UPTA reclama a creación inmediata dunha mesa para a industrialización do Salnés
A Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos reclama a creación dunha mesa pola industrialización e o emprego na comarca do Salnés. Cren que debería ser a Mancomunidade a que liderase esta iniciativa para que se asenten novas empresas na comarca. Ao mesmo tempo tamén se queren reunir coa Autoridade Portuaria de Vilagarcía para que o porto da cidade sexa moito máis que un punto de descarga de colectores.
A Xunta leva a cabo distintas melloras no CODI e no centro de día...
A Xunta destina 134.000 euros á mellora do Centro Ocupacional de Discapacidade e do centro de día para persoas maiores de Valga. Ademais das obras que se fixeron nestes dous espazos, o goberno galego tamén concedeu unha achega para a compra dun vehículo adaptado para o centro ocupacional. Este conxunto de melloras son o resultado dos convenios de colaboración asinados entre o concello e o goberno galego ao longo de 2024.
40.000 euros para a posta a punto do Parque das Gaivotas de Vilagarcía
Vilagarcía segue traballando na recuperación dos seus espazos públicos. Esta mañá o alcalde achegouse ata o parque das Gaivotas, onde se está a levar a cabo unha actuación integral de posta a punto. Ademais da renovación da zona de xogos infantil, estanse a reformar os bancos e instalar novo mobiliario. Nesta posta ao día desta zona, o concello investiu uns 40.000 euros.
Os Mozos de Arousa ateigan Vilagarcía para recibir 2025 con 12 horas de antelación
Multitudinaria celebración en Vilagarcía para recibir o 2025. Milleiros de persoas déronse cita este mediodía na praza de Ravella para dar a benvida ao novo ano na XXIV Toma das Uvas. Os televisivos Mozos de Arousa actuaron este ano como mestres de cerimonia nestas badaladas adiantadas.
Jacobo Pérez Gulín, cuarto alcalde socialista da democracia en Caldas
Jacobo Pérez Gulín xa é o novo alcalde de Caldas. Esta mañá tivo lugar a sesión de investidura do socialista, logo da renuncia de Juan Manuel Rey hai uns días. Gulín convértese no cuarto alcalde da democracia no municipio. Esta mañá estivo arroupado polos seus predecesores no cargo e compañeiros de partido. O novo alcalde prometeu honestidade e transparencia na súa xestión.
Un veciño de Ribadumia presume dun Belén que non deixa de medrar
Na casa de Francisco Martinez, en Ribadumia, o Nadal vívese todo o ano. El é o autor dun Belén que non deixa de medrar. Este ano incorporoulle novas figuras en movemento e tamén o seu propio sistema solar, co sol, a lúa e as estrelas. Pola súa casa están pasando estes días multitude de veciños e curiosos que queren ver en primeira persoa o traballo deste home. El entre tanto, xa está a maquinar outras melloras que lle quere facer ao nacemento.
Isabel Couselo deixa a Deputación de Pontevedra para ‘fichar’ pola Xunta
A deputada Isabel Couselo deixa a Deputación de Pontevedra para dar o salto á Xunta. A tamén concelleira e voceira do PP de Cuntis vai ser nomeada directora territorial en Pontevedra de Cultura, Lingua e Xuventude do goberno galego. A súa renuncia fíxose efectiva este venres no pleno ordinario celebrado no Pazo Provincial.
Deputación e Concello de Sanxenxo destinarán 1,2 millóns de euros á estrada entre Noalla...
Sanxenxo e a Deputación de Pontevedra asinan o convenio de colaboración para a mellora da seguridade viaria na estrada entre Noalla e Aios. O presidente do organismo provincial e o alcalde asinaron esta mañá ese documento no Pazo de Quintáns. O proxecto suporá un investimento total de 1,2 millóns de euros, dos que a Deputación achegará o 80%.
Máis de 370 xogadores convocados para esta fin de semana en Ribadumia no Arousa...
Ribadumia prepárase para unha nova edición do Arousa Fútbol 7 Indoor. O municipio acolle por quinto ano consecutivo este torneo, que se vai disputar entre esta fin de semana e o 4 de xaneiro. Na cita reuniranse 35 equipos de toda Galicia, implincando a máis de 370 xogadores e xogadoras.
Novo éxito da Feira do Galo de Curral de Meis: 170 exemplares vendidos nunha...
Novo éxito da Feira do Galo de Curral de Meis. Nin unha hora precisaron as vendedoras para esgotar as existencias que onte levaron ata o mercado meisino. Ao redor de 170 exemplares que rematarán nas mesas máis variadas, entre elas as do cociñeiro Yayo Daporta.


















