Asaltan unha casa en Meis pistola en man, agreden os donos e rocían a...

Os donos da vivenda foron abordados contra as 5:00 horas desta mañá, cando saían para ir traballar, por tres encarapuchados que portaban unha pistola. Os individuos agrediron aos donos de forma moi violenta e mesmo rociaron gasolina á dona da casa.

Familias de rapaces con autismo denuncian a falta de prazas en centros de día...

Familias de rapaces con autismo denuncian a súa preocupación polo futuro incerto que se lles aveciña ao rematar a súa etapa escolar. Son ata dez rapaces da contorna do Salnés e Pontevedra que nestes momentos non teñen garantida praza nun centro de día para adultos en Vilagarcía, porque o de BATA está xa ao límite da súa capacidade. A Xunta polo de agora ofrécelles como solución que os mozos, todos eles de entre 18 e 21 anos, acudan a diario a un centro de Nigrán. Unha proposta que as familias rexeitan.

A curva de Cabanelas, un punto negro da rede viairia que suma xa máis...

Na zona de Cabanelas, no concello de Ribadumia, localízase un dos puntos negros da nosa rede viaria. Trátase dunha pronunciada curva onde as saídas de vía son constantes. Moitos dos vehículos sinistrados acaban esnafrándose contra o muro dunha casa próximo. Os seus donos xa están afeitos a levar sustos, pero piden que se tomen medidas para evitar os sinistros e evitar posibles vítimas. O último accidente tivo lugar hai tan só uns días.

A Illa quere instalar máis paneis solares e destinar o excedente a familias en...

A Illa de Arousa quere seguir ampliando a súa rede de paneis fotovoltaicos. O concello opta a poñer en marcha un proxecto que suporía a instalación de case 170 novos paneis, a repartir entre os  tellados da casa consistorial e do museo da conserva. Son os derradeiros edificios municipais non que aínda non se instalou esta fonte de enerxía renovable. O plan iría máis alá porque pretenden que o excedente da produción poida destinarse a familias en risco de exclusión social.

A confraría de Vilanova estuda ‘medidas drásticas’ para facerlle fronte á crise do sector...

A confraría de Vilanova estuda tomar 'medidas drásticas' para facerlle fronte á crise que atravesa o sector marisqueiro. O pósito estuda aplicar de novo un ERTE, logo de pechar un ano 2024 especialmente malo. Aseguran que facturaron tan só o 25% do 2023, que xa fora un ano malo. Á vista destes resultados, din afrontar con moito pesimismo este 2025.

Zona Aberta augura unhas boas rebaixas tras un Nadal animado no comercio local vilagarcián

Aínda que cada vez pasan máis desapercibidas, estamos de rebaixas. No comercio local din que polo de agora as vendas van lentas. En colectivos como Zona Aberta de Vilagarcía cren que esta campaña de descontos arranca demasiado cedo, poñendo a prezos de saldo os produtos de tempada, cando aínda queda moito inverno por diante. Con todo, agardan unha boa campaña, á vista do bo sabor de boca que deixa o período de Nadal nos establecementos asociados.

A patroa do Grove denuncia unha campaña de bulos mentres as mariscadoras a pé...

Segue a tensión entre as mariscadoras de a pé e a patroa da Confraría de Pescadores do Grove. Nas últimas horas María del Carmen Besada comparecía para rexeitar as críticas das mariscadoras que esixen a súa dimisión, por faltas de respecto e por poñer trabas ao seu traballo. Di que non pencha marchar e asegurou que está a sufrir unha campaña de bulos e desinformación. Mentres, ás portas do pósito, as mariscadoras volvíanse concentrar.

A reforma da estrada entre Xil, Covas e Barrantes estará rematada a finais deste...

A Deputación de Pontevedra reformará a estrada que conecta Xil, Covas e Barrantes, entre os concellos de Meaño e Ribadumia. O organismo provincial investirá máis de 1,2 millóns de euros para a mellora da seguridade nesta vía. A actuación afectará a un treito de cinco quilómetros e medio. A previsión é que a obra comece neste semestre para que estea rematada a finais de 2025.

Falece un repartidor de comida a domicilio nun accidente de tráfico en Vilagarcía

Falece un repartidor de comida a domicilio nun accidente de tráfico en Vilagarcía. A moto na que circulaba bateu contra un taxi na recta de Rubiáns. A vítima tiña 37 anos. Ademais hai outra persoa ferida, un dos ocupantes do taxi, con prognóstico reservado. Este é o segundo accidente de tráfico mortal en Vilagarcía no que levamos de ano, logo do rexistrado o pasado venres nos Martices.

A comunidade de augas de Santa Cruz de Lamas, en Moraña, mellora a súa...

A comunidade de augas de Santa Cruz de Lamas, en Moraña, mellora a zona de captación do seu manancial. Foi posible grazas a unha achega da Xunta de Galicia de 12.000 euros. Os traballos consistiron no desbroce da zona e a instalación dun novo decantador para a filtración da auga dese manancial.

REDES SOCIAIS

40,720FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete