Meaño quere recuperar o esplendor da Romaría de San Bieito ‘O Negro’

En Meaño están decididos a que a romaría de San Bieito de Palermo de Cobas, máis coñecido como 'O Negro', volva gozar do esplendor que tiña no pasado. Un grupo de veciños quere recuperar esta festividade relixiosa, na que antes participaban milleiros de romeiros. A cita vai ser o Martes de Pascua, o vindeiro día 22, con programación relixiosa e festiva durante toda a xornada. A veciñanza fai un chamamento a participar no San Bieito 'O Negro' como un xeito de manter vivas as nosas tradicións e identidade.

Aviso nos viñedos do Salnés pola propagación de esporas de mildio

Os viticultores da denominación de orixe Rías Baixas están estes días moi pendentes do mildio, pola propagación de esperos que poden afectar ás vides. Os expertos recomendan incrementar a vixilancia nos viñedos. Máis aínda, tendo en conta que as chuvias previstas para a fin de semana poderían favoreceron a súa propagación.

A parroquia vilanovesa de András renderá homenaxe á muller labrega o vindeiro 1 de...

O día 1 de maio na parroquia vilanovesa de András será sinónimo de festa. Celebrarase unha nova edición da súa Festa da Muller Labrega, unha multitudinaria cita que terá como epicentro o campo da festa. Haberá misa, xantar de confraternidade, música e sorteos. Tamén se entregará un agasallo á veciña de máis idade da parroquia.

As obras do novo centro de saúde de Vilagarcía estarán rematadas en 24 meses...

Comezan as obras do novo centro de saúde de Vilagarcía. O ambulatorio contará con dous andares e máis de 50 consultas. Cun investimento de máis de 19 millóns de euros, a previsión é que estea rematado dentro de dous anos ou incluso antes. Esta mañá, coincidindo co arranque dos traballos, visitou a parcela da antiga Comandancia o presidente da Xunta, canda os conselleiros de Sanidade e Infraestruturas e o alcalde de Vilagarcía.

BATA reivindica no Día do Autismo máis visibilidade e inclusión para as persoas con...

Hoxe conmemórase o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo. Aproveitamos esta xornada para visitar as novas instalacións de Bata en Cambados. Trátase dun baixo de titularidade municipal cedido á entidade, onde xa desenvolve o seu traballo. Na vila, como noutros puntos da nosa contorna, aproveitouse esta xornada para ler manifestos a prol da visibilidade deste trastorno e a inclusión das persoas que o padecen.

Clientes despistados e vendedores descontentos: os ambulantes volven á praza do Castro de Vilagarcía

Primeira xornada cos postos do mercado ambulante de Vilagarcía na praza do Castro. Os vendedores volveron a esta antiga localización tras a súa retirada da rúa Arcebispo Lago. Hoxe, moitos ambulantes lamentaban ter que deixar esa rúa peonil e volver ao Castro. Aseguran sentirse illados do resto do mercado. Quéixanse tamén de que este cambio de zona pillou a moitos clientes por sorpresa, polo que critican ao goberno local por non terlle dado máis publicidade.

800.000 euros para a rehabilitación do Pazo Torrado de Cambados

A Deputación de Pontevedra investirá 800.000 euros na rehabilitación integral do Pazo Torrado de Cambados. O goberno provincial achegará 600.000 euros a través do Plan Extra Provincia Extraordinaria. Os outros 200.000 proveñen do Plan +Provincia. Esta mañá visitaron pazo Torrado os deputados provinciais Marcos Guisasala e Javier Tourís, xunto co alcalde e o concelleiro de cultura.

O Centro Comercial Arousa volve apostar pola cultura coa primeira mostra en Galicia do...

Coñecemos o proxecto artístico de Baldot, un exboxeador colombiano que hai tempo decidiu cambiar as súas luvas para pelexar por pinceis. O artista ten exposto xa en medio mundo e, por primeira vez, visita Galicia cunha exposición que se pode visitar no espazo cultural do Centro Comercial Arousa. A mostra está protagonizada por ducias de polos de cores vivas e trazos rápidos. Vaise inaugurar este mércores.

Éxito de público e vendas no ‘Mercar na rúa’ de Zona Aberta de Vilagarcía

O comercio vilagarcián botouse á rúa esta fin de semana. Máis dunha trintena de establecementos de Zona Aberto levaron os seus mellores produtos á praza de Galicia grazas á iniciativa 'Mercar na rúa'. Aproveitando o bo tempo, centos de persoas achegáronse por alí, nunha proposta que permite a todo tipo de establecementos achegarse un pouco máis á súa clientela e darse a coñecer.

Rueda detalla no Grove as vantaxes do Carné +65 da Xunta

Descontos en case un milleiro de establecementos comerciais de toda Galicia e un acceso máis doado a servizos culturais, de ocio ou turísticos. Son algunhas das vantaxes do Carné +65 da Xunta. A Atlántida, no Grove, foi o escenario elixido polo goberno galego para a posta de longo desta prestacións, da que xa se poden beneficiar máis de 600.000 persoas en toda Galicia.

REDES SOCIAIS

40,719FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete