Rías Baixas recibiu 1,8 millóns de turistas en 2024, un ‘ano inmellorable’ para a...

O 2024 foi 'inmellorable' para o turismo en Rías Baixas. O ano pasado visitaron a provincia de Pontevedra 1,8 millóns de persoas. É un 5% máis respecto ao 2023. Segundo o presidente provincial, Luis López, trátase do mellor ano turístico da historia.

O entroido de Cambados repartirá uns 15.000 euros en premios

En Cambados xa teñen todo listo para celebrar o entroido. Vaise celebrar do 28 de febreiro ao mércores 5 de marzo. Este ano con dúas grandes novidades. A primeira, é que toda a veciñanza poderá participar no concurso 'A túa cara sóame', unha proposta que xa veñen celebrando na vila nos últimos anos con figurantes. Outra das novidades deste ano chega o martes 4, co concurso de comparsas, que se traslada ao Auditorio da Xuventude.

Ribadumia e Meis van da man na creación das primeiras escolas inclusivas de emprego...

As primeiras escolas inclusivas de emprego do Salnés van situarse en Meis e Ribadumia. Os dous municipios únense a un proxecto impulsado por Acción contra a Fame, para formar a persoas desempregadas ou vulnerables. As persoas que queiran participar recibirán formación en sectores con alta demanda na zona,  con prácticas en empresas. O proxecto arranca xa neste mes de febreiro co obxectivo de cubrir 60 prazas.

Sanxenxo estrea a primeira oficina de atención a inmigrantes do Salnés

O Salnés conta dende hoxe cunha oficina especializada en atención a inmigrantes. Está situada en Portonovo, grazas á colaboración do concello de Sanxenxo e a ONG Accem. É a mesma asociación que se encargou de atender aos dous grupos de refuxiados que acolleu o municipio. Este novo servizo abrirá un día ao mes, faciltando información laboral ou xurídica.

O Club Náutico O Muíño denuncia unha ‘apertura incontrolada’ das comportas do encoro de...

24 horas despois das enchentes que se rexistraron en Cabanelas, no concello de Ribadumia, a zona volveu xa a normalidade. No Club Náutico O Muíño chegaron a ter máis dun metro de auga dentro do seu local. Bótanlle a culpa destas inundacións á presa da Laxe, en Caldas, que segundo denuncian abriron sen ningún tipo de control. Din ademais que os mecanismos para evitar riscos non funcionan porque, aseguran, do mesmo xeito que aconteceu en Valencia, ninguén avisou das enchentes aos posibles afectados.

As comarcas de Caldas e O Salnés, pendentes da situación do río Umia

Nas comarcas do Salnés, Caldas e Pontevedra Herminia tamén se deixou notar con forza, pero sen incidencias graves. Árbores caídas, colectores do lixo envorcados, bolsas de auga e pequenos desprendementos foron a tónica habitual nas últimas horas. O que máis preocupa é a evolución dos ríos e, en especial, a situación do Umia ao seu paso por Caldas.

O PSOE asegura que o bloqueo do Decreto Ómnibus afectará a máis de 10.000...

Máis de 10.000 veciños de Vilagarcía veranse afectados polo freo ao coñecido como Decreto Ómnibus do Goberno do Estado. Son as contas que fai o Partido Socialista vilagarcián. Hoxe criticaron a postura de Partido Popular, VOX e Junts per Catalunya, que cos seus votos en contra impediron que saíran adiante as medidas en materia social que incluía. Son, por exemplo, a suba das pensións, a rebaixa do prezo do transporte público ou o bono social eléctrico. Os socialistas vilagarciáns piden aos deputados galegos do PP que interveñan para mudar a postura da súa formación.

O Salnés propón en fitur ‘outra forma de facer o camiño’

A Mancomunidade do Salnés amosou en Fitur outra forma de facer o camiño. O organismo comarcal quere adiantarse ás necesidades dos visitantes, buscando cativar aos peregrinos de alto poder adquisitivo que optan por paradores ou hoteis para descansar no canto de albergues. Un perfil de visitante que busca experiencias novas, vinculadas a un turismo de calidade.

O Salnés e o empresariado chinés en España seguen entreitando o seu vínculo

Aproveitando a celebración de Fitur, representantes da Mancomunidade e todos os alcaldes do xeodestino do Salnés asistiron a un encontro con empresariado da China en España. O organismo comarcal leva tempo traballando para fortalecer os lazos de cooperación coas principais organizacións empresariais do xigante asiático. En xogo, ademais de alianzas turísticas, novas relacións económicas en sectores comerciais estratéxicos, como o vitivinícola ou o da conserva.

A centola do Grove conquista os padais de Fitur

Emgrobes aproveitou o seu paso por Fitur para dar a coñecer a Festa da Centola do Grove. A entidade meca promocionou as súas xornadas gastronómicas desvelando o cartel deste 2025. Ademais, organización unha degustación deste marisco emblemático do seu municipio.

REDES SOCIAIS

40,719FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete