Vilagarcía opta a facerse con máis de 6,4 millóns de euros de fondos europeos
O concello de Vilagarcía vai presentar un conxunto de cinco proxectos ao Plan de Acción Integrado da Unión Europea. Entre eles, salienta a reforma do baixo dos Duráns para traslarar alí os servizos sociais, a ampliación da piscina e a remodelación das rúas Veiga do Mar e Aduana. Tamén inclúe outro plan para a electrificación e expansión por todo o rural do municipio do serivizo VaiBike.
Recollen 10 toneladas de lixo na costa da Illa de Arousa
A Illa de Arousa segue visibilizando o grave problema do lixo no mar. A través do proxecto Planctom, unhas 40 mariscadoras do municipio e o alumnado do IGAFA participaron nunha limpeza de refugallos en areais insulares. Recolleron aparellos, rodas de vehículos, restos de embarcacións e, sobre todo, plásticos. Calculan que retiraron unhas 10 toneladas de lixo. Un problema que afecta ao medio ambiente, pero tamén ao marisco, que se alimenta tamén de microplásticos.
A Mancomunidade forma aos futuros caixeiros e repoñedores dos supermercados do Salnés
24 desempregados formáronse nas últimas semanas nun obradoiro de caixeiros e repoñedores impulsado pola Mancomunidade do Salnés. Trátse dunha acción formativa que forma parte do plan integrado de emprego do organismo comarcal. O curso, que acada a súa sexta edición, foi clausurado hoxe en Ribadumia.
A nova base contra os incendios forestais de Valga estará operativa ao longo de...
Valga contará cunha nova base de unidades operativas da loita contra o lume. Trátase dun servizo que busca favorecer a conciliación entre traballo e descanso do persoal que traballa na prevención e extinción dos incendios.
Os traballos para a súa construción vanse iniciar no segundo semestre do ano, cun orzamento de preto de medio millón de euros.
A andaina do 8M que impulsa o concello de Meis recadará fondos para a...
Hoxe abreu o prazo de inscrición para a cuarta andaina do 8M que organiza o Concello de Meis. A iniciativa celebrarase o 16 de marzo. Percorrerá un treito da Ruta das Salcedas e inclúe unha visita ao taller do escultor Lucas Míguez. Hai un máximo de 250 prazas, cunha aportación solidaria de 5 euros a favor de ACADAR, a Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia.
Empresas do sector mar-industria do Salnés reciben formación para loitar contra a violencia machista
Unha vintena de empresas do sector mar-industria do Salnés participaron hoxe na presentación dunha guía para a detección de vítimas de violencia machista no ámbito laboral. Trátase dun manual elaborado pola Xunta co que se busca identificar de xeito precoz posibles casos de malos tratos. Unha ferramenta, din, para poder actuar canto antes tamén dende o ámbito do traballo.
Chamamento para que as familias matriculen á rapazada na unitaria de Aios
A unitaria de Aios busca máis rapazada. A escola, situada no rural de Sanxenxo, conta con 13 pequenos. Cinco deles van marchar ao rematar este curso, polo que no centro fan un chamamento ás familias da zona para que matriculen aquí aos seus fillos e fillas.
Máis de 100.000 euros para a posta a punto do campo de Campo de...
O Campo de Fútbol José Betanzos Doval, no concello de Meis, será obxecto de distintas obras de mellora. Na instalación vaise levar a cabo unha remodelación dos vestiarios e unha posta a punto das gradas. Este conxunto de melloras ten un orzamento de 104.000 euros. Vaise executar con cargo ao Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da Deputación de Pontevedra.
Meaño reforza a seguridade do polígono da Pedreira con nova iluminación
Meaño estrea a iluminación no Polígono da Pedreira. A actuación beneficia a un treito de rúa duns 400 metros que ata o momento carecía de alumeado. A dotación deste servizo contou cunha achega da Xunta, grazas a un programa da Consellería de Industria. O goberno galego achegou o 80% do investimento que aquí se fixo, que ascendeu en total a 48.000 euros.
O Intecmar converterase nunha axencia pública autonómica
O Intecmar traballa na súa transformación en axencia pública autonómica. O Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia, con base en Vilaxoán, calcula que o cambio administrativo podería estar completado a finais deste ano. Esta mañá visitou ese centro o conselleiro do Mar, logo de acompañar aos técnicos a unha recollida de mostraxes na ría de Arousa.

















