Vilagarcía celebra os 25 anos da súa Toma das Uvas cunha viaxe no tempo...

Vilagarcía xa celebra a chegada de 2026. O municipio acolleu esta mañá as vodas de prata da Toma das Uvas, unha festa moi especial deseñada a modo de viaxe no tempo a través deses vinte e cinco anos de historia. A praza de Ravella encheuse de xente dende as 11 da mañá, para gozar dos distintos espectáculos e animacións, cunha temática que serviu para facer un percorrido polos 25 anos de historia da festa, nacida no ano 1998.

Varios concellos das Rías Baixas recibirán o 2026 con antelación

As Rías Baixas despedirán ao grande este 2025 con multitude de eventos. Un dos máis destacados está en Vilagarcía, coa xa tradicional Toma das Uvas, que celebra o seu 25 aniversario. Ademais, hai propostas noutros concellos, como este mércores á mañá en Cambados ou hoxe á tardiña en Meaño.

Arosa reta a Cañón: ‘Se chegaran ao goberno quitarían os lectores de matrícula?’

A Illa de Arousa conseguiu sacar da súa zona residencial máis de 336.000 vehículos. Seis meses despois da implantación das novas restricións ao tráfico nunha parte do núcleo urbano, o concello celebra os resultados que está a dar o seu novo modelo de mobilidade, nun espazo residencial agora máis silencioso e respirable. Destacan que o turismo non baixou e que a actividade comercial e hostaleira mantense. O alcalde aproveita para cargar contra a oposición porque, di Luis Arosa, son os únicos que prexudican aos negocios coa súa 'campaña de medo'.

O marisco, polas nubes nesta Noiteboa

Hoxe é Noiteboa e un dos puntos quentes da xornada estivo nas prazas de abastos. Xa dende primeira hora foron moitos os clientes que se foron achegando na procura de peixes, mariscos ou unha boa carne. Na praza de abastos de Cambados, os prezos ían hoxe polas nubes. Entre o máis caro, pola súa escaseza, a ameixa da ría. A babosa chegou a venderse a 70 euros o quilo.

Papá Noel percorre os concellos das Rías Baixas recollendo as cartas da rapazada

Papá Noel chegará esta noite, en canto vaiamos para cama, a todos os fogares. Pero antes está a percorrer practicamente todos os concellos da nosa contorna. En Vilagarcía, paseou polo centro da cidade. Arrancou no concello e atravesou varias das principais rúas comerciais saudando e sacando fotos coa xente. A súa última parada foi a Aldea de Nadal, instalada este ano na rúa Clara Campoamor.

Carta reivindicativa da rapazada do colexio de Rubiáns a Papá Noel

Os nenos e nenas piden para este Nadal o que veñen reclamando dende hai tempo: un cambio no transporte escolar que permita mudar os horarios do centro, que arranca a xornada ás 10 menos 10 da mañá. Lembran que a actividade lectiva arranca moi tarde e que iso non só dificulta a conciliación, senón que tamén afecta á saúde dos cativos usuarios do comedor, que apenas teñen tempo para xantar.

A Lotaría de Nadal sorrí á Illa de Arousa por partida triple

A Illa de Arousa un dos municipios máis afortunados das Rías Baixas no Sorteo da Lotaría de Nadal. No municipio vendeuse un décimo do terceiro premio e tamén unha ducia de dous quintos premios. Foi na administración de San Xulián, onde xa están afeitos a repartir fortuna entre os seus veciños e visitantes. Ademais, a confraría insular repartiu 330.000 euros pola terminación do Gordo.

Un quinto premio da Lotaría de Nadal cae en Sanxenxo

O quinto premio que caeu en Pontevedra e na Illa fixo tamén parada en Sanxenxo. Do 60.649 vendéronse dez décimos na administración de lotaría número 1 da vila, situada na rúa de Madrid. En total, polo tanto 60.000 euros. Nesta administración non é a primeira vez que reparten fortuna. Xa en anos anteriores repartiran tamén fortuna no Sorteo de Nadal, sempre grazas a quintos premios.

Estes son os premios da Lotaría de Nadal que caeron nas Rías Baixas

A Illa de Arousa é un dos concellos máis afortunados na nosa contorna. Aquí caeu parte do terceiro premio e dous quintos. Un dos quintos tamén deixa cartos en Sanxenxo e Pontevedra.

A Deputación de Pontevedra investirá 2,2 millóns de euros para a xestión do CAAN...

A Deputación de Pontevedra investirá máis de 2 millóns de euros para a xestión do CAAN, situado en Meis, e o servizo de recollida de animais no período 2026-2027. O investimento foi aprobado este venres en xunta de goberno provincial. O presidente da Deputación destacou a importancia deste servizo de recollida e coidado de animais nas instalacións da Armenteira.

REDES SOCIAIS

40,706FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete