A solución ao problema do transporte no colexio de Rubiáns podería chegar coas novas...

Optimistas pero sen baixar a garda. Así saíron as representantes da ANPA do colexio de Rubiáns, en Vilagarcía, da reunión que esta mañá mantiveron en Pontevedra. Foron convocadas a un encontro coa xefa territorial de mobilidade da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deporte para tratar a súa demanda: un cambio no transporte escolar que permita mudar os horarios do centro. Segundo lles trasladaron, hai aberto un proceso para incorporar tres novos autobuses á área de Vilagarcía. Pero non lles concretaron se se empregarán para solucionar a problemática do colexio de Rubiáns.

As familias do Villa de Pitanxo ‘máis fortes que nunca’ tras coñecer o informe...

Tras coñecer o informe da CIAIM, as familias dos mariñeiros falecidos aseguran estar satisfeitas. Hoxe compareceu ante os medios de comunicación a súa voceira, María José de Pazo, filla dun dos tripulantes desaparecidos no naufraxio. Cren que o documento é rotundo, cunhas conclusións que amplían o espectro de responsabilidades. Continúan a reclamar xustiza para os seus mortos.

A Mancomunidade do Salnés implantará unha rede de cargadores ultrarrápidos para coches eléctricos

Con este proxecto O Salnés sitúase á vangarda de Galicia e do noroeste peninsular na implantación de estacións de carga ultrarrápidas para vehículos eléctricos. O plan contempla a instalación de 12 estacións dobres nos nove concellos da comarca. Destes cargadores salienta a velocidade de recarga, conseguindo completar o proceso con éxito en apenas 10-15 minutos.

A escola infantil de Ribadumia mellora a súa eficiencia enerxética

Actuouse na envolvente térmica, na climatización e na iluminación do edificio. O proxecto contou cunha achega de 120.000 euros da Xunta, cofinanciado con Fondos Europeos. Na escola infantil de Ribadumia están matriculados un cento de pequenos e o concello está a estudar fórmulas para ampliar a súa capacidade.

Vilagarcía gravará as vivendas de uso turístico a través da ordenanza do lixo

Ata o momento este tipo de aloxamentos pagaban unha cantidade ao ano en función do número de habitacións, 27,72 € por cada unha. Agora cada VUT pasará a ter un fixo de 129,56 euros, como a vivenda habitual de calquera familia, máis un variable de 6,50 por cada unha das prazas rexistradas. A medida conta co apoio do BNG, xa que forma parte do acordo entre socialistas e nacionalistas para a aprobación do presuposto.

Cambados volve ser o lugar elixido para unha nova edición das xornadas ‘Ti tamén...

Cambados acollerá este sábado a novena edición das xornadas 'Ti tamén formas parte do TDAH', que organiza TDAH Salnés. A cita porá sobre a mesa asuntos que afectan ás persoas que padecen este trastorno e ás súas familias. Van participar distintos relatores das áreas educativo-sanitaria e terapéutica. Tamén contarán co apartado 'En primeira persoas' no persoas contarán a súa experiencia convivindo con este trastorno.

O Plan Especial do Porto de Cambados, clave para o asentamentos de novas industrias

Despois de dez anos de trámites, Cambados acaba de aprobar o seu plan especial do porto. Trátase dun documento clave para o desenvolvemento da vila, así como o asentamento de novas industrias. O documento, que xa foi aprobado en pleno, permite tamén despexar o futuro da praza de abastos, pendende dunha renovación dende hai anos.

Batería de actividades en Cambados para a defensa e posta en valor do medio...

Cambados pon en marcha un completo programa de actividades medioambientais para este outono. As propostas buscan fomentar hábitos saudables entre toda a veciñanza poñendo en valor os espazos naturais do municipio, con iniciativas como ioga ao aire libre, observación de estrelas ou andainas para descubrir a flora e fauna da contorna. O programa inclúe tamén unha campaña divulgativa entre a rapazada, con xogos que van repartir polos colexios.

María Deza despídese de Sanxenxo para dirixir a Axencia Galega de Infraestruturas

María Deza despídese do Concello de Sanxenxo. A primeira tenenta de alcaldía dá o salto á política galega. Será a nova directora da Axencia Galega de Infraestruturas. A popular, moi emocionada, despediuse hoxe da corporación nun pleno extraordinario no que, apuntou, pediu desculpas polos erros que puido cometer. O alcalde e os grupos da oposición agradecéronlle o seu traballo.

Meusviños segue gañando seareiros

As xornadas de autopromoción vitivinícola celebraron o seu sexto aniversario consolidadas como unha cita imprescindible no municipio. A resposta do público foi tal que a organización esgotou as 2.500 copas que tiña dispoñibles xa o sábado. Na cita, tamén destacou este ano o irmandamento co concello asturiano de Cangas del Narcea. O seu alcalde participaba tamén nas xornadas, inauguradas este ano polo presidente de Martín Códax.

REDES SOCIAIS

40,712FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete