Meaño pon a punto o pavillón de Xil coa mellora da súa climatización e...
Melloras de climatización no pavillón de Xil, en Meaño. Trátase dunha actuación que incluíu a instalación de placas solares e bombas de calor. Tamén se aproveitou para renovar o alumeado da instalación. Un conxunto de medidas co que conseguen unha maior eficiencia enerxética. De cara o ano que vén, o concello traballa xa na mellora da acústica deste espazo.
A moda de decorar casas, xardíns ou negocios polo Nadal cada vez gusta máis
Cada vez está máis de moda decorar os nosos fogares, xardíns ou establecementos con adornos de Nadal do máis variado. O que hai uns anos facían só uns poucos, é agora case que unha obriga para vivir ao grande estas festas. Nós hoxe estivemos en Meaño, nun negocio que quixo facer do Nadal un dos seus grandes reclamos. Ademais de varios decorados do máis vistoso, pon en marcha varios sorteos, pensados para a rapazada.
Meis pon en xogo máis de 3.000 euros para apoiar o comercio e hostalería...
Meis volve animar as vendas de Nadal no comercio do municipio. O concello impulsa de novo a campaña 'Este Nadal prémiate en Meis', no que pon en xogo máis de 3.000 euros en rasca e gaña. Por cada compra superior a 20 euros, cada cliente recibirá un boleto que, de resultar premiado, poderá gastar no comercio e hostalería meisina. Ademais, hoxe tamén presentaron o conxunto da programación de Nadal, da que salienta unha festa-baile de Aninovo, logo das badaladas de Fin de Ano.
O Grove presume de centolas e cogomelos da man de dous cociñeiros da vila
As centolas e os cogomelos únense no Grove. Foi nun showcooking organizado no marco da Festa da Centola do Grove, que continúa durante esta fin de semana. Dous cociñeiros mecos, Marcos Otero e Óscar Cousido, foron os encagardos das elaboracións, nas que combinaron estes dous produtos en distintas propostas. Como complemento, as persoas que participaron nesta actividade puideron tamén visitar unha mostra na que se expoñen distintos tipos de cogomelos.
A Mancomunidade do Salnés ten mobilizados 11 millóns de euros en infraestruturas estratéxicas
A Mancomunidade do Salnés saca peito dos investimentos que xestionou este ano que agora remata en infraestruturas estratéxicas para a comarca. Hoxe fixeron balance, cifrando en máis de 11 millóns de euros entre o executado e comprometido.
O novo centro dual de Hostalería e Restauración de Sanxenxo estará operativo na primavera...
O novo centro virá a dar resposta á alta demanda de persoal cualificado que se precisa no sector hosteleiro de Sanxenxo e do resto da comarca. Na visita ás instalacións, o conselleiro de Educación, cualificou o proxecto de "redondo", polo aproveitamento deste edificio, a colaboración entre as partes implicadas e pola formación de calidade que aquí se vai impartir.
A Aldea de Nadal de Vilagarcía mesturará espectáculos cunha decoración inspirada en Charles Dickens
Un dos epicentros do Nadal este ano en Vilagarcía será a renovada rúa Clara Campoamor e a zona da Peixería. Esta é a localización escollida este ano para a Aldea de Nadal, unha proposta que inclúe un mercado con oito postos, pero tamén moitas propostas culturais e de lecer para toda a familia.
Ribadumia implica aos distintos colectivos do municipio nunha programación de Nadal moi participativa
O Nadal arranca este venres en Ribadumia. Será co acendido do alumeado de Nadal. Un acto que lle dará paso a unha ampla programación, artellada grazas á colaboración de diferentes colectivos do municipio. Entre as principais propostas, salienta o Carnival Fest, varias propostas musicais ou a visita de Papa Noel ou os Reis Magos. Ademais, no concello hai en marcha dúas campañas solidarias, de recollida de alimentos e xoguetes.
A febre da Lotaría de Nadal xa se nota nas administracións das Rías Baixas
Conta atrás para o Sorteo da Lotaría de Nadal. Nas administracións comeza a notarse que hai ganas de que chegue o 22 de decembro. Estes días non paran de vender décimos, non vaia ser que a sorte acabe caendo polas Rías Baixas. Nós hoxe estivemos nunha administración de Vilagarcía, á que non parou de achegarse xente durante toda a mañá para facerse cun ou varios boletos.
Arousa Bay, Cantos da Terra e Lendaria protagonizan a Gala Solidaria de Cáritas Arousa
Cáritas Arousa celebrará este venres en Vilagarcía a súa Gala Solidaria. A cita, que acada xa a súa vixésimo oitava edición, reunirá no auditorio da cidade a Arousa Bay, Cantos da Terra e o grupo de danza Lendaria. O evento busca recadar fondos para os distintos proxectos que desenvolve a entidade na comarca. Na organización agardan mesmo superar a recadación récord do ano pasado, cando conseguiran xuntar máis de 2.000 euros.

















