Vilagarcía propón mover os postos do mercado ambulante de Arcebispo Lago ao Castro e...
Vilagarcía estuda un traslado temporal dos postos do mercado ambulante de Arcebispo Lago á zona da praza do Castro e ao interior da Peixería. Trataríase dunha reestruturación que viría motivada pola reforma de Conde Vallellano e polas obras do tanque de tormentas detrás da Praza de Abastos. A idea do goberno local é, unha vez rematados estes traballos, recolocar os postos arredor do Mercado. O asunto tratouse na Mesa Local do Comercio, que volverá reunirse dentro de dúas semanas.
Transforman un antigo motel da Goulla nunha residencia privada con capacidade para 60 maiores
Meis estrea residencia de maiores. As novas instalacións, están xa a pleno rendemento. Está situada na Goulla nun antigo motel reformado e adaptado para as novas necesidades. O centro privado conta con capacidade para case 60 usuarios. De momento está ocupada por sete, á espera de que se vaian incorporando paseniñamente máis. A alcaldesa, que visitou hoxe as instalacións, aproveitou para reivindicar para a comarca unha residencia pública.
O alumnado do obradoiro de almacén do Salnés aprende en vivo a realidade do...
O alumnado do curso de almacenaxe do obradoiro de emprego da Mancomunidade do Salnés visitou esta mañá a empresa REYVI, asentada en Meis. Alí coñeceron de primeira man como é o funcionamento dun centro loxísitico e de distribución. Un total de 15 alumnos e alumnas están a participar nesta acción formativa do organismo comarcal, que está chegando xa á súa recta final logo de 80 horas de formación.
Baixan os tempos de agarda para operarse pero non para unha consulta na área...
Balance positivo da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés respecto das listas de agarda nos tres hospitais. O xerente destacou hoxe que no 2024 se conseguiu unha redución nos tempos de espera en intervencións cirúrxicas, que se sitúan en 62 días. Tamén diminuíron nas probas diagnósticas. En canto ás consultas, mantivéronse estables, en algo máis de 58 días.
O albergue de Carril recibirá peregrinos a partir deste verán
A Xunta e o Concello de Vilagarcía asinan o convenio que desbloquea o albergue de peregrinos de Carril. O acordo tradúcese na cesión do uso do edificio por 30 anos ao goberno galego, que se vai encargar de xestionalo. O inmoble pasa a formar parte da Rede de Albergues do Camiño de Santiago. A intención é que o recinto comece a recibir peregrinos este verán.
Vilagarcía terá que aportar seis millóns de euros para a ampliación da depuradora
O concello de Vilagarcía terá que aportar seis millóns de euros para a ampliación da súa depuradora, orzamentada xa en 31 millóns. A Xunta di agora que esta actuación terá que ser cofinanciada por parte das dúas administracións. O alcalde da cidade asegura que non se vai perder a oportunidade de levar a cabo esa ampliación e que buscarán as vías para conseguir eses cartos.
O Hospital do Salnés reacredítase como referete na humanización da atención ao nacemento e...
O Hospital do Salnés reacredítase como centro sanitario de referencia na humanización da atención ao nacemento.Trátase dun distintivo que outorga a OMS e Unicef a aqueles centros que apostan polos partos naturais e respectuosos. O Hospital do Salnés conta con este distintivo desde o ano 2005.
Rueda anuncia en Vilagarcía que a Xunta triplicará os fondos para a adopción de...
A Xunta triplicará este ano os fondos para para o coidado e adopción de animais abandonados. Nunha visita á protectora de animais de Vilagarcía o presidente galego apuntou que as axudas a concellos, protectoras e particulares acadará este ano os 1,4 millóns de euros. Alfonso Rueda salientou, ademais, que por segundo ano consecutivo o executivo galego ofrece achegas de ata 150 euros a aqueles particulares que decidan adoptar un animal abandonado.
O Momo de Vilanova, cun ollo posto no ceo
Ata o último momento Vilanova tentará celebrar por todo o alto o Momo de 2025. As malas previsións meteorolóxicas poderían obrigar a aprazalo, pero na organización confían en que ao final o tempo acabe acompañando. Ata o venres non tomarán a decisión.
Unha ducia de espantallos compiten en Dena por converterse no rei do entroido de...
Naceu de xeito espontáneo hai catro anos e agora queren que se converta en toda unha tradición. Son os Espantallos de Entroido de Meaño, unha iniciativa que impulsa a Asociación de Veciños Santa Lucía. Doce propostas do máis variado compiten este ano por facerse con algún dos premios, que se van desvelar nun acto en Dena este vindeiro domingo. Os seus credores botaron man de maña, pero sobre todo de moita retranca e moito humor.


















