500 deportistas danse cita este sábado en Vilaxoán na XVII Bandeira de Bateis ‘Porto...
Vilaxoán acolle este sábado a XVII edición da bandeira de bateis 'Porto de Vilagarcía'. Un cento de embarcacións e máis de 500 deportistas daranse cita este ano na proba, presentada esta mañá na Autoridade Portuaria vilagarciá. A competición vaise dividir en 12 categorías, dende alevín ata absoluto feminino e masculino.
A Gala Meisinas e Meisinos do Ano incluirá unha homenaxe póstuma a Paco Outeda,...
Meis recoñecerá nove persoas ou entidades na quinta edición da Gala Meisinas e Meisinos do ano. Entre eles, o bailarín de Paradela Rafael Martínez, varios deportistas, a adega Terras de Asorei ou a Asociación Cultural A Vertula, que celebra o seu 50 aniversario. Precisamente a Banda da Vertula será a encargada de animar a velada. Un evento que se vai celebrar o vindeiro 5 de abril.
Situación límite nunha unitaria de Moraña: precisan dous nenos antes do xoves ou terá...
A unitaria de Lamas, no concello de Moraña, busca rapazada para evitar o peche. A escola infantil precisa que se matriculen dous nenos para o próximo curso antes deste xoves. Se non o conseguen, a Xunta pechará o centro. A mestra fai un chamamento ás familias a que aposten polo modelo educativo que se ofrece neste tipo de escolas, moito máis próximo e apegado á contorna.
Galaxia conmemora o seu 75 aniversario co libro ‘As poetas da colección Salnés’
Cinco autoras danse cita no libro 'As poetas da colección Salnés'. Trátase dunha publicación impulsada por Galaxia, coa que se conmemora o 75 anivesario da editorial. Un poemario que serve tamén de homenaxe á célebre Colección Salnés creada en 1961 de poesía en lingua galega. Neste novo libro, presentado esta mañá en Carril, inclúense textos de autoras como Xohana Torres, María do Carme Kruckenberg ou Pura Vázquez.
O rearme de Europa comeza en Valga: Urovesa prevé un incremento da demanda dun...
Urovesa ten sobre a mesa un aumento de persoal e investimentos nas súas instalacións de Valga ante o incremento da demanda. Aseguran dende a compañía que prevén aumentar a produción nun 50% 'de aquí a dous anos' polo rearme da Unión Europea e o incremento das solicitudes que está a recibir a nivel internacional. Esta mañá, en pleno debate sobre o incremento do gasto en defensa, recibiron a visita do delegado do goberno en Galicia.
Meaño faise cun novo camión do lixo e implementará o colector marrón a partir...
Meaño estrea novo camión do lixo. Trátase dunha nova máquina compactadora con dous compartimentos, o que permitirá facer a recollida do colector verde e do marrón a un tempo. Foi adquirido por máis de 330.000 euros, grazas a unha subvención da Deputación de Pontevedra. No marco desa mesma achega o concello tamén adquiriu uns 140 contedores marróns que se van comezar a repartir entre os establecementos hostaleiros a partir de Semana Santa.
Un cento de empresas do sector mar-industria contarán cunha guía para detectar casos de...
Un centenar de empresas do sector mar- industria da comarca do Salnés únense á Xunta de Galicia para implementar nas súas compañías unha guía para a detección de vítimas de violencia machista na contorna laboral. Xuntas suman case 15.000 traballadores, a maioría mulleres. O documento ofrece pautas para identificar posibles vítimas e información sobre os recursos que lles achegan as administracións.
As principais innovacións do sector vitivinícola de Galicia danse a coñecer en Ribadumia
A Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía celebrou o quinto Foro de Innovación Produtiva do Sector Agrario. Un encontro no que se abordaron avances en tratamentos fitosanitarios ou na mellora da produtividade. Tamén, avances en canto a adaptación do sector ao cambio climático, como novos sistemas para atender as necesidades hídricas.
O Círculo Deportivo impulsa unhas xornadas de convivencia para os migrantes que acolle ...
Sanxenxo segue dando pasos a prol da inclusión dos migrantes que dende setembro residen no municipio. Desta volta é o Circulo Cultural Deportivo o que impulsa unhas xornadas de convivencia arredor do tenis e o pádel. Unha trintena destes mozos refuxiados entrarán en contacto con estes deportes nunha proposta que busca transmitirlles hábitos arredor da saúde e o benestar. Os participantes, que nunca xogaron a estes deportes, formaranse durante catro xornadas.
O TSXG desestima o recurso da Mancomunidade contra o xeodestino Mar de Santiago
Gonzalo Durán gana a batalla contra a anterior administración socialista da Mancomunidade pola saída de Vilanova do xeodestino do Salnés e a súa inclusión en Mar de Santiago. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia falla en contra do organismo comarcal, que recorrera o mapa de xeodestinos aprobado pola Xunta. Foi o alcalde vilanovés o que deu a coñecer hoxe a sentenza, cargando contra a esquerda e a expresidenta da Mancomunidade. Pídelle á Marta Giráldez que pide desculpas.

















