Anónimas Viticultoras conquista a Barcelona Wine Week coa súa aposta por visibilizar a muller...
O proxecto de Anónimas Viticultoras, asentado no Salnés, premiado na Barcelona Wine Week. A iniciativa impulsada por Cristina Yagüe e María Falcón recibiu o recoñecemento de mellor novo proxecto nun dos salóns do viño máis importantes de España. Ademais de recoñecer a visibilización da muller no sector, o premio pon en valor tamén o traballo que están a facer na recuperación de variedades autóctonas.
A enquisa da Illa sobre vivenda confirma o alto interese da mocidade en mercar...
Case 250 persoas participaron xa na enquisa que ten en marcha A Illa de Arousa para coñercer as necesidades de vivenda no municipio. A sondaxe continúa aberta, pero xa ofrece datos que veñen confirmar que no concello hai un problema co prezo da vivenda e un motivo de expulsión da xente nova cara a outros municipios. De feito, de media, a xente que participa na enquisa rolda os 35 anos. O 80% dos que marcharon da Arousa estarían da Arousa estarían dispostos a volver se conseguisen unha casa a un prezo razoable.
O Día dos Namorados vivirase en Cambados con música
Cambados vai celebrar o Día de San Valentín con música. Zona Centro, en colaboración co concello, organiza para os días 14 e 15 deste mes concertos na praza de Asorei. O propio día dos Namorados, o 14, actuará Take It Easy. Ao día seguinte, será a quenda da Dani Barreiro.
‘Vendima’ e Treixadura no Ramón Cabanillas de Cambados
Xornada de divulgación da viticultura entre a rapazada cambadesa. O alumnado do Ramón Cabanillas elaborou un documental sobre o sector do viño no Salnés. Presentaron a peza nun acto ao que convidaron tamén a membros de Treixadura. Dúas rapazas do centro encargáronse despois de entrevistalos para coñecer un chisco máis da traxectoria deste emblemático grupo.
Unha unidade móbil da Policía permitirá renovar o DNI ou pasaporte en Cambados
A veciñanza de Cambados poderá obter ou renovar o seu DNI ou pasaporte sen saír da vila. A Policía Nacional ofrecerá no municipio un servizo para facer todo tipo de trámites relacionados con esta documentación. Trátase dunha prestación que se ofrece naqueles concellos onde non hai comisaría. A partir de marzo a unidade móbil desprazarase a Cambados de forma periódica en función da demanda.
Un photocall e o sorteo dunha cea romántica, propostas de Zona Aberta para este...
Zona Aberta pon en marcha a súa campaña de San Valentín. O colectivo de comerciantes e hostaleiros de Vilgarcía sorteará polo Día dos Namorados unha cea para dúas persoas. Ademais, en colaboración co Concello de Vilagarcía, vaise instalar un photocall cun gran corazón para que a xente poida sacar fotos.
Comezan as obras para converter o colexio do Cruceiro nun centro cívico e sede...
Comezan as obras de transformación do antigo colexio do Cruceiro, en Sanxenxo, nun espazo lúdico. Ademais, as instalacións tamén acollerán a parte práctica do ciclo de FP de Hostalaría e Restauración que se imparte no instituto de Vilalonga. O proxecto ten un orzamento de case tres millóns de euros, dos que case dous proveñen de fondos europeos. A reforma estará rematada dentro dun ano.
Meis celebrará o seu gran desfile de Entroido o 1 de marzo
¡O concello de Meis ten xa todo listo para os festexos deste ano, co gran desfile como prato principal da programación. Como todos os anos premiaranse os mellores disfraces nas diferentes categorías: induviduais, parellas e grupos.
O alcalde de Caldas marca como retos ampliar os polígonos e máis mantemento e...
Jacobo Pérez marca obxectivos á fronte do concello de Caldas. O novo alcalde fai balance da súa xestión á fronte do goberno local un mes despois da súa toma de posesión. Asegura que está indo porta a porta para escoitar á veciñanza. Marca como retos a ampliación dos polígonos industriais, mellorar o mantemento na vila e nas parroquias e atender as necesidades básicas do rural.
Rueda encabeza o tradicional xantar do empresariado de Valga polo día de San Brais
O empresariado de Valga celebrou o seu tradicional xantar de traballo polo día de San Brais. Ao acto asistiu o presidente da Xunta, acompañado pola Conselleira do Medio Rural e o alcalde do municipio. Alfonso Rueda salientou a capacidade que ten Galicia de ter empresas competitivas ao longo de todo o territorio, poñendo como exemplo o caso do concello de Valga.

















