Rafael Louzán Abal con opcións de ser elixido Pte. da Federación Española de Fútbol
Rafael Louzán presenta a súa candidatura á presidencia da Federación Española de Fútbol con máis de 80 dos 120 avais posibles.
Os líderes das principais organizacións empresariais chinesas en España, embaixadores do Salnés
A Mancomunidade do Salnés recibe a representantes das principais organizacións empresariais chinesas en España. Ao longo destes días percorreron as primeiras etapas da Ruta do Padre Sarmiento, ademais, con fins solidarios a prol dos afectados pola DINA de Valencia. A visita permite tamén fortalecer os lazos de cooperación entre o organismo comarcal e o empresariado chinés, abrindo camiño para futuras oportunidades de colaboración. Esta mañá, ademais, os tres líderes das principais asociacións foron nomeados embaixadores de honra da comarca do Salnés.
O Belén de Valga abre as portas na súa trixésima edición cunha homenaxe aos...
O Nadal xa está inaugurado no concello de Valga. Xa está aberto ao público o Belén Artesanal en Movemento do municipio, que este ano celebra a súa edición número 30. Fai cunhas 4.500 pezas que recrean os acontecementos de maior relevancia social, política e deportiva do último ano. Tamén reservando un espazo a modo de homenaxe aos afectados pola DINA de Valencia.
Emendas do PSdeG aos orzamentos da Xunta para A Illa reclamando ‘equidade’ co resto...
O PSdeG presenta unha batería de emendas aos orzamentos da Xunta para 2025 centradas na Illa de Arousa. Son en total seis propostas, centradas en servizos sociais ou infraestruturas. Entre elas, salientan varias vellas demandas do municipio insular, como a construción dun centro de día, un aparcadoiro no paseo do Cantiño ou fondos para a EDAR.
Investigadores do CIMA estudan como frear o desprendemento do mexillón das cordas das bateas
Un estudo do CIMA, o Centro de Investigacións Mariñas situado en Vilanova, busca frear o desprendemento dos mexillóns das cordas das bateas. A investigación ten nestes momentos mexillóns de iguais características en dúas zonas da ría de Arousa. A partir de aí estanse a facer comparativas entre como vai mudando o viso, o órgano de fixación do mexillón, así como as diferencias anatómicas que se xeran expoñendo o bivalvo a diferentes condicións mariñas.
Expectación en Sanxenxo pola apertura dun Gadis de 2.000 metros cadrados
O centro inaugurouse esta mañá cun ir e vir de curiosos e clientes, desexosos por coñecer estas novas instalacións. Están situadas no Vinquiño. Trátase dun espazo de case 2.000 metros cadrados. Ademais, dispón dun aparcardoiro de máis de 160 prazas, de balde para a clientela.
Sanxenxo conmemora o vinte aniversario do seu Centro de Día, no que reciben atención...
Na xornada participaron moitos usuarios e os seus familiares. Tamén asistiu o alcalde e a conselleira de Política Social da Xunta. Fabiola García puxo este centro como exemplo dun servizo pensado para garantir o benestar das persoas maiores.
Meis presume de xestión ao captar o 100% do financiamento para o arranxo do...
O Concello de Meis pon a punto a vía que une os lugares do Batán con Couso. Trátase dun treito de dous quilómetros. A actuación tivo un custo de 70.000 euros, financiado ao 100% a través do Plan Marco da Xunta. A alcaldesa meisina salienta a importancia de presentar bos proxectos para conseguir fondos para actuacións como esta, sen que teñan impacto nas arcas municipais.
As adegas do Salnés encaran a recta final do destilado de augardentes
MEIS> Trátase dunha práctica tradicional, moi arraigada en toda Galicia. Falamos da destilación de augardentes, un proceso que apenas variou ao longo da historia...
A Mancomunidade do Salnés creará un sistema de bombeo alimentado por unha planta fotovoltaica
A estación de tratamento de auga potable que abastece ao Salnés contará cun novo sistema de bombeo alimentado por unha planta fotovoltaica. Vaise instalar na contorna de Ponte Arnelas nuns terreos que vai adquirir a Mancomunidade do Salnés. Esta actuación está presupostada en preto de 860.000 euros. A metade será financiado cunha achega da Xunta.

















