A esquerda cambadesa, en ‘período de reflexión’ sobre a continuidade de Abal no goberno...

Crise no cuadripartito de Cambados. PSOE, Somos e BNG abriron un período de reflexión para valorar a continuidade de Cambados Pode no executivo. O alcalde non descarta o cese de José Ramón Abal, logo de que no último pleno votase co PP contra a modificación da RPT. O líder de Pode deulle plantón logo ao resto dos grupos de goberno nunha reunión convocada para pedirlle explicación e tampouco asistiu á última xunta de goberno.

Traballadores de Correos reclaman máis persoal para as oficinas da provincia de Pontevedra

Xornada de mobilizacións dos traballadores de Correos na porvincia de Pontevedra. Convocados por CCOO, demandan máis persoal para as oficinas de atención ao público. Unha situación, din, que se repite en toda España. Na nosa contorna falan de puntos críticos como a oficina de Vilagarcía, onde debería haber seis traballadores pero só hai tres. Falan dun tempo de espera mínimo para os usuarios de media hora, así como retrasos no reparto de paquetería e correspondencia. Avanzan que logo do verán se mobilizarán por toda a provincia esixindo solucións.

O enoturismo e a simbiose do sector coa contorna centran o XIV Foro do...

A simbiose coa contorna e o enoturismo centraron o XIV Foro Económico e Social do Albariño organizado pola adega meisina Terra de Asorei. Estes días pasaron por este encontro expertos de distintos sectores para analizar o papel do viño como axente dinamizador do territorio, así como do enoturismo como unha ferramenta para reforzar a competitividade. Un espazo de reflexión sobre o futuro do sector marcado tamén pola incerteza comercial e os desafíos nos mercados internacionais.

O Salnés presume do seu primeiro aceite de oliva

Os aceites do país foron os grandes protagonistas este venres en Sanxenxo. O Obradoiro de Hostalería da Mancomunidade acolleu a quinta cata degustación de aceites de oliva virxe extra elaborados en Galicia. Unha xornada que serviu tamén para a posta de longo de Saraiba, o primeiro aceite elaborado na comarca do Salnés.

Novidades no San Bieito de Meis: nova festa da xuventude e o adianto da...

Conta atrás para as festas de San Bieito en Meis. A fin de semana grande será a do 11 e 12 de xullo, coa XXXIV Festa dos Callos. Pero a programación arranca xa este mesmo sábado, co sexto torneo de fútbol interparroquial e a primeira Festa da Xuventude do municipio. Ademais, o 4 de xullo terá lugar a Feira Labrega, na que se agarda a participación de case 40 postos.

Noite de San Xoán marcada polas altas temperaturas e o risco de incendios

En todos os concellos da nosa contorna arderán esta medianoite milleiros de fogueiras. Ante as temperaturas tan elevadas que estamos a sufrir e o risco de incendios, as autoridades fan un chamamento a extremar as precaucións. Dende a Xunta piden tamén gozar da noite dun xeito sostible e respectuoso coa contorna, recollendo e reciclando os refugallos que se xeren. A conselleira de Medio Ambiente fixo este martes un chamamento á responsabilidade da cidadanía dende Sanxenxo. Neste municipio autorizáronse máis de 200 fogueiras.

As ‘Sonatas de verán’ traerán a Vilanova a Montserrat Martí Caballé, Treixadura e Luar...

Vilanova ten por diante un intenso verán de actividade cultural e lúdica. O concello desvelou este martes a programación das súas 'Sonatas de verán'. Destaca a actuación da soprano Montserrat Martí Caballé, a segunda edición do Bivalvos Fest ou unha intensa axenda para a 32º edición da Festa do Mexillón e o Berberecho. Por Vilanova tamén pasarán nas vindeiras semanas Treixadura, Luar na Lubre e grandes orquestras.

Ribadumia, referente na defensa dos dereitos das persoas LGBTIQ+ coa Ruada das Gotas

Ribadumia volveu marchar de ruada para darlle visibilidade ao colectivo LGBTIQ+ tamén no rural. A asociación Gotas organizou un ano máis un completo programa de actividades para reivindicar a diversidade afectiva, sexual e de xénero. Durante toda a fin de semana o municipio acolleu a Ruada das Gotas.

‘Xoves abertos’ da man de Zona Aberta para gozar de solpores musicias en Vilagarcía

Os Xoves abertos encherán de música Vilagarcía. O colectivo de comerciantes e hostaleiros Zona Aberta impulsa este ciclo de actuacións en varios puntos da cidade. O obxectivo é dinamizar as rúas do municipio con actuacións ao solpor. Ademais, en cada un dos cinco xoves que vai durar o programa haberá un sorteo dun pack de experiencias entre todos os tickets de compra.

A Xunta reclama ao ministerio que o mildeu se inclúa nas enfermidades subvencionables polos...

A Consellería do Medio Rural solicita ao Ministerio de Agricultura que inclúa o mildeu nas enfermidades subvencionables polos seguros agrarios. Anunciouno a conselleira nun viñedo de Ribadumia, estragado hai uns meses por unha treboada. María José Gómez destacou a importancia de que os viticultores protexan as súas producións das inclemencias meteorolóxicas. O goberno galego acaba de ampliar as axudas a estes seguros, acadando os 11 millóns de euros, para fomentar a contratación de pólizas agrarias.

REDES SOCIAIS

40,690FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete