O Celta levanta por segunda vez a Copa Ribadumia

Outra fin de semana de deporte no concello de Ribadumia. O campo da Senra acolleu a quinta edición da Copa Ribadumia en categoría infantil. Unha cita na que este ano se coroou gañador o Real Club Celta. Fíxoo despois de impoñerse ao Vitoria de Guimaraes por 2 goles a cero.

Dúbidas, chamadas á policía local e hostaleiros indignados nas primeiras horas do novo plan...

Xa está en marcha o novo plan de mobilidade da Illa de Arousa. Un total de 45 rúas dunha parte do centro urbano pasan a ser zona residencial. O tráfico quedou restrinxido a residentes, aínda que servizos e visitantes tamén poderán acceder en determinados casos. O concello insiste que o paquete de medidas servirá para evitar o colapso circulatorio que dende hai anos sufría esta zona. Comerciantes e hostaleiros cargan contra as medidas e pídenlle ao goberno local que recapacite.

Baión regresa ao pasado coa súa Mostra de Oficios Tradicionais

A parroquia vilanovesa de Baión volveu viaxar ao pasado esta fin de semana. 25 oficios tradicionais déronse cita na oitava edición da Mostra de Oficios e Tradicións que organiza a Asociación O Castro. A programación incluíu representacións de actividades como a malla, ir ao toxo ou traballos no lavadoiro.

O goberno vilagarcián levara ao pleno un convenio coa Xunta para financiar a EDAR...

O goberno de Vilagarcía levará ao pleno deste mes o convenio con Augas de Galicia para a ampliación da depuradora. O proxecto terá un custo de 31 millóns de euros, dos que o concello terá que aportar 6. Dado o elevado desa contía, o goberno local chegou a un acordo coa Xunta para financiar con fondos propios a súa parte, achegando 600.000 euros ao ano durante 10 anos. O alcalde agarda que esta proposta sexa aprobada por unha ampla maioría da corporación.

Vilanova e a tradición xacobea de Arousa, grandes protagonistas da edición de 2025 da...

VILANOVA> Vilanova será un ano máis o punto de inicio da Ruta Quetzal. A expedición partirá o día 29 de xuño deste municipio, co...

Concentración de SOS Sanidade para denunciar que no Salnés hai 10.000 persoas nas listas...

Concentración ás portas do Hospital do Salnés para denunciar o incremento das listas de agarda. O acto foi convocado por SOS Sanidade Pública, que denuncia que a Xunta está desmantelando o sistema sanitario para favorecer a empresas privadas, ás que deriva doentes. Aseguran que só na zona do Salnés hai 10.000 persoas en lista de espera. A concentración serviu tamén para reivindicar que durante o verán a ambulancia medicalizada que ten base no hospital non marche para Sanxenxo, para onde piden unha segunda unidade.

O CIMA de Vilanova celebra 50 anos centrado no desenvolvemento do sector marítimo-pesqueiro galego

O Centro de Investigacións Mariñas de Galicia, situado en Vilanova, celebra 50 anos de actividade. Medio século de ciencia que foi clave para o desenvolvemento do sector marítimo-pesqueiro galego. A día de hoxe o centro conta con 35 profesionais e un plan de investigación estable ata 2027.

A Garda Civil confirma a identidade dos cadáveres calcinados que apareceron en Campo Lameiro

A Garda Civil confirma que a identidade dos dous corpos atopados completamente calcinados en Campo Lameiro son os da parella de Moraña que levaba días desaparecida. Agora, continúa a investigación para esclarecer as causas exactas, pero todo apunta a que se trata dun caso de violencia de xénero.

Baión consolida a súa Mostra de Oficios e Tradicións como unha das máis multitudinarias...

25 oficios tradicionais daranse cita esta fin de semana en Vilanova de Arousa. Será na oitava edición da Mostra de Oficios e Tradicións que organiza a Asociación O Castro, de Baión. A programación inclúe representacións de actividades como a malla, ir ao toxo ou traballos no lavadoiro. Todo nun ambiente festivo, con distintas propostas musicias e procurando a implicación da rapazada e mocidade para que nunca nos esquezamos de onde vimos.

Caldas, unha das vilas máis afectadas polo traslado da ambulancia medicalizada a Sanxenxo, di...

Continúa a recollida de sinaturas do BNG para que Sanidade non leve este verán para Sanxenxo a ambulancia medicalizada do Hospital do Salnés. Os nacionalistas, xunto con persoal de emerxencias, estiveron hoxe buscando apoios en Caldas. Advirten que a vila e a súa contorna veríanse gravemente afectadas por esa medida, que quedaría desprotexida, din, para atender situacións nas que o tempo sexa vital. Defenden que Sanxenxo e o Grove conten con outra unidade medicalizada, sen que o resto de municipios vexan empeorado o servizo.

REDES SOCIAIS

40,717FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete