Rachan as catro rodas dun dos vehículos de Protección Civil de Ribadumia

Os voluntarios de Protección Civil de Ribadumia non entenden quen puido cortar as catro rodas dun dos seus coches nin por que motivo. Din que en 27 anos nunca tal lles pasara. O cambio das rodas vai custarlles 700 euros, unha cantidade que esta agrupación apenas pode asumir. Piden axuda ao concello para facerlle fronte a este gasto.

A intelixencia artificial incorpórase ao obradoiro de manexo de drons da Mancomunidade do Salnés

A intelixencia artificial revoluciona o obradoiro de manexo de drons que impulsa a Mancomunidade do Salnés. A incorporación desta ferramenta a esta acción formativa permite dotar de novos usos e prestacións ás naves non tripuladas, con diversas saídas laborais. Nesta acción formativa que impulsa o organismo comarcal están a participar 16 alumnos.

Pérez Gulín asume a alcaldía de Caldas con ‘ganas e ilusión’ avanzando unha liña...

Jacobo Pérez Gulín asumirá o bastón de mando o vindeiro 30 de decembro. Di asumir a alcaldía con ganas e ilusión. Avanza que a súa xestión virá marcada pola continuidade, poñendo en foco nos proxectos que Juan Manuel Rey deixa enriba da mesa. O socialista situarase á fronte dun goberno bipartito. Agarda manter co BNG a boa sintonía que, segundo indicou, mantiveron ata o momento as dúas formacións na vila.

Rey despídese da alcaldía satisfeito: ‘Caldas vive unha idade de ouro’

Juan Manuel Rey despídese da alcaldía do Concello de Caldas. O aínda rexedor fixo hoxe balance dos seus dezaoito anos á fronte do goberno local. O socialista explicou que toma a decisión de marchar logo de conseguir algúns dos grandes obxectivos que aínda tiña pendentes, entre eles, o anuncia de que haberá novo centro de saúde na vila. O rexedor avanzou hoxe que a sinatura do convenio con Sanidade poderá ter lugar en breve, logo de que a consellería confirmase que toda a documentación aportada polo concello é correcta.

Vilagarcía rende homenaxe ás vítimas do franquismo cun monumento a carón da fosa común...

Vilagarcía rende homenaxe ás vítimas do franquismo cun monumento. Foi inaugurado esta mañá no cemiterio de Rubiáns, preto do lugar onde debería estar a fosa común que, segundo as investigacións, albergaba 17 corpos. Familiares das vítimas, colectivos para a recuperación da memoria democrática e autoridades descubriron o memorial reivindicando a dignidade das persoas asasinadas tras o Golpe do 36 e pedindo non esquecer a historia para non volver a caer nos mesmos erros do pasado.

O Obradoiro de Hostalería do Salnés volve acender os seus fogóns

Bota a andar unha nova edición do Obradoiro de Hostalería da Mancomunidade do Salnés. Vinte alumnos e alumnas formaranse durante os vindeiros nove meses nas súas instalacións de Sanxenxo. Trátase da décimo sexta edición dunha acción formativa cunha ampla saída laboral.

Meis inaugura o seu terceiro centro de compostaxe comunitaria

Meis avanza na implantanción da compostaxe no municipio. Esta mañá inauguraron un novo centro de compostaxe comunitaria. Está situado no Mosteiro, nunha zona de edificios con moitos veciños. Trátase da terceira illa deste tipo que se crea no concello. As outras dúas están situadas no Campo da Feira e no Colexio do Mesteiro. Este último é un dos que mellor funciona de toda a comarca.

Comerciantes das rúas Albariño e Nova, en Cambados, tiran de enxeño para decorar a...

O Nadal vívese dun xeito especial este ano nas rúas Nova e Albariño de Cambados. Os comerciantes da zona, molestos co concello pola escasa decoración para estas Festas, decidiron decorar ao grande os seus escaparates. Tamén puxeron distinta ambientación pola rúa. Unha medida que ademais de ser un reclamo supuxo tamén que o concello reaccionase, reforzando a iluminación de Nadal na zona.

A adega Terra de Asorei afronta o 2025 reforzando a súa aposta polo enoturismo

A adega Terra de Asorei, no concello de Meis, reforzará a súa aposta polo enoturismo. Este é un dos obxectivos que se marca esta empresa de carácter familiar de cara ao ano 2025. Segundo explican os seus responsables, o traballo irá dirixido a preparar a adega para consolidar este proxecto, mellorando tanto as instalacións como as propostas que deseñan para os seus visitantes. Todo da man da súa aposta pola elaboración de viños de calidade no marco da Denominación de Orixe Rías Baixas.

Louzán, novo presidente da Real Federación Española de Fútbol

O ribadumiense Rafael Louzán, novo presidente da Real Federación Española de Fútbol. O actual presidente da Federación Galega de Fútbol impúxose nas votacións ao máximo responsable da Federación da Comunidade Valenciana e logo da retirada da candidatura do presidente da Federación estremeña. Louzán está condenado a sete anos de inhabilitación por prevaricar cando era presidente da Deputación de Pontevedra. Unha medida que recorreu ante o Tribunal Supremo, que vai abordar esta cuestión o 5 de febreiro.

REDES SOCIAIS

40,720FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete