Caldas chama á veciñanza a mobilizarse contra a Variante Oeste o vindeiro 29 de...
Sábado 29 de novembro. É a data escollida en Caldas de Reis para celebrar a gran mobilización contra o estudo da Variante Oeste. A marcha, que está a ser impulsada polas plataformas veciñais coa colaboración do concello, sairá as 12 do mediodía da explanada do Hotel Sena. O percorrido rematará na Praza das Palmeiras coa lectura dun manifesto. Haberá un servizo gratuíto de autobuses para facilitar a participación.
Así é a librería que Borjamina, dos Mozos de Arousa, vai abrir en Vilagarcía
Borjamina, dos Mozos de Arousa, vaille dar un xiro á súa vida abrindo unha librería en Vilagarcía. O exconcursante vai empregar os cartos do premio da televisión para converter a desaparecía Follas Novas nun novo espazo dedicado aos libros e á cultura. A súa intención é ir un paso máis alá, creando unha zona para organizar actos culturais, como presentacións, exposicións e mesmo unha parte dedicada aos xogos de mesa. O Mozo de Arousa traballa contra o reloxo para poder abrir a finais deste mes.
Preocupación no sector bateeiro polo peche do 80% dos polígonos das rías galegas
Preocupación polo avance imparable da toxina en todas as Rías Baixas. Nestes momentos as rías de Pontevedra e Muros-Noia atópanse totalmente clausuradas, así como boa parte da de Arousa. En concreto, están pechados 41 dos 52 polígonos das rías.
As limpadoras dos hospitais do Salnés e O Barbanza reclaman a equiparación laboral e...
Xornada de folga das traballadoras da limpeza do Hospital do Salnés. Xunto coas compañeiras dos complexos hospitalarios do Barbanza e Cee reclaman equiparación de salarios e condicións ao resto de hospitais do SERGAS. Dende esta semana, convocan os martes e mércores paros de dúas horas por cada quenda.
O Centro de Desenvolvemento Local de Vilanova conmemora o seu décimo aniversario
O Pazo de Vista Real, en Vilanova, pasou de ser un emblema do narcotráfico en Arousa a unha referencia no eido do apoio ao emprego. O concello adquiriuno no 2010 e dende hai 10 anos, entre outros usos, é a sede do Centro de Desenvolvemento Local de Vilanova. Un espazo de apoio ao emprego e ao emprendemento, polo que nesta década pasaron milleiros de persoas.
O Plan Extra da Deputación de Pontevedra mobilizou 4,5 millóns de euros na comarca...
O primeiro Plan Extra da Deputación de Pontevedra mobilizou nos sete concellos da comarca de Caldas 4,5 millóns de euros. Hoxe o presidente do organismo provincial fixo balance dos proxectos que se beneficiaron destes fondos. Nun encontro en Moraña, Luis López destacou que o Plan Extra é un balón de osíxeno fundamental para os municipios de pequeno e mediano tamaño.
As primeiras centolas do Grove cotizáronse a 34,65 euros o quilo
Arrancou a campaña da centola con prezos á alza. No Grove superáronse os 34 euros. E malia que o tempo acompañou poucas foron as embarcacións que conseguir coller os topes. Os mariñeirs explican que moita alga e lixo que lles dificultou o traballo. Así as cousas, na primeira xornada descargaron na lonxa meca case cinco toneladas, cantidade moi superior á do ano pasado.
Caldas estrea o seu novo Fogar do Maior: case 900 metros ao servizo de...
Caldas xa goza do seu novo Fogar do Maior. O centro acaba de ser inaugurado, nun acto ao que asistiron ducias de usuarios. Dende este luns as flamantes instalacións xa funcionan a pleno rendemento, acollendo máis dunha vintena de actividades para as que están inscritas máis de 800 persoas. O alcalde salientou que a posta en funcionamento deste novo Fogar do Maior é un punto e seguido ás políticas sociais do concello das últimas décadas.
Xornada arredor da dixitalización do sector turístico no Polo de Emprendemento de Vilanova
Xornada arredor da dixitalización do sector turístico no Polo de Emprendemento de Vilanova. Nesta acción formativa participaron algúns dos emprendedores que reciben asesoramento neste servizo que a Xunta ten no Pazo de Vista Real. Un espazo no que continúan achegándose persoas que teñen en mente a creación ou expansión dun proxecto.
O CIM do Salnés adapta as súas instalacións ás necesidades reais do servizo que...
O CIM Mancomunado do Salnés estrea instalacións renovadas. O espazo, que dá servizo aos concellos de Cambados, Meis, Ribadumia, Meaño e Vilanova, foi obxecto dunha fonda reforma para adapatalo ás necesidades das súas usuarias. As instalacións contan agora cunha sala de conciliación e espazos axeitados nos que se gaña privacidade e confidencialidade.

















