Vinte proxectos optan ás axudas do GDR Salnés-Ulla-Umia, mobilizando 1,2 millóns de euros
Unha vintena de proxectos recibirán axudas a través do Grupo de Desenvolvemento Rural Salnés-Ulla-Umia na convocatoria 2025-2026. A entidade celebrou onte a súa asemblea xeral, na que se informou das propostas de aprobación destas achegas. Así, estas iniciativas recibirán axudas de 430.000 euros, mobilizando un investimento total de 1,2 millóns. Na listaxe hai proxectos de concellos, de entidades sociais e culturais e de emprendedores, con propostas innovadoras como a creación dunha biorrefinería ou dun crematorio para mascotas.
Os futuros adestradores do Salnés fórmanse en Ribadumia
Ribadumia acollerá un curso de adestradores UEFA. A actividade, con varias sesións teóricas e prácticas, está liderada pola Real Federación Galega de Fútbol co apoio do concello. Vai arrancar o vindeiro 21 de outubro en el vanse formar máis dunha trintena de persoas.
Vilagarcía concentra os actos de apoio ao pobo palestino no Salnés nesta xornada de...
Aínda que marcharon por separado CIG e CCOO e UTX coinciden no fondo do programa: que malia o acordo de paz entre Israel e Hamás os crimes contra o pobo palestino persisten. No Salnés, as tres forzas sindicais saíron á rúa nesta xornada de folga e paros laborais. En Vilagarcía, o principal acto foi o da CIG, diante da casa do concello.
O concello de Meaño vai transformar a pista deportiva de Dena nun espazo polivalente
O proxecto, que xa está en marcha, permitirá crear tres novos equipamentos: unha pista de pádel, unha pista de fútbol indoor e un parque infantil cuberto. Trátase dun ambicioso proxecto, situado nunha localización estratéxica ao carón dos centros educativos, que conta cun orzamento de 670.000 euros.
Os coches de Harry Potter e os Cazapantasmas achegaranse á edición máis internacional do...
A edición máis internacional do Curtas está a piques de comezar en Vilagarcía. O festival audiovisual comezará o próximo día 24 con máis dun cento de estreas, preto dunha vintena mundiais. Ademais das exposicións, que xa se poden visitar, o Curtas traerá á cidade este ano os coches de Harry Potter e os Cazapantasmas.
Seis coles de Pontevedra e O Salnés participan na programa de vacinación intranasal contra...
Trátase dunha campaña que busca inmunizar por vía intranasal rapazada de entre 3 e 11 anos. Na zona de Pontevedra están convocados 500 menores e na do Salnés, 1.200. Un dos centros seleccionados para participar neste programa é o San Tomé de Cambados, onde a rapazada recibiu a súa dose esta mañá.
16 mozos e mozas de Moraña, Valga e Portas fórmanse en técnicas forestais e...
Hoxe rematou a primeira edición do obradoiro de emprego xuvenil que organizaron de forma conxunta os concellos de Moraña, Valga e Portas. Unha iniciativa que permitiu formar a 16 mozos e mozas nos módulos de albanelería e forestal durante un ano. Grazas á parte práctica, durante este tempo levaron a cabo diversas melloras e actuacións nos tres municipios.
O Castro Alobre ‘sae do armario’ en defensa da tolerancia e o respecto
No instituto Castro Alobre de Vilagarcía organizaron hoxe unha saída do armario conxunta. A iniciativa busca visibilizar o colectivo LGTBIQ+, fomentando a tolerancia e o respecto entre o alumnado. Está impulsada polo Grupo de Diversidades afectivo sexuais do centro.
López e Varela poñen a reforma de Fontecarmoa como exemplo de cooperación entre administracións
A pista de atletismo de Fontecarmoa, en Vilagarcía, estrea nova iluminación. As obras nesta instalación deportiva encaran a súa recta final, coa mellora do tapiz que permitirá a esta pista acoller competicións oficiais. Esta mañá visitaron o espazo o alcalde da cidade e o presidente da Deputación de Pontevedra, que subliñaron a importancia da colaboración entre administracións.
A confraría da Illa sementa 3,5 millóns de unidades de ameixa xapónica
A confraría da Illa de Arousa sementou estes días 3,5 millóns de unidades de ameixa xáponica para marisqueo a pé e a flote. Trátase dunha importante rexeneración de exemplares de entre 15 e 18 milímetros nunha parte e noutra, de entre 10 e 12. No pósito teñen aínda pendente sementar outro millón de xapónica ata acadar así os case 5 millóns de unidades. Con todo, calculan que cada ano habería que botar uns 10 millóns para facerlle fronte ás necesidades do sector.

















