Arosa propón suprimir o rexistro de matrículas de clientes do novo plan de tráfico...

O concello da Illa estuda suprimir do seu novo plan de tráfico do centro urbano o rexistro de matrículas dos clientes do comercio local. Era unha das principais queixas dos negocios, que consideraban engorroso ter que facer un listado coas matrículas dos clientes non residentes e pasarlle despois eses datos á Policía Local. O alcalde avanza que se están a valorar medidas alternativas, como habilitar unha bolsa de estacionamento dentro da zona restrinxida para aqueles que fagan as súas compras no comercio insular.

Feijóo pide dende unha adega de Rías Baixas un ‘alivio fiscal’ para as empresas...

Alberto Núñez Feijóo traslada o seu apoio ao sector do viño de Rías Baixas. O presidente do PP visitou a adega Paco&Lola en Meaño. Alí, cualificou de 'inmenso erro' a política arancelaria de Trump e defendeu un 'alivio fiscal' para as adegas que se poidan ver afectadas se finalmente o presidente dos Estados Unidos cumpre coas súas ameazas.

Alumando cambadés e vilagarcián participa nunha nova edición da mostra Saudarte

Xa se pode visitar en Cambados a mostra Saudarte. Alumando cambadés e vilagarcián participa nesta iniciativa de Fundación Galega contra o Narcotráfico. Unha actividade que busca fomentar a creatividade entre a rapazada a través da arte. Un xeito de promover os hábitos saudables e previr a drogodependencia entre os máis novos.

Vaga de roubos no Grove: as cámaras captan un dos ladróns dentro dun dos...

Preocupación no Grove pola vaga de roubos que están a sufrir na vila. Varios negocios de hostalaría e vivendas sufriron nos últimos días a visita dos ladróns. Mesmo algunha persoa pola rúa sufriu algún ataque. Os comerciantes reclaman máis vixilancia policial, en especial pola noite. O concello acaba de activar o que denominou Plan de Acción Inmediato, coa convocatoria da Xunta Local de Seguridade e a petición de reforzos da Garda Civil.

Cantos da Terra amenizará a gala anual da Fundación Galega contra o Narcortráfico

A Fundación Galega contra o Narcortráfico organiza a semana que vén a súa gala anual. Será o mércores 30 no auditorio de Vilagarcía. O acto inclúe a entrega dos Premios Nécora de Ouro a persoas e entidades que loitan contra as drogas e a actuación do grupo tradicional Cantos da Terra. A entrada é libre e de balde.

Fronte común contra Altri dos alcaldes e voceiros socialistas das comarcas do Salnés e...

Fronte a Illa de Cortegada, no fondo da ría de Arousa, os alcaldes e voceiros do PSOE das comarcas do Salnés e Caldas dixeron 'non a Altri'. Todos eles asinaron hoxe un manifesto en contra da instalación da celulosa en Palas.

Festas de San Gregorio ao grande na parroquia meisina de Paradela

Paradela, no concello de Meis, ten todo a punto para as festas de San Gregorio. Os festexos arrancan este xoves. O domingo é o día grande, coa degustación do Bolo de Pascua. Unha elaboración duns once metros cadrados adornada cuns 6.000 ovos enriba. O programa complétase con actos relixiosos, distintas propostas gastronómicas e verbenas.

Zona Aberta sortea unha fin de semana para dúas persoas polo Día da Nai

Xa está en marcha a campaña do Día da Nai en Zona Aberta de Vilagarcía. Os comerciantes e hostaleiros da cidade sortean unha fin de semana para dúas persoas entre a súa clientela.

O Clasclás despedirase este ano cunha gran gala lírica

A música clásica volverá ser a protagonista en Vilagarcía. Do 21 ao 28 de xuño a vila acolle unha nova edición do Festival Internacional de Música Clásica, o coñecido como ClasClás. Este ano como novidade a cita inclúe un programa con formacións sinfónicas. Ademais, a cita española terá un especial protagonismo nas propostas deste ano.

O tempo acompañou nunha Romaría das Cabezas na que tamén estivo presente o falecemento...

O tempo acompañou neste Luns de Pascua para celebrar a Romaría das Cabezas. Centos de persoas subiron hoxe ata A Armenteira, no Concello de Meis, para ofrecerse á virxe ou, polo menos, gozar dunha xornada festiva, co polbo como outro dos grandes protagonistas. Algúns cumpriron coa tradición de subir camiñando a unha cita que supón para moitos o inicio da temporada festeira na comarca.

REDES SOCIAIS

40,719FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete