A Deputación de Pontevedra convida a ‘volver’ ás Rías Baixas para descubrir o interior...

A Deputación de Pontevedra descubriu en Fitur unha campaña que cualificaron de 'rompedora'. Por primeira vez, o interior da provincia foi o protagonista, sen ningunha alusión á costa. Dende o organismo que preside Luis López cren que esta estratexia de Rías Baixas permite ao visitante descubrir unha parte descoñecida da provincia. Defenden que a acción turística ten que chegar aos 61 concellos.

Sanxenxo e O Grove, unidos pola media maratón Entre Rías

Os concellos de Sanxenxo e O Grove van da man na organización e promoción da segunda edición da Media Maratón Entre Rías. Esta tarde, os alcaldes dos dous municipios protagonizaron en Fitur a posta de longo desta proba, que se vai celebrar o 18 de maio polo borde litoral dos dous municipios. Telmo Martín e Jose Antonio Cacabelos reivindicaron a importancia do traballo conxunto entre concellos, con independencia da súa cor política.

A Mancomunidade lanza Salnés Slow Business para os que buscan combinar a vida persoal...

A Mancomunidade presenta en Madrid Salnés Slow Business. Trátase dunha nova proposta turística que ofrece a oportunidade de combinar traballo e lecer. Máis de 80 negocios e empresas forman parte xa desta iniciativa dirixida a empresarios, altos executivos ou nómadas dixitais que precisan un descanso pero non poden desatender as súas responsabilidades laborais.

As perdas do marisqueo na Ría de Arousa rondan os 47 millóns de euros

O marisqueo cae en picado na ría de Arousa. A Plataforma pola Defensa da Ría de Arousa puxo hoxe cifras sobre a mesa que amosan ás claras o importante descenso da produtividade nos últimos anos. Caen a maioría dos moluscos bivalvos, destacando a ameixa fina e o berberecho. Unha baixada que se traduce nun grave impacto económico. Dende o ano 2021, as perdas do marisqueo na ría de Arousa roldan os 47 millóns de euros. Por iso o sector reclama á Xunta que actúe con urxencia.

Sanxenxo volve contar cun espazo propio no stand de Galicia en Fitur

Como xa é habitual, Sanxenxo conta cun espazo privilexiado dentro da Feira Internacional de Turismo. O municipio ten instalado un mostrador no corazón do stand de Galicia, por onde pasou hoxe o presidente da Xunta e outras autoridades. Nese espazo, o concello ofrece todo tipo de información para que o visitante poida gozar dunha experiencia completa os 365 días do ano.

Barro presume de xestión coas subvencións que conseguiu para a reforma do pavillón de...

Barro goza xa do seu renovado pavillón. Na instalación deportiva acaban de mudar a cuberta. Un proxecto que contou cun orzamento duns 150.000 euros, dos que 38.000 foron unha achega da Deputación e 60.000 do Fondo de Cooperación Local. Nestes momentos nese pavillón están a instalar 135 paneis solares. Un sistema fotovoltaico que suporá un importante aforro enerxético para as arcas municipais.

O concurso austríaco ‘Goldene note’ chega a Galicia da man do Concello de Valga

Os gañadores do concurso austríaco 'Goldene note' actuarán en Santiago grazas ao concello de Valga e ao Centro Superior de Música. Será no mes de febreiro e toda a veciñanza do municipio poderá asistir como público de balde. Este concurso é todo un fenómeno televisivo en Austria.

Detido un arousán na operación contra o narcotráfico en Vilanova

Detido un arousán no marco da última operación antidroga que se está a desenvolver na comarca do Salnés. Con el, o número de arrestados ascende a oito. O resto son cidadáns albaneses que están sendo postos xa a disposición xudicial. Esta operación desenvolvida conxuntamente pola Policía Nacional e a Garda Civil permitiu desartellar unha organización criminal e a incautación de 1.100 quilos de cocaína mentres era alixada nas costas de Vilanova.

Sete detidos nunha operación contra o tráfico de drogas con epicentro en Vilanova

Novo golpe ao narcotráfico na comarca do Salnés. Sete detidos e ao redor dun quilo de cocaína incautado é o balance inicial que deixa o operativo desenvolvido esta madrugada na zona de Vilanova de Arousa pola Garda Civil e a Policía Nacional. Tamén foi localizada unha lancha nunha praia da zona de Rego do Alcalde. A operación está baixo secreto de sumario.

Vilagarcía daralle unha volta ao seu rueiro para eliminar as rúas con nomes franquistas

Vilagarcía diralle adeus en breve á Rúa Conde Vallellano, Xeneral Yagüe e Almirante Fontán. O Concello quere cumprir dunha vez por todas a Lei de Memoria Democrática e eliminar do rueiro municipal os vestixios da ditadura franquista. Esta mañá, celebrouse un encontro entre os voceiros das distintas formacións políticas para avanzar no cambio de nomes buscando o maior consenso posible e dándolle máis protagonismo ás mulleres. Dende Iniciativa pola Memoria din que aínda quedan outras mostras de apoloxía do franquismo na cidade que hai que eliminar e cren que o cambio de nome destas rúas chega tarde.

REDES SOCIAIS

40,720FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete