San Xoán atípico nas prazas de abastos coa sardiña a 15 euros o quilo

Noite de San Xóan. Unha festividade que desta volta foi atípica nas prazas de abastos ao cadrar en luns. Os mercados só recibiron hoxe unha pequena cantidade de sardiñas do xeito. A maioría da xente optou por mercar o sábado e conxelar. Con todo, hoxe eran moitos os que se achegaban ata a praza na procura de sardiñas. Só os máis madrugadores foron quen de conseguilas.

Sanxenxo reclama a Costas do Estado a substitución urxente da pasarela de madeira de...

O concello de Sanxenxo esixe a Costas do Estado a substitución urxente da pasarela de madeira de Baltar. Dende o goberno local denuncian o seu deterioro e recordan que se trata dunha estrutura de 31 anos. Lamentan que aínda que na delegación de Costas de Pontevedra se completaba esta actuación, finalmente non se levou adiante pola intervención, din, de Madrid.

Meis recupera a Feira Labrega para as Festas do San Bieito, cos callos como...

Meis xa ten todo preparado para as Festas de San Bieito 2025. O día grande será o 13 de xullo, coa Festa dos Callos. Ese mesmo día terá lugar a ruta BTT dos callos. Precisamente, con deporte vai arrancar a programación, xa este vindeiro 28 de xuño. Será co torneo interparroquial de fútbol. Este ano a gran novidade é que volve a Feira Labrega. A proposta complétase con distitas actividades infantís e música, da man de distintas charangas e orquestras, entre as que salientan a New York, Fania Blanco Show ou Capitol.

As fins de semana comezan antes en Vilagarcía cos Xoves Abertos de Zona Aberta

Volven os Xoves Abertos de Zona Aberta de Vilagarcía. O colectivo de comerciantes e hostaleiros da cidade impulsa a segunda edición desta proposta, que encherá de música os distintos barrios da cidade. Vai arrancar o día 26 deste mes no Piñeiriño.

O deseñador Roberto do Rego ‘renace’ cun desfile único no Espazo de Vilanova Peña...

O coñecido deseñador Roberto do Rego escolleu Ribadumia para a preesntación da súa nova colección. No evento desveláronse os novos deseños que se inclúen dentro da súa firma DRN, unha proposta que supón un punto de inflexión, iniciando unha nova etapa pero sen renunciar á súa esencia. O desfile tivo lugar no Espazo Vilanova Peña, cunhas instalacións que, como Roberto do Rego, levan no seu ADN a fusión dos novos estilos co clásico.

Sebastián Yatra, Camilo ou Leiva revolucionan a terceira edición do Festival Costa Feira de...

Sebastián Yatra e Camilo, pratos fortes da terceira edición do Costa Feira de Sanxenxo. O festival arrancará o 29 de xullo, traendo ata o parque de Nantes multitude de artistas. Por alí pasarán tamén ao longo deste verán Leiva, Manuel Carrasco, Guitarricadelafuente ou Café Quijano. Máis alá da parte musical, os promotores do evento salientan o impacto económico que ten o festival na economía da zona.

Tatuaxes ‘made in Sanxenxo’ para que as mulleres que tiveron cancro de mama recuperen...

Un tatuador de Sanxenxo ofrece a mulleres que sufriron cancro de mama a reconstruír as aréolas ou a cubrir cicatrices con debuxos. Trátase dunha iniciativa totalmente de balde, coa que busca que as mulleres poidan recuperar a autoestima logo de pasar por esta doenza. Unha acción solidaria que sirve tamén de homenaxe á súa avoa, que faleceu de cancro de mama.

Voluntariado da Asociación O Castro fará tarefas de acompañamento a doentes no Hospital do...

A Asociación Cultural O Castro ofrecerá actividades de acompañamento e animación cultural no Hospital do Salnés. Esta mañá, o presidente desta asociación con base en Vilanova e o xerente da área sanitaria asinaron un convenio. Este acordo vaise traducir en que voluntariado da asociación prestará o seu apoio ás persoas ingresadas que o precisen, en especial, grupo vulnerables como persoas maiores ou xente que viva soa.

A Mancomunidade do Salnés forma futuros profesionais do sector do viño

A Mancomunidade do Salnés segue formando futuros traballadores do sector do viño. Esta mañá tivo lugar a clausura dunha nova edición do seu Curso de Elaboración de Viños, unha iniciativa que forma parte do seu programa integrado de emprego. Oito alumnos participaron nesta acción, centrada nas técnicas de cultivo, elaboración e conservación de viño e catas. O obradoiro tivo unha duración de 50 horas repartidas entre Pazo Baión e unha adega de Castrelo.

O Polo de Emprendemento de Vilanova atendeu xa 167 proxectos

O Polo de Emprendemento de Vilanova de Arousa segue recibindo novos proxectos. O servizo consolidouse xa como unha ferramenta clave para o desenvolvmento emprendedor da comarca. En pouco máis de seis meses dende a súa apertura, xa atenderon 167 proxectos.

REDES SOCIAIS

40,717FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete