Unha ducia de tractores e 1.200 racións de chourizo con pan de millo para...

Este sábado temos unha cita en Caleiro. Nesta parroquia de Vilanova celebran un ano máis o San Isidro O Labrego. Un dos principais reclamos da xornada o tradicional desfile de carros e tractores, no que van repartir 1.500 euros en premios. Tampouco vai faltar o reparto de chourizos con pan de millo e distintas propostas musicais, salientando a verbena coa orquestra New York.

Sanxenxo cede unha parcela en Noalla para que Xunta constrúa 25 vivendas públicas

A Xunta construirá 25 vivendas de promoción pública en Sanxenxo. O Concello vai ceder ao goberno galego unha parcela de máis de 2.000 metros cadrados nunha zona de Noalla onde se está a levar a cabo un desenvolvemento urbanístico. Hoxe a conselleira de Vivenda confirmou a viabilidade urbanística do terreo. O obxectivo é licitar a construción das vivendas no ano 2026.

‘Almorzos saudables’ co alumnado do colexio Julia Becerra Malvar de Ribadumia e mexillóns galegos

rrancan os 'Almorzos saudables' en Sanxenxo. O alumnado de 6º de primaria do colexio Julia Becerra Malvar de Ribadumia foi o primeiro grupo en participar nesta iniciativa impulsada polo Obradoiro de Hostalería do Salnés. O obxectivo é que a rapazada vaia tomando conciencia da importancia de adquirir bos hábitos alimenticios, comezando polo almorzo, que é a comida máis importante do día.

A Panorama estreará nas festas de Santa Rita de Vilagarcía o seu novo espectáculo

Vilagarcía desvelou hoxe a programación de Santa Rita 2025. As festas prolongaranse do 21 ao 25 de maio convertendo a cidade nun gran escenario do que hoxe denominaron como unha gran romaría popular urbana. A orquestra Panorama estreará no marco destas festas o seu novo espectáculo. Tamén actuarán Os Satélites e Marbella e a banda The Rapants. A isto hai que sumar a Feira Celta, propostas infantís e tamén distintas citas deportivas.

Cambados recibe fondos da Xunta para o fomento da lectura e a mellora das...

Cambados foi beneficiario de varias axudas da Xunta para a área de Cultura. Ademais dunha achega de 4.000 euros para o fomento da lectura, recibiu outra subvención que permitiu ao goberno local o cambio de ventás na biblioteca de Corvillón. Esta mañá achegouse ao municipio o delegado da Xunta en Pontevedra. Coincidindo coa súa visita o Concelleiro de Cultura pediulle que traslade á Xunta a necesidade de baleirar aos concellos de competencias impropias.

Roupa, libros, decoración e moito máis no primeiro mercado de segunda man de Vilagarcía

O Día das Letras Galegas Vilagarcía acollerá un gran mercado de segunda man. Chámase 'Vilabela' en el poderemos atopar produtos de todo tipo, dende roupa a vaixelas, pasando por bicicletas ou libros, sumando 85 postos. A proposta nace dun grupo de particulares, co apoio do concello. Vai estar instalado ao longo de toda a xornada na praza da verdura.

Meis tamén reivindica o uso do galego nos cemiterios

O cemiterio de San Martiño de Meis acolle este sábado un acto centrado no uso do galego nos camposantos. Trátase dun estudo elaborado por Ana Belén Vázquez que, desta volta, céntrase no uso do noso idioma nos distintos cementerios deste municipio. O acto terá lugar ás 7 e media da tarde.

A primeira fase da ampliación do Rosalía do Castro do Grove comezará a finais...

A Xunta licitará no mes de xuño a primeira fase da ampliación do colexio Rosalía de Castro do Grove. O proxecto inclúe a creación dun novo volume para acoller o comedor e un ximnasio. A previsión de Educación é que os traballos comecen xa a final deste ano. A reforma completa deste centro suporá un investimento total por parte do goberno galego de 2,6 millóns de euros.

Ribadumia quenta motores para o Tinto co terceiro concurso de tapas

En Ribadumia xa teñen os fogóns acendidos para a terceira edición do Concurso de Tapas da Festa do Tinto. A cita vai ser na fin de semana do 16 ao 18 de maio. Nesta edición participan sete establecementos, con propostas do máis variado. Todas elas teñen algo en común: o uso do viño tinto como un dos ingredientes imprescindibles das tapas. A clientela que valore todos os petiscos entrará logo nun sorteo de entradas para o xantar do día grande da festa.

Primavera de Portas Abertas pola ponte das Letras Galegas na Ruta do Viño Rías...

Na ponte das Letras Galegas chega unha nova edición da Primavera de Portas Abertas da Ruta do Viño Rías Baixas. Nesta cita van participar 22 adegas do Salnés, con xornadas de portas abertas de balde. A proposta complétase con máis dunha ducia de actividades, co viño mesturándose coa paisaxe, o patrimonio ou a gastronomía.

REDES SOCIAIS

40,719FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete