A Illa avalía os estragos que deixou o lóstrego na zona de Sucavirto
Na Illa de Arousa avalían os danos que deixou na zona de Sucavirto un raio. A peor parte levouna unha vivenda que, literalmente, foi atravesada polo lóstrego. Nese momento no seu interior había dúas persoas que, de milagre, resultaron ilesas. O raio deixou desfeitas no alumeado público e mesmo levantou partes do formigón da rúa. O alcalde di que polo de agora é difícil facer unhas estimación de canto custará recuperar a normalidade na zona.
Vilagarcía instalou tres quilómetros de tubaxes de saneamento e pluviais no que vai de...
Este venres o alcalde fixo balance das últimas actuacións, cifrando o investimento en máis de un millón de euros. Alberto Varela apuntou que se viron beneficiadas máis de 300 vivendas de doce lugares e parroquias, a través de 23 obras deste tipo.
Peche no IES Cotarelo Valledor de Vilaxoán demandando melloras no ensino público
Peche reivindicativo no IES Cotarelo Valledor de Vilaxoán. Uns 30 docentes, convocados pola CIG, pasaron a noite no centro para demandar melloras no ensino público. No encerro participaron tamén familias e alumnado. Demandan, por exemplo, a redución de ratios ou a mellora na atención á diversidade con máis persoal e medios.
As familias poderán solicitar prazas para os Campamentos da Lanzada a partir do dous...
A partir do dous de marzo abrirá o prazo para que as familias poidan solicitar unha praza para a rapazada nos Campamentos da Lanzada da Deputación de Pontevedra.
Falece o pai do ribadumiense Rafael Louzán, presidente da Real Federación Española de Fútbol
RIBADUMIA> Falece o pai de Rafael Louzán, actual presidente da Real Federación Española de Fútbol. José Louzán Güimil falecía este xoves en Ribadumia aos...
A reparación do tellado da Garda Civil de Sanxenxo xestionarase cun contrato de emerxencia
O paso da borrasca Joseph provocou importantes danos no cuartel da Garda Civil de Sanxenxo. Neste caso, parte do tellado voou cos fortes ventos que deixou o temporal. Segundo a Subdelegación do Goberno en Pontevedra, estase xestionando un contrato de emerxencia para reparalo o máis rápido posible.
Eros, o gato da rúa que fai de profe no colexio Viñagrande de Vilanova
Eros é un gato da rúa que atopou no colexio de Viñagrande, en Vilanova, unha segunda oportunidade. No centro decidiron adoptalo e, coa súa axuda, fomentan valores como a convicencia e o respecto animal. A implicación da rapazada neste proxecto educativo está sendo exemplar.
A Xunta reparte 1,5 millóns de euros para facer máis sostibles 39 adegas da...
Dez adegas da comarca do Salnés beneficiáronse dunha liña de axudas da Xunta para a reconversión de viñedos. Medio Rural repartiu entre elas 350.000 euros. Unha delas foi Terra de Asorei, que aproveitará a achega de 72.000 euros que lle concederon para a creación dunha nova plantación de catro hactáreas en Agudelo, no concello de Barro.
Meis cede unha oficina do consultorio de Paradela a AMICOS para o seu servizo...
AMICOS terá un punto de atención sociolaboral no concello de Meis. A asociación firmou un convenio co concello polo cal o goberno local cédelles un espazo no antigo consultorio médico de Paradela. Dende alí, un orientador de AMICOS encargarase de prestar os seus servizos a persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social de Meis e da súa contorna. Actualmente no Salnés ao redor de 200 persoas forman parte do proxecto de emprego da asociación.
Estas son as incidencias que deixou a borrasca Joseph nas comarcas das Rías Baixas
A borrasca Joseph deixa a súa pegada nas Rías Baixas. O temporal das últimas horas foi especialmente virulento na comarca de Caldas. En Cuntis o río Gallo desbordou. Tamén rebordou o Umia ao seu paso por Caldas, inundando zonas como A Tafona. En Portas, os servizos de emerxencia tiveron que rescatar un condutor atrapado nunha pista anegada. No Salnés, co Umia tamén anegando zonas en Meis ou Ribadumia, a principal incidencia foron os cortes de luz en varios puntos, así como pequenos desprendementos. Mesma situación na comarca de Pontevedra, con danos de escasa consideración.


















