Vilagarcía pon o foco nos ‘negacionistas’ das violencias machistas neste 25N

O salón de Plenos de Vilagarcía acolleu un acto no que a música foi unha das grandes protagonistas e onde se amosou o rexeitamento unánime da cidade á violencia machista. Tamén se deu lectura a un manifesto 'contra o negacionismo' e en defensa da igualdade. Ademais, coincidindo cos 50 anos da fin do franquismo, a voceira do goberno local pediu á cidadanía que reflexione sobre a gran conquista de dereitos para as mulleres en Democracia fronte os tempos escuros da ditadura.

A rapazada do CPI Julia Becerra Malvar de Ribadumia crea un mosaico do 25N

> En Ribadumia, o epicentro deste Día contra a Violencia de Xénero foi o colexio Julia Becerra Malvar. Uns 70 nenos e nenas de 5° e 6° de primaria debuxaron no patio do centro un gran 25N na compaña do alcalde e membros do CIM da Mancomunidade do Salnés. A lectura do manifesto tamén correu a cargo do alumnado.

O Concello de Ribadumia conta xa cun protocolo de prevención fronte o acoso laboral...

O Concello de Ribadumia conta xa co seu primeiro protocolo de prevención fronte o acoso laboral, sexual ou por razón de sexo. O documento busca servir de folla de ruta na prevención ante calquera tipo de violencia dentro do concello, buscando promover tamén un clima laboral o máis respectuoso e igualitario posible.  Hoxe tamén se constituíu a súa comisión de seguimento, na que están presentes a parte institucional, sindical e técnica.

‘Especies varadas’: arte con lixo mariño en Vilagarcía

Xa se pode visitar en Vilagarcía a exposición 'Especies varadas'. Trátase dunha mostra do artista Sergio Ordóñez, que crea arte con lixo mariño. Anacos de cerámica, madeira e, por suposto, moito plástico danlle forma a unha colección de cadros e esculturas nas que os refugallos se transforman en pezas que convidan ao espectador a reflexionar sobre o grave problema do lixo no mar.

O goberno central ofrece cursos en Valga para ensinar á veciñanza a facer xestións...

O programa ‘A Administración preto de ti’ chega tamén ao concello de Valga. Trátase dun proxecto do goberno central que busca ensinar á veciñanza a facer trámites a través da internet. Entre os trámites que se ensinarán a facer grazas a esta iniciativa, xestións coa Seguridade Social, dúbidas sobre pensións ou trámites xerais como o certificado electrónico ou o DNI.

Nova concentración das traballadoras da limpeza do Hospital do Salnés reclamando a equiparación laboral...

Nova xornada de folga das traballadoras da limpeza do Hospital do Salnés. Reclaman equiparación de salarios e condicións ao resto de hospitais do SERGAS. Ao longo deste mes están a convocar paros de dúas horas por cada quenda os martes e mércores, xunto coas compañeiras dos hospitais do Barbanza e de Cee, que tamén se atopan na mesma situación.

Un estudo da EVEGA investiga a viabilidade de viñedos empalizados no Salnés

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, situada en Ribadumia, está a investigar a viabilidade de viñedos empalizados, máis ergonómicos que as espaldeiras tradicionais. Esta estrutura preséntase como alternativa aos emparrados clásicos do Salnés, que presentan como principal problema a deriva dos fitosanitarios. Na EVEGA levan xa cinco anos con este proxecto. Para acadar as conclusións definitivas precisan aínda recompilar datos da colleita e a súa calidade durante tres anos máis.

Comezan as mobilizacións na atención primaria, previas á folga do día 26

Primeira das tres xornadas de concentracións diante dos centros de saúde e PACs de toda Galicia en defensa da atención primaria, pola falta de persoal e a incapacidade de xestión da Xunta. En Vilanova, por exemplo, estiveron presentes representantes da CIG, CSIF, CCOO e UXT. Os catro sindicatos van da man nestas protestas, que repetirán este mércores e xoves. Son mobilizacións previas á folga que convocaron para o vindeiro día 26.

Vilagarcía acuña o termo ‘botrato’ para combater a violencia machista

Vilagarcía convértese na vila do "botrato" para conmemorar o Día Internacional contra a violencia de xénero. O concello impulsa polo 25N a primeira campaña construída de forma colectiva a través dun proceso de escoita á veciñanza. As distintas reflexións que lle dan significado ao "botrato" e que lle dan forma á campaña foron aportadas por veciños e veciñas da cidade, incluíndo rapazada e adultos. A programación do 25N complétase en Vilagarcía con distintas actividades.

Xornada informativa en Portonovo do GALP Pontevedra e o GDR Salnés-Ulla-Umia sobre as súas...

Xornada informativa do Galp Ría de Pontevedra en Sanxenxo centrada nas axudas que xestiona o organismo no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura. A elas poden optar proxectos que teñan que ver coa posta en valor da pesca e do medio rural, en particular praceiros e praceiras de Portonovo e Sanxenxo. Por iso, na sesión tamén participou o GDR Salnés-Ulla-Umia para presentar a súa liña de axudas e, deste xeito, cubrir as demandas de todos os sectores produtivos presentes nas prazas.

REDES SOCIAIS

40,708FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete