Meis convoca unha reunión de urxencia para tentar salvar a Semana Santa de Paradela

MEIS> O concello de Meis convoca unha reunión urxente para este sábado para abordar o futuro da Semana Santa de Paradela. As representacións relixiosas...

Meaño merca un terreo no centro de Dena para promover a construción de vivenda...

Meaño aposta por promover a construción de máis vivenda no centro de Dena. O concello formalizou a compra dun terreo urbanizable por 235.000 euros. A intención é que un dos tres bloques de vivenda proxectados sexa de protección oficial. Así as cousas, o proceso pasará polo xustiprezo despois de que os propietarios presentaran alegacións.

A pesca artesanal para e plántase ante os novos controis da Unión Europea, que...

A flota plántase ante os novos controis á pesca impostos dende a Unión Europea. Medio milleiro de mariñeiros mobilizáronse esta mañá na lonxa do porto de Tragove, en Cambados, para protestar contra o novo regulamento en barcos de a partir de doce metros. Todos a unha, representantes de distintos portos e rías, reclaman unha moratoria na aplicación da norma e a apertura de negociacións para modificar as novas esixencias europeas que consideran inasumibles para a pesca artesanal.

Valga converte nunha festa a recepción dos Reis Magos

Inchables, obradoiros e chocolate con churros. Con esta festa recibiu Valga aos Reis Magos. Como xa é tradición, as Súas Maxestades visitaron os arredores do Belén Artesanal para poder saudar á rapazada valguesa e recoller as últimas cartas.

Vilagarcía habilitará 120 novas prazas de aparcadoiro nun novo disuasorio no barrio dos Duráns

Vilagarcía habilitará un novo aparcadoiro disuasorio na rúa Aquilino Iglesia, no barrio dos Duráns. Un proxecto que, ademais de dotar de 120 prazas a zona, permitirá completar as beirarrúas seguindo a estética do tramo anterior. O concello investirá 265.000 euros na intervención, que se enmarcará no Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra.

O concello de Meaño dá por rematada a obra de humanización da rúa Herminia...

A rúa Herminia Fariña, no concello de Meaño, xa loce imaxe renovada. O concello deu por rematas as obras de humanización deste importante vial: 210 metros que unen o centro meañés co colexio As Covas, o centro de saúde e o almacén municipal. A obra, que mellorou a seguridade viaria e a accesibilidade na zona, supuxo un investimento duns 500.000 euros.

Meis, unha das primeiras paradas dos Reis Magos nas Rías Baixas

Os Reis Magos visitan hoxe todos os concellos das comarcas das Rías Baixas. Un dos concellos máis madrugadores foi o de Meis, onde recibiron por todo o alto ás Súas Maxestades xa pola mañá. As Súas Maxestades percorreron o Campo da Feira dende a Casa de Escudeiro ata o Mercado, onde agardan por eles ducias de nenos e nenas.

2026: o escándalo das peaxes da AP-9 suma e segue

A Autoestrada do Atlántico volve encarecerse cunha suba nas súas tarifas de máis do 4,5%. Un dos treitos que sufriu un encarecemento maior é o que conecta O Salnés e Caldas con Pontevedra. Neste caso, entre a peaxe de Curro, en Barro, e a capital da provincia, aplicouse un aumento do 6,45 %, 10 céntimos máis, quedando nos 1,8 euros. Ademais, viaxar entre Pontevedra e Vigo custa agora 20 céntimos máis.

As obras do instituto Aquis Celenis de Caldas estarán rematadas en abril

Esta mañá o Conselleiro de Educación visitou o instituto Aquis Celenis de Caldas para supervisar os avances nos traballos. Aquí o goberno galego está a investir máis de 5,3 millóns de euros, nunha obra que Román Rodríguez cualificou de 'complexa'.

Cañón responde a Arosa: ‘Nós sacaríamos os lectores de matrículas’

A polémica continúa na Illa sobre os lectores de matrícula. Logo de que o alcalde retase ao líder da oposición en Canal Rías Baixas a que aclarase a súa postura sobre esta medida, Matías Cañón asegura que se gobernase, retiraríaos. O concelleiro defende tomar medidas, especialmente nos meses de verán, para reordenar o tráfico no municipio, pero sempre buscando o consenso no pleno e escoitando a veciñanza e empresarios.

REDES SOCIAIS

40,706FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete