O Centro da Cultura Gastronómica das Rías Baixas centra a promoción turística de Sanxenxo...

Sanxenxo promociónase na Feira Internacional de Turismo. Este ano o municipio centra parte da súa campaña no Pazo de Quintáns. Trátase dun Ben de Interese Cultural que o concello acaba de converter no novo Centro da Cultura Gastronómica das Rías Baixas.

Oito alumnos fórmanse en elaboración de viños e enoturismo cun novo curso da Mancomunidade...

Enoturismo e Elaboración de Viños son as materias que trata o novo curso da Mancomunidade do Salnés. A acción formativa está enmarcada no Programa Integrado de Emprego e busca dar resposta a unha necesidade crecente do territorio: a escaseza de perfís profesionais especializados en enoturismo. Os oito candidatos xa empezaron a súa formación, que se desenvolverá en Condes de Albarei e Pazo Baión.

O desfile de Meis inaugurará o Entroido no Salnés o vindeiro 14 de febreiro

O Entroido de Meis volverá ser o máis madrugador do Salnés. O concello anuncia que as festas comezarán o vindeiro 14 de febreiro. E farano co desfile, o concurso, animación na rúa e 2.000 euros en premios. Só queda confiar en que o tempo acompañe.

Obradoiro de caixeiro-repoñedor para 15 desempregados en Ribadumia

Hoxe comezou unha nova edición do obradoiro de caixeiro-repoñedor que impulsa a Mancomunidade do Salnés. Trátase dunha das accións formativas que se inclúen no plan de emprego do organismo comarcal. 15 mozos en situación de desemprego recibirán nas vindeiras semanas aprendizaxe teórica e práctica para favorecer a súa inserción no mercado laboral.

A primeira carreira solidaria Polilla Ana Vicente celebrarase en Meaño e xuntará fondos para...

Meaño acollerá a primeira carreira solidaria Polilla Ana Vicente. Trátase dunha proba que se vai celebrar o vindeiro 7 de febreiro, a favor da Asoación Española Contra o Cancro. Detrás desta iniciativa están os antiguos alumnos dos colexios da Garda Civil, co apoio de diferentes empresas e administracións. As inscricións xa están abertas. Polo de agora hai xa anotadas unas 150 persoas.

Unha rúa á altura da escritora Herminia Fariña

Meaño inaugurou este venres a renovada rúa Herminia Fariña. A vía acaba de experimentar unha completa reforma, mellorando a mobilidade na zona. Na actuación investiume máis de medio millón de euros. Parte do orzamento foi financiado pola Xunta a través do Fondo de Cooperación Local. O acto desta mañá serviu tamén de homenaxe á escritora á que se lle dedica a rúa.

Trail e andaina solidarias polo Xiabre para operar 18 nenos saharauis con pé zambo

O Monte Xiabre será o escenario dun trail e andaina solidarios o vindeiro 8 de marzo. Detrás desta proposta está o Club Tríatlon de Vilagarcía, que aproveitará as distintas rutas marcadas pola zona para desenvolver estas probas. O recadado irá destinado a Equipo Nómada, colectivo que aproveitará estes fondos para intervir a 18 nenos saharauis con pé zambo, unha malformación cun fondo estigma social.

Sanxenxo remata a reforma da Casa de Cultura de Nantes, que empregarán sete colectivos...

O concello de Sanxenxo pon a Casa de Cultura de Nantes a disposición de sete colectivos veciñais do municipio. As instalacións foron reformadas recentemente cunha achega da Xunta de Galicia e fondos municipais. A obra estivo valorada en case 150.000 euros.

Ducias de aspirantes para facerse con algún dos 25 postos de traballo para o...

Ducias de persoas achegáronse hoxe á feira de emprego que o grupo Vegalsa organizou en Ribadumia. A empresa está a piques de abrir un novo supermercado en Meis e está a buscar persoal na zona. A compañía seleccionará entre os que entregaron hoxe o seu currículo unhas 25 persoas para o seu novo equipo. Para aqueles que non se puideron achegar, manteñen en marcha o proceso de selección a través da súa páxina web.

Adeus á perigosa curva da rúa Fontecarmoa de Vilagarcía

Vilagarcía ten previsto eliminar este mesmo ano un perigoso punto negro da rede viaria municipal. Trátase da denominada curva da rúa Fontecarmoa. O concello ten para alí un proxecto que consiste no ensanche da vía grazas a un acordo cun veciño para o retranqueo dun muro. Vanse investir case 400.000 euros.

REDES SOCIAIS

40,706FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete