a día nas viñas do Salnés. Os traballos habituais nesta época do ano, a poda e o atado, estanse retrasando. Con todo, e malia as imaxes espectaculares de viñedos anegados, as plantas resisten sen problema ao estar en parada vexetativa.

O PP insiste na retirada do plan de tráfico da Illa e o bipartito...

Pleno extraordinario na Illa, de novo co plan de mobilidade da zona residencial e as multas como protagonistas. A sesión foi forzada polo PP, que esixiu ao goberno local paralizar as sancións por erros de xestión e crear unha oficina para asesorar á veciñanza. O executivo local deféndese, reducindo eses erros a menos do 1% das 10.000 matrículas xestionadas. Cren que esta convocatoria busca por parte do PP crear máis tensión política e non aportar solucións.

REDES SOCIAIS

40,704FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete