O Umia dá un respiro en Caldas á espera de máis chuvias
Caldas prepárase para a chegada das novas borrascas. O municipio ten a vista posta nas chuvias previstas para este venres, que poderían provocar de novo inundacións. Este mércores a vila respiraba algo aliviada, co Umia volvendo ao seu leito. No municipio mantéñense zonas inundadas, como na contorna da praia fluvial ou nas parroquias de Godos e Saiar.
Caldas, en nivel vermello ante risco ‘moi elevado’ de inundacións
Alerta máxima en Caldas ante o risco de inundacións pola crecida do Bermaña e o Umia. A Dirección Xeral de Emerxencias emitiu un aviso facendo un chamamento a extremar as precaucións logo de que este mediodía se acadase o nivel vermello na estación Bermaña-Umia, o que se traduce nun alto risco de crecidas. Co Umia xa desbordado en varios puntos, o alcalde fai tamén un chamamento a evitar riscos innecesarios.
A Aldea Labrega, precintada tras a caída dunha árbore que destruíu por completo o...
A caída dunha árbore esnaquizou por completo o lavadoiro da Aldea Labrega, situada en plena Ruta da Pedra e da Auga. A zona foi acordoada por efectivos de Protección Civil para evitar riscos maiores. En canto a situación meteorolóxica mellore, o concello de Meis fará unha avaliación dos danos para estudar a súa reconstrución.
Cifran en case 60 millóns de euros as perdas económicas do marisqueo na ría...
Pois seguimos falando do futuro da ría de Arousa. A Plataforma en Defensa da Ría advirte que as perdas económicas do marisqueo nos últimos cinco anos acadan os 59 millóns de euros, sen ter en conta o IPC. Xunto con confrarías e agrupacións de mariscadoras e mexilloeiros, o colectivo lamenta a falta de políticas de saneamento e rexeneración por parte da Xunta. Cargan contra o goberno galego pola súa inacción e por impulsar 'proxectos nocivos' para a ría.
O programa de emprego do Salnés reinvéntase apostando por novos enfoques tecnolóxicos
Arranca a décimo cuarta edición do Programa Integrado de Emprego que impulsa a Mancomunidade do Salnés. Un cento de alumnos formaranse durante os vindeiros meses en distintos campos co obxectivo de acadar un posto de traballo. O itinerario formativo mantén os cursos tradicionais reinventándose con novos enfoques tecnolóxicos. O programa conta cun investimento de 250.000 euros, dos que a xunta aporta 220.000.
Telmo Martín marca obxectivos para 2026: vivenda, novos aparcadoiros e impulso aos mantementos
O alcalde de Sanxenxo comprométese a rematar este ano cumprindo cos proxectos estratéxicos comprometidos na última campaña, un ano antes das eleccións municipais. Telmo Martín fixo hoxe balance dos proxectos que están en marcha. Avanzou que nos vindeiros meses porán a disposición da Xunta novos terreos para construír vivenda pública, ao tempo que anunciou a creación dun aparcadoiro de 300 prazas en Portonovo.
A Deputación achegará 646.000 euros para a reforma da Rúa do Río de Sanxenxo
A Deputación e o concello de Sanxenxo irán da man para a mellora da seguridade viaria na estrada provincial entre Portonovo e A Vichona, coñecida popularmente como a Rúa do Río. O organismo provincial achegará 646.000 euros para este proxecto, valorado en 920.000 euros. Vaise actuar nun treito duns 200 metros onde se ampliarán as beirarrúas, reordenará o tráfico e mellorarán os servizos.
Zona Aberta leva á praza de Galicia de Vilagarcía o seu photocall do amor...
O amor chega a Vilagarcía da man de Zona Aberta. O colectivo de comerciantes e hostaleiros da cidade pon en marcha a súa campaña de San Valentín. Co apoio do concello, van instalar o propio día 14 de febreiro un photocall na praza de Galicia para que os namorados poidan sacar fotos. Ademais, sortearán unha cea para dúas persoas entre as persoas que fagan as súas compras nos establecementos asociados.
Falece un home en Meis tras unha intoxicación por monóxido
O suceso produciuse na Avenida do Médico Paz García arredor das 08:45 horas. A vítima fora revisar un xerador e foi atopada inconsciente.
Comezan as obras de mellora da mobilidade peonil na estrada de Baión, en Vilanova
A Deputación de Pontevedra vai investir neste proxecto 900.000 euros. Os traballos realizaranse entre os puntos quilométricos 0+000 e o 0+560 desta estrada provincial que une Baión con András. Unha actuación que contempla a execución dunha senda peonil en formigón coloreado na marxe esquerda da vía ao longo dos seus primeiros 500 metros.

















