Rubiáns converte a volta ao cole nunha feira de gando coa rapazada disfrazada de...

Comeza o curso escolar. Hoxe foi día de volta ás aulas para o alumnado de toda Galicia. Moitos nervios, algo de sono e, sobre todo, moitas ganas de reencontrarse coas amizadas neste primeiro día. Para as familias, xornada de volta á rutina, moi necesaria para conciliar o persoal co laboral. O CEIP de Rubiáns, en Vilagarcía, organizou neste arranque do curso unha feira. Coa rapazada disfrazada de animais de granxa, a actividade serviu para facer máis levadeiro este regreso ás clases.

Caldas demanda unha reunión co Ministerio de Transportes para buscar alternativas ao estudo da...

Caldas de Reis rexeita as propostas para a Variante Oeste presentadas polo Goberno central. O executivo local non entende por que non se ten en conta a opción que defende a corporación de xeito unánime dende o ano 2008. O principal foco de polémica é a conexión da variante co Porto de Vilagarcía. Nunca foi demandada polo municipio e suporía a demolición de varias vivendas e a división das parroquias afectadas polo trazado. Agora o rexedor solicita unha reunión co Ministerio de Transportes para propoñer melloras a este estudo.

A vendima, a pleno rendemento nos viñedos de Martín Códax

A vendima xa está a pleno rendemento na Denominación de Orixe Rías Baixas e en Martín Códax. As condicións meteorolóxicas adiantaron finalmente o inicio da recollida da uva, que está a entrar na adega nun excelente estado sanitario e cun bo equilibrio entre grao e acidez. Os traballos na cooperativa cambadesa desenvolveranse de xeito progresivo, co obxectivo de completalos na primeira quincena de setembro. Todo fai pensar que estamos ante unha gran colleita.

A Xunta pon de relevo o emprendemento feminino no marco do labor do polo...

A Xunta pon de relevo o emprendemento feminino no marco do labor do polo de Vilanova de Arousa. As instalacións do Pazo de Vista Real recibiron hoxe a visita da directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social. Marta Mariño destacou que o polo vilanovés leva atendido máis de 200 proxectos. Deles, o 58% están impulsados por mulleres.

Centos de persoas protestan en Vilagarcía e Pontevedra contra os incendios e a política...

Milleiros de persoas mobilizáronse onte en Galicia para protestar contra a vaga de lumes que está a arrasar principalmente a provincia de Ourense. Houbo concentracións en diferentes localidades do territorio. Entre elas, Vilagarcía e Pontevedra. Os centos de participantes criticaron tamén a política forestal da Xunta de Galicia ao berro de ‘Lumes forestais nunca máis’.

O Salnés copa os premios da Cata-Concurso da Festa do Albariño de Cambados

O Salnés arrasou na trixésimo sétima edición da cata concurso da Festa do Albariño de Cambados. Tres adegas desta subzona de Rías Baixas coparon o podio. Foron Mar de Ons, de Bodegas Aguiuncho, de Vilalonga; Bodegas Pazo Cilleiro de Meis e Lagar da Costa, de Castrelo, que se fixo co bronce. Foron os tres viños escollidos polo panel de expertos entre os 52 que se presentaron nesta edición.

Sanxenxo merca por 300.000 euros un terreo en Portonovo para construír un aparcadoiro público

Sanxenxo amplía a súa bolsa de aparcadoiro no centro de Portonovo. O concello vén de adquirir unha parcela na que construirá un parking público de cara ao vindeiro ano. Mentres non arranquen as obras, o terreo poderá ser empregado polos residentes como aparcadoiro gratuíto, cunha capacidade para uns 20 vehículos. A parcela tivo un custo de 300.000 euros.

As mariscadoras do Grove volven mobilizarse para o seu dereito ao paro remunerado

Nova protesta das mariscadoras a pé do Grove. Desta volta, na Xefatura Comarcal da Consellería do Mar en Carril. Esta mañá insistiron na súa reclamación: o seu dereito laboral de realizar un parón remunerado durante o verán por mor da baixa produtividade do marisco nesta época. Afirman que están nunha situación límite, con salarios que non superan os 500 euros.

Cheo ata a bandeira no Paseo da Calzada para inaugurar a XXLIII Festa do...

Este mediodía o Paseo da Calzada de Cambados estaba ata a bandeira. Ninguén quixo perder o arranque da raíña das festas, a do Albariño. Pasada a 1 do mediodía e despois do pregón, os stands das adegas comezaron a servir os seus viños. Comezando así cinco días de festa que se prometen intensos.

O falecemento dun vilagarcián de 49 anos intensifica a reclamación do BNG dunha medicalizada...

Un falecemento rexistrado esta fin de semana en Vilagarcía intensifica as reclamacións do BNG para que a ambulancia medicalizada volva ao Hospital do Salnés. A formación denuncia que a atención sanitaria tardou media hora en chegar a este veciño vilagarcián de 49 anos que acababa de sufrir un infarto. Un tempo que, consideran os nacionalistas, reduce significativamente as posibilidades de sobrevivir nos casos de emerxencias máis graves. Por iso volven reclamar ao PP que rectifique a súa decisión de trasladar a medicalizada a Sanxenxo durante o verán.

REDES SOCIAIS

40,713FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete