O representante de España no campionato do mundo de catas a cegas decidirase en...
Os 200 mellores sumilleres de España daranse cita en Cambados. A vila acolle esta vindeira fin de semana o sexto Campionato de España de Cata a Cegas por Equipos. De aquí sairá o representante de España para o campionato do mundo que se vai celebrar en Francia en outubro. A proposta, que se vai celebrar no Salón Peña, inclúe tamén un túnel do viño aberto a todo o mundo.
O albariño Rías Baixas volverá conquistar Vitoria do 20 ao 22 de xuño
Os días 20, 21 e 22 de xuño o albariño da Denominación de Orixe Rías Baixas lanzarase á conquista do País Vasco. Concello de Cambados, Mancomunidade do Salnés e Centro Galego de Vitoria repiten coa Festa do Albariño de Vitoria; unha segunda edición que durará unha xornada máis.
As familias do CEIP San Clemente entregan 1.500 sinaturas para reclamar a reapertura da...
As familias do colexio San Clemente de Caldas de Reis entregan 1.500 sinaturas para reclamar a reapertura da terceira unidade de Educación Infantil. Unha vintena de familias desprazáronse ata Pontevedra para facer a entrega no edificio administrativo da Xunta na cidade. Denuncian que aínda que Educación recoñeceu que a supresión da aula debeuse a un erro administrativo, non ten plans de reabrila.
Prisión para un dos tres detidos no marco da Operación Patrón contra o tráfico...
Prisión provisional, comunicada e sen fianza para un dos detidos no marco da Operación Patrón contra o tráfico de drogas. Así o decretou a xuíza do xulgado de instrución número 2 de Pontevedra despois de que os tres detidos pasaran hoxe a disposición xudicial. As outras dúas persoas, un home e unha muller, foron postos en liberdade con medidas cautelares. Todos están a ser investigados por un delito de tráfico de drogas e branqueo de capitais.
A PDRA e ADEGA inician a batalla legal contra Altri: ‘Imos pararvos o chiringuito’
Fronte común da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa e ADEGA contra Altri. Os dous colectivos anunciaron hoxe o inicio de accións legais conxuntas para evitar a construción do proxecto da macrocelulosa en Palas. Explican que as irregularidades na tramitación do proxecto dálles pé xa a acudir á vía xudicial. Van comezar pola presentación dun recurso de alzada. Unha acción que é posible grazas a unha campaña de recadación de fondos que en apenas 20 días permitiulles xuntar case 40.000 euros.
Un millón de euros para a ampliación do San Tomé e 240.000 para as...
Hoxe anunciáronse obras importantes para dous centros educativos do Salnés. En Cambados, hoxe sae a licitación a ampliación do San Tomé por preto dun millón de euros. A intervención inclúe a recuperación dun espazo do faiado no que se albergarán dúas novas aulas, unha biblioteca con sala de radio e dúas aulas de desdobre.En Ribadumia, entra tanto, adxudicouse este venres a substitución das cubertas do Julia Becerra Malvar, para a que se destinarán 240.000 euros.
Sanxenxo Degusta Tapas rolda o medio cento de propostas na súa edición máis ambiciosa
Este venres comeza en sanxenxo unha edición de récord do 'Sanxexo degusta tapas'. Este ano participan na iniciativa 28 establecementos con 44 tapas a escoller. A proposta repártese entre petiscos tradicionais e outros innovadores. Poderanse degustar ata o 1 de xuño a un prezo único de só 4 euros.
O Grove, capital do marisco… e dende este venres tamén do peixe azul
Emgrobes impulsa a primeira edición das xornadas 'O Grove azul', unha proposta que ten este tipo de peixe como ingrediente principal. Nesta proposta participan unha ducia de establecementos, ofrecendo ata o 31 de maio petiscos coa sardiña, o xurelo ou a xarda como grandes protagonistas.
Garda Civil e Policía Local de Sanxenxo reforzarán a súa coordinación na campaña de...
Sanxenxo reforzará a súa seguridade para facerlle fronte á campaña de verán. Esta mañá o alcalde e o subdelegado do goberno en Pontevedra presidiron a Xunta Local de Seguridade. Avanzaron que a Garda Civil vai reforzar a súa presenza na vila nos meses estivais, ao tempo que reforzará a súa coordinación coa Policía Local. Un dispositivo habitual, indicaron esta mañá, para un dos principais destinos turísticos de Galicia.
Ravella aporta 60.000 euros para a ampliación do cemiterio parroquial de Rubiáns
Hai avances no proxecto de ampliación do cemiterio parroquial de Rubiáns, en Vilagarcía. Esta mañá o alcalde e o presidente da comunidade de montes desta parroquia asinaban un convenio de colaboración para o impulso do proxecto. O concello vai aportar 60.000 euros. A intención é iniciar os traballos canto antes pola altísima demanda de nichos. A previsión é construír uns 120 panteóns nun terreo anexo ao actual camposanto.


















