Caldas entrega preto de 4.000 alegacións contra o estudo do Goberno para a Variante...

A loita contra a proposta do Goberno do Estado para a Variante Oeste de Caldas non perde folgos. Esta mañá, o concello e as plataformas veciñais entregaron máis de 3.800 alegacións contra o estudo da infraestrutura presentado polo Ministerio de Transportes, que contempla un acceso ao porto de Vilagarcía. O alcalde e os voceiros de BNG e PP acompañaron aos veciños, que entregaron os documentos na Subdelegación do Goberno e na Unidade de Estradas do Estado en Pontevedra.

A Fundación Galega contra o Narcotráfico pide cambios lexislativos ante un escenario ‘altamente preocupante’

Trinta anos despois da primeira experiencia, a Fundación Galega contra o Narcotráfico impulsa a segunda edición do Congreso de Lexislación Antinarcotráfico. Trátase dun foro que busca poñer sobre a mesa solucións a través de conferencias e mesas de traballo nas que van participar membros das forzas e corpos de seguridade do estado, profesionais da adminitración de xustiza, representantes políticos e a sociedade civil.

Campaña da volandeira ‘ilusionante’ en Cambados

En Cambados arrancou unha campaña da volandeira que cualifican de 'ilusionante'. Nestas primeiras xornadas as capturas foron boas, cunha descarga de case 6.000 quilos no primeiro día. Os prezos tamén acompañaron, acadando os 11,90 euros, na liña do ano anterior. Na confraría falan dun produto de boa calidade e dun tamaño bo, semellante ao do ano pasado ou incluso máis grande. A campaña do bou de vara prolongarase ata marzo, cunhas altas expectativas para o Nadal.

A CIG ameaza con mobilizacións se non hai avances na negociación do convenio da...

A patronal acaba de presentar a súa proposta para o convenio da conserva. Hoxe a CIG analizouna nunha asemblea en Vilagarcía. Na central nacionalista critican as subas salariais que se poñen enriba da mesa, practicamente nulas nas categorías máis baixas, así como o sistema de clasificación de persoal. A vindeira xuntanza vai ter lugar o día 13 en Madrid. Agardan que logo dun ano de inmobilismo, comece a haber avances. Do conctrario, advirten, chamarán á mobilización do sector.

As familias do CEIP A Lomba amósanse ‘moi preocupadas’ pola caída de cascallos da...

Preocupación na comunidade educativa do CEIP A Lomba, en Vilagarcía, pola caída de cascallos da fachada deste centro. Técnicos municipais inspeccionaron hoxe o exterior do edificio logo dos desprendementos desta fin de semana. Segundo o seu informe, o centro presenta un problema estrutural, con diversas patoloxías. A ANPA reclama un arranxo urxente para garantir a seguridade da rapazada.

Novembro de obradoiros, charlas e formación en Ribadumia para loitar contra a violencia de...

Ribadumia pon en marcha a súa programación do 25N. O concello organiza distintos obradoiros e charlas durante o mes de novembro para conmemorar o Día Internacional para a eliminación da Violencia contra as Mulleres. Ademais, o goberno local levará o vindeiro xoves a pleno unha proposta para para a creación da Mesa Local de Coordinación Interdisciplinar fronte á Violencia de Xénero.

Vilagarcía creará un novo acceso á Vía Verde do Salnés

O concello de Vilagarcía creará un novo acceso á Vía Verde do Salnés. Trátase dunha actuación no inicio da senda que busca reducir as pendentes nesa zona para favorecer o acceso de todo tipo de públicos. O proxecto conta cun orzamento de 230.000 euros, financido con fondos europeos.

Os dous pasos a nivel que aínda quedan en Valga desaparecerán nun prazo máximo...

Xa están operativos en Valga os dous pasos elevados sobre as vías do tren. O ADIF investiu alí 3,5 millóns de euros para eliminar os pasos a nivel situados nos cruces cos camiños de Castiñeiras e Carracido. Na visita a esas obras, o subdelegado do goberno en Pontevedra avanzou que se van suprimir nun prazo máximo de tres os dous a nivel que aínda quedan neste concello, un deles no límite con Pontecesures e outro preto a Catoira.

Abre o Mercado das Flores de Vilagarcía con prezos que van dos dous aos...

Hoxe abriu as súas portas en Vilagarcía o Mercado das Flores. Ata o vindeiro sábado, seis postos ofrecen ramos, flores soltas e centros para lembrar aos que xa non están. Os prezos polo que vimos hoxe mantéñense máis ou menos como o ano pasado. Para que se fagan unha idea, podemos mercar dende rosas ou pompóns a dous euros a unidade ata un completo centro que rolda os 80.

A Ruta do Viño Rías Baixas sitúase entre as dez máis visitadas de España...

A Ruta do Viño Rías Baixas sitúase entre as dez máis visitadas de España. Con máis de 155.000 visitantes o ano pasado, está en sétimo lugar. Unha posición que se traduce nun impacto económico de 2,2 millóns de euros. Son datos que se desprenden dun informe elaborado por elaborado polo Observatorio Turístico das Rutas do Viño de España.

REDES SOCIAIS

40,712FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete