Almorzos de Samaín terroríficos e saudables no Obradoiro de Hostalería do Salnés
Comezan as xornadas de almorzos saudables no Obradoiro de Hostalería da Mancomunidade do Salnés e fano co Samaín como temática. Trátase dunha iniciativa que busca achegar á rapazada bos hábitos alimenticios ao tempo que o alumando deste obradoiro de emprego pon en práctica as súas habilidades. Este ano o mexillón galego ten un protagonismo destacado, grazas a un convenio coa Mancomunidade. Este mércores participou nos almorzos saudables alumando do colexio de Corvillón, en Cambados.
O Salnés vive a súa segunda campaña de recollida de oliva co obxectivo de...
As oliveiras do Salnés comezan a dar os seus froitos. Estes días Saraiba, o primeiro proxecto produtor de aceite da comarca, está inmersa na campaña de recollida da oliva. Trátase da súa segunda colleita. O ano pasado deron feito uns 75 litros de aceite de oliva virxe extra, pero este ano contan con triplicar a produción.
Acordo entre a Xunta e Sanxenxo para a construción dunhas 350 vivendas en Vilalonga,...
Impulso á vivenda pública en Sanxenxo. O presidente da xunta e o alcalde asinaron este martes o protocolo de colaboración que permitirá a construción de 350 vivendas en Vilalonga. Delas, o 80% serán protexidas. Vanse construír nunha parcela que o concello mercou á SAREB e que agora, a través deste acordo, vai ceder ao goberno galego. Esta actuación súmase ás dúas parcelas situadas en Noalla e na rúa das Cunchas nas que a Xunta ten previsto construír outras 65 vivendas de promoción pública.
Conmoción en Cambados pola morte dun can que alguén tirou ao mar con signos...
Terrible episodio de maltrato animal en Cambados. O Refuxio de Animais denuncia a morte dun can que foi atopado esta fin de semana no mar, na zona de Castrelo, con signos de violencia. Malia os incesantes intentos por salvarlle a vida, o animal acabou falecendo este domingo. Dende o Refuxio fan un chamamento á veciñanza para localizar aos seu dono. Explican que decidiron facer público este caso para concienciar á sociedade sobre o maltrato animal.
Mozos e maiores danse a man no magosto interxeracional da Asociación O Castro de...
Un magosto interxeracional para loitar contra a soidade non desexada. Esa é a proposta organizada este xoves á tarde pola Asociación O Castro de Baión, en Vilanova. Na actividade participou alumnado de varios institutos da zona, que se encargaron de compartir a xornada cos usuarios que acoden acotío ao espazo de maiores da entidade. Ademais de tempo para a conversa, gozaron todos xuntos do magosto, con castañas e música.
O alcalde da Illa propón destinar a alugueiro para xente moza o edificio decomisado...
A ILLA > O alcalde da Illa propón destinar a alugueiro para a mocidade todas as vivendas do edificio decomisado ao narcotraficante Marcial Dorado...
Un destrutor de sarabia ou traballos con IA: as novas tecnoloxías póñense ao servizo...
As principais innovacións do sector vitivinícola danse cita estes días en Vilagarcía na feira Vintec. As novas tecnoloxías póñense ao servizo das adegas na procura dunha maior eficiencia e sostibilidade. Entre os máis de 150 expositores que compoñen o salón podemos atopar incluso novas ferramentas con intelixencia artificial ou incluso un sistema que permite protexer os viñedos das sarabiadas.
Vintec, o primeiro salón vitivinícola de Galicia, exhibe en Vilagarcía as innovacións do sector
Este mércores abriu en Vilagarcía Vintec, o primeiro salón de maquinaria e equipamento para o sector vitivinícola de Galicia. A feira abarca todos os servizos precisos para a produción, recolección, elaboración e distribución do viño. No recinto de Fexdega danse cita ata este venres máis de 150 expositores coas principais novidades para o sector, poñendo o foco na innovación e na sostibilidade.
Os expertos recomendan retrasar os traballos de poda ata que se instale no Salnés...
Os viñedos de Rías Baixas agardan a chegada do frío. Moitos viticultores comezaron xa a campaña de podas, aínda que case non comezou a caída da folla. Os expertos recomendan agardar un chisco máis para facer estes traballos. A falta de tempo outonal leva a moitos pequenos viticultores a tomar a decisión de iniciar xa estas tarefas para que non se lles bote o tempo enriba.
Meis presume de viños e tradición vitivinícola nas xornadas Meusviños
Meis despide unha completa edición de Meusviños. As xornadas de autopromoción vitivinícola do municipio volveron contar co apoio do público, que encheu a feira durante esta fin de semana. 15 adegas asentadas no concello participaron neste sétima edición, na que tampouco faltaron outras actividades arredor do viño e a gastronomía.

















