A chuvia desloce a Semana Santa de Paradela
Semana Santa pasada por auga en Paradela, no Concello de Meis. A chuvia obrigou a cancelar as dúas representacións do Venres Santo. Si que se puido celebrar a Última Cea o Xoves Santo e tamén a escenificación do Domingo de Resurrección. Entre os veciños que lle dan vida a estas escenas queda un sabor agridoce, agardando que o ano que vén o tempo si acompañe.
A Mancomunidade cifra en case 500 millóns o impacto economómico do turismo no Salnés
O Salnés recibiu 1,7 millóns de turistas o ano pasado. Con respecto a 2023, o número de turistas que pernoctaron na comarca medrou máis dun 8%, coa parte positiva de que estiveron máis repartidos ao longo de todo o ano. Segundo os cálculos do organismo comarcal, este desembarco supuxo un impacto económico na zona de case 500 millóns de euros.
O sector turístico do Salnés, cun ollo posto no ceo nesta ponte da Semana...
Semana Santa pasada por auga nas Rías Baixas. O sector turístico mira con preocupación o ceo ante as posibles cancelacións. En Sanxenxo agardaban superar unha ocupación 70%, algo pouco probable tendo en conta que na Semana Santa as reservas de última hora son fundamentais. Neste concello, 7 de cada 10 establecementos aproveitan esta ponte para arrancar a temporada.
A Iniciativa Cidadá pola Memoria Democrática reclama unha rúa máis céntrica para o xuíz...
O colectivo a prol da memoria histórica de Vilagarcía, O Faiado da Memoria, reclama ao concello que rectifique dous puntos da súa proposta para mudar o rueiro da vila. En concreto, demandan para o xuíz Luis Pando unha rúa ou equipamento de maior entidade que a que se plantexa actualmente, a rúa de Carril que leva o nome do Xeneral Yagüe. Tampouco convence a decisión de bautizar co nome de Carmen Meaños, filla dun asasinado durante o golpe do 36, o traxecto entre Cervantes e o cemiterio de Carril. Máis aló dos cambios no rureiro esixen ao goberno local que repase o arquivo do concello para eliminar calquera honra concedida a cargos do Franquismo.
Colectivos carrilexos din estar indignados pola visita dos conselleiros a Cortegada sen veciñanza
A veciñanza de Carril está moi indignada porque na inauguración da capela de Cortegada non se contou con eles. Os colectivos da zona amosan o seu malestar coa Xunta por non telos convidados a un acto ao que asistiron os conselleiros de Cultura e Medio Ambiente. Na asociación veciñal falan dunha 'falta de respecto a Carril', máis aínda tendo en conta a histórica loita social para recuperar a illa para o pobo.
Telmo Martín defende que a reforma do miradoiro da Peixeira converte a zona nun...
Sanxenxo ultima o reacondicionamento do miradoiro da Peixeira e o acceso ao Campo de San Roque, en Portonovo. Trátase dun proxecto que permitiu crear máis espazo para os peóns ao tempo que se recupera o borde costeiro. Unha actuación que rolda o millón de euros, do que a Deputación achega o 80% e o Concello, o 20%. Esta fin de semana visitaron a zona o presidente provincial e o alcalde.
A preocupación e a prudencia marcan a actitude do sector do viño ante os...
A decisión do presidente estadounidense Donald Trump de impoñer aranceis ás importacións afecta de cheo ao sector vitivinícola. Así as cousas, dende as principais cooperativas da Denominación de Orixe Rías Baixas analizan a situación con prudencia. Confían en que o bo posicionamento dos seus viños axude a capear o temporal, sobre todo nestes momentos de maior incerteza. Polo de momento, non saben como lles van a afectar estes novos aranceis xa que pecharon boa parte das vendas a Estados Unidos antes do conflito.
BNG e PSdeG reclaman á Xunta medidas de apoio ao sector do viño fronte...
BNG e Partido Socialista reclaman á Xunta que tome medidas de apoio ao sector vitivinícola fronte á guerra comercial aberta por Estados Unidos. Esta mañá, tanto Ana Pontón como Xosé Ramón Gómez Besteiro deixáronse ver pola comarca do Salnés. A voceira nacionalista mantivo un encontro cos representantes das cooperativas da zona para coñecer de primeira man a súa situación. O líder socialista, pola súa banda, visitou as instalacións da cooperativa cambadesa Martín Códax.
O Piñeiriño, o barrio máis compostador de Vilagarcía
O concello de Vilagarcía acaba de ampliar unha das dúas illas de compostaxe no barrio do Piñeiriño ante a alta implicación da veciñanza. Ademais, esta fin de semana, coincidindo co Solifest, a Asociación Breogán promoverá entre o público que depositen os refugallos orgánicos que se xeren no festival nestes colectores.
O mellor do fotoxornalismo galego, en Vilagarcía ata o 25 de maio
Xa se pode visitar na Sala Rivas Briones de Vilagarcía 'A Galicia inédita'. A mostra, impulsada pola Asociación de Xornalistas de Galicia, foi inaugurada este mediodía. A exposición recolle unha escolma de máis de 70 imaxes captadas por fotoxornalistas da prensa galega, entre eles, varios da zona de Arousa e Pontevedra.

















