Batman, eixo temático do Festival Curtas de Vilagarcía

Batman será o eixo temático da edición deste ano do Curtas de Vilagarcía. O festival arranca o vindeiro 25 de outubro, coa proxección de case 120 filmes. Deles, preto dun cento van ser estreas, 15 delas mundiais. Ademais, o festival complétase con moitas outras propostas, como a feira de artesanía e obxectos curiosos, a cea do baile dos vampiros ou a visita do Batmóbil.

Invernadoiros esnaquizados por Kirk en Ribadumia: ‘Cada ano faise máis difícil seguir con isto’

O temporal kirk segue sumando estragos na nosa contorna. En Ribadumia, uns mozos agricultores traballan contra o reloxo para salvar as súas plantacións, logo de que o forte vento lles esnaquizase varios dos seus invernadoiros. Sen seguros nin axudas da Xunta que cubran as perdas, Consuelo e Luis afánanse en repoñer os plásticos estragados e preparar o terreo. Teñen centos de pés de leituga agardando para ser plantados nuns invernadoiros que, nestes momentos, están impracticables.

A APDR pide que o Parlamento apoie de xeito unánime a iniciativa popular a...

A iniciativa lexislativa popular para a proteccion das actividades pesqueiras e marisqueiras debaterase no Parlamento Galego o vindeiro 22 de outubro. A Plataforma en Defensa da Ría de Arousa fai un chamamento aos grupos políticos para que apoien o texto. Din que é un piar para a subsistencia do sector, que serviría para recoñecerlle o seu interese xeral e garantir a súa viabilidade futura.

Uns pais de Ribadumia fan garda ás portas do colexio para que a súa...

Unha familia de Ribadumia loita para que a súa filla, que padece unha grave enfermidade rara, poida ir ao colexio con normalidade. A pequena ten tan só tres anos e puido comezar o curso porque, nestes casos, Educación ten que poñer ao seu servizo unha enfermeira. O caso é que agora esta sanitaria tivo que coller unha baixa e a Xunta non mandou a outra profesional. A familia sente que a súa filla está desprotexida e piden que manden canto antes outra enfermeira. A súa nai e o seu pai están a facer gardas ás portas do colexio por se a nena precisase axuda.

A construción da nave de servizos de Sanxenxo avanza a bo ritmo e estará...

SANXENXO> A nova nave de servizos do Concello de Sanxenxo estará lista no mes de xuño. A instalación estase a construír nunha parcela do...

Cambados traslada a súa Aldea de Nadal á Praza do Concello para evitar danos...

A aldea de Nadal de Cambados cambia de localización e este ano vaise montar na Praza do Concello. O goberno local decidiu trasladar este decorado de Fefiñáns a este novo emprazamento para evitar posibles danos nesa zona patrimonial. Responden así ás demandas da Asociación de Amigos de Fefiñáns, que denuncia o uso excesivo da emblemática praza para eventos masivos e que implican o uso de maquinaria pesada.

Campaña da DXT contra as distraccións ao volante

A DXT pon en marcha unha campaña contra as distraccións ao volante. Un dos primeiros controis informativos tivo lugar hoxe en Vilagarcía. Garda Civil e Policía Local van da man para explicarlle aos condutores os perigos de usar o móbil ao volante, un hábito cada vez máis estendido. Así e todo, este non é o único perigo: buscar unha dirección no GPS, comer ou beber ou acender un pitillo son hábitos tan simples como perigosos cando estamos conducindo.

Meaño mellorará a iluminación no Polígono da Pedreira

Meaño mellorará a iluminación no Polígono da Pedreira.A actuación beneficiará a un treito de rúa duns 400 metros que nestes momentos carece de alumeado. A dotación deste servizo conta cunha achega da Xunta, garazas a un programa da Consellería de Industria. O goberno galego achegará o 80% do investimento que aquí se vai facer, que ascende a 46.000 euros.

A provincia de Pontevedra, a máis afectada por Kirk con 300 incidencias

A de Pontevedra foi a provincia onde máis incidencias se rexistraron, unhas 300 das máis de 550 que contabilizou o 112 Galicia relacionadas con esta borrasca. Ningún concello da nosa contorna se librou do paso de Kirk, deixando danos en tódolos municipios, aínda que por fortuna, de escasa consideración. En Barro o vento provocou a caída de varios paneis do pavillón de Curro, mentres que en Poio levou por diante un chiringuito da praia de Lourido. Ademais, houbo que suspender as clases en varios centros educativos.

O Grove, ante unha das edicións máis multitudinarias da historia da Festa do Marisco

O Grove estes días é un auténtico fervedoiro. Pola vila están a pasar, como sempre, milleiros e milleiros de persoas atraídas pola ampla e saborosa oferta gastronómica que ofrece a Festa do Marisco. O evento superou xa o seu ecuador, polo de agora, manténdose como a segunda edición máis exitosa, logo da do ano pasado. Así as cousas, todo apunta a que non se van superar as cifras récord de 2023 porque este ano o festivo do 12 de outubro coincide en fin de semana.

REDES SOCIAIS

40,720FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete