Cambados, concello ‘extremadamente seguro’ segundo o subdelegado do goberno na provincia

O concello de Cambados prepárase para a Festa do Albariño tamén dende o punto de vista da seguridade. Este venres celebrouse a xunta local de seguridade, na que participou o subdelegado do goberno na provincia e os distintos corpos, para perfilar o dispositivo previsto para unhas datas nas que se agardan na vila unhas 200.000 persoas. No encontro tamén se repasaron outros datos relativos á seguridade na vila. Abel Losada, o subdelegado, apunta que Cambados é un municipio 'extremadamente seguro', destacando que o índice de criminalidade baixou nestes primeiros meses do ano.

O persoal de Valoriza do servizo mancomunado de Cambados, Vilanova e Meis ameaza con...

O persoal de Valoriza, que ese encarga da recollida de lixo para a Mancomunidade do Salnés en Cambados, Vilanova e Meis anuncia protestas na defensa dos seus dereitos laborais. Reclaman un novo convenio no que as melloras que se pacten sexan incorporadas ao prego de condicións do concurso de adxudicación do servizo. Denuncian que nestes momentos teñen uns salarios moi baixos.

‘Produtoras’ en Cambados: 30 proxectos para visibilizar nunha feira o talento das mulleres creadoras

Durante toda esta fin de semana Cambados convértese en punto de encontro de creadoras e emprendedoras, en feminino. O paseo da Calzada acolle ata este domingo unha nova edición da Feira Produtoras. Un total de 30 proxectos danse cita nesta iniciativa, que trae á vila propostas de distintos sectores, como roupa, artesanía ou alimentación. Todos cun nexo común: detrás deles hai mulleres que buscan darlle visibilidade ao seu proxecto a través de propostas como esta.

Gardacostas incorpora Punta Faxilda, a nova patrulleira que actuará nas rías de Arousa, Pontevedra...

O Servizo de Gardacostas conta dende hoxe cunha nova patrulleira. Vilanova de Arousa acolleu o acto de entrega, encabezado polo presidente da Xunta de Galicia. Alfonso Rueda sinalou o compromiso da Xunta con dotar ao servizo dunha frota máis moderna e eficiente. Esta é a sexta que se suma ao equipo dende o ano 2018.

Sanxenxo xa presume das súas 18 bandeiras azuis nas súas praias, coa novidade de...

Como novidade incorpórase á lista de areais o de Pampaído, que por primeira vez contará con este distintivo que outorga a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor. O municipio sitúase un verán máis como referente de toda España, repetindo como o concello con máis insignias. Ademais da súa calidade ambiental, as praias de bandeira azul deben contar con todos os servizos, entre eles, o de socorrismo. En Sanxenxo máis de 80  persoas velarán este verán pola seguridade dos bañistas.

O Salnés empeza a época de maior risco de lumes forestais cun nivel de...

Nivel de risco extremo de lumes forestais na comarca do Salnés. Entramos de cheo na época de maior risco de incendios e dende mañá xoves preocupa especialmente a situación dos municipios de Cambados, Meaño, Ribadumia e Sanxenxo. Foi o que se apuntou na reunión do comité provincial de coordinación policial contra incendios forestais que hoxe se celebrou en Pontevedra. No resto da provincia, o risco está fixado en nivel alto ou moi alto.

Catoira escenifica con retranca o seu malestar polo traslado da ambulancia medicalizada a Sanxenxo

Catoira tira de retranca para denunciar o traslado da ambulancia medicalizada do Hospital do Salnés a Sanxenxo. Unha medida que se fixo efectiva este mércores, co arranque do mes de xullo. Diante do centro de saúde catoirense, levaron a cabo unha escenificación de cómo se senten: desprotexidos ante calquera urxencia e esquecidos polo Sergas. Ameazan con novas protestas ata que a Xunta atenda a súa petición, mantendo a ambulancia no hospital e dotando a Sanxenxo doutra.

Vilagarcía estrea a nova área verde do Ramal de máis de 4.300 metros cadrados

Vilagarcía estrea nova área de lecer. Xa está aberta ao público a nova zona verde da zona do Ramal. Un proxecto que busca reconectar a zona marítima coa cidade a través de zonas axardinadas e de sombra e unha pradeira cunha pequena lagoa. O concello destinou a este proxecto máis de un millón de euros de fondos Next Generation.

Telmo Martín asegura que está a recibir ‘moitas felicitacións’ pola reforma da parte final...

Conta atrás en Sanxenxo para a estrea do renovado treito final do paseo marítimo de Silgar. Aínda que a data inicial para o remate dos traballos era este luns, finalmente a obra non estará rematada ata este venres. A actuación supuxo un reforzo da seguridade na balaustrada de pedra, material que agora se combina con barrotes de aceiro inoxidable. Creouse tamén unha nova escalinata na parte final do paseo e habilitáronse novas zonas axardinadas. Ao mesmo tempo, estendeuse a plataforma única nun novo treito de Silgar. O alcalde asegura que está a recibir moitas felicitacións por esta intervención por parte da veciñanza.

A esencia da Festa do Tinto Rías Baixas das Neves achégase ao Salnés

O evento celebrarase nas Neves, pero a Denominación de Orixe apostou este ano por traer a súa esencia ata O Carril. Alí presentouse este luns a programación da que será xa a vixésima edición, que se vai celebrar do 4 ao 12 de xullo. O tinto representa na DO unha parte moi pequena da produción, arredor do 0,5% da uva. Con todo, a festa supón un importante reclamo para a subzona do Condado do Tea, con catas ou conferencia arredor dos viños, pero tamén con outras propostas paralelas, como unha andaina ou actuacións musicais.

REDES SOCIAIS

40,690FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete