O BNG reclama á Xunta que manteña a ambulancia medicalizada no Hospital do Salnés...

O BNG do Salnés reclama á Xunta de Galicia que devolva a base da ambulancia medicalizada ao Hospital do Salnés. Co inicio do verán trasladouse a Sanxenxo para atender o incremento de poboación polo turismo. Aquí continuará ata o 31 de agosto, deixando desprotexida, din, á poboación desta zona. A formación nacionalista reuniuse hoxe en Vilagarcía co persoal deste servizo. Reclaman que, en lugar de trasladar a ambulancia medicalizada, se dote Sanxenxo con outro equipamento.

Os veciños de Vilaxoán mobilízanse contra a supresión da parada de autobús do Freixo

O posible cambio dunha parada de autobús en Vilaxoán, no concello de Vilagarcía, enfada e moito aos veciños. Decenas de persoas concentráronse para opoñerse a esta modificación, que afecta á zona do Freixo. Aseguran que o bus para neste punto dende hai máis de 50 anos e culpan directamente á asociación de veciños de propiciar o cambio. O colectivo cre que as manobras do autobús neste punto non son seguras.

Xuventude de Sisán, Umia C.F. e C.D. Ribadumia enfróntanse no triangular do Torneo Concello...

Este domingo 18 de agosto o campo de fútbol da Senra, de Ribadumia, acollerá o tradicional torneo triangular Concello de Ribadumia. Xuventude Sisán, Umia Club de Fútbol e Club Deportivo Ribadumia veranse as caras nunha cita que cumpre xa a súa trixésimo segunda edición.

O albariño da adega Vionta faise co ouro na cata-concurso da Festa do Albariño...

O albariño da adega Vionta é o mellor de 2023 da Denominación de Orixe Rías Baixas. Fíxose co ouro na cata concurso da Festa do Albariño. A prata foi para Noelia Bebelia, da subzona de Soutomaior, e o bronce para Xión,da adega Attis, localizada en Meaño. A entrega de premios fíxose como sempre, tralo Xantar oficial que despide a Festa dende os Xardíns de Torrado.

O Club Náutico de Portonovo xa presume das catro bandeiras que acreditan a súa...

Bandeira azul, Q de calidade, Galicia Calidade e S de Sustentabilidade. Son as catro certificacións das que pode presumir o Club Náutico de Portonovo, en Sanxenxo. Este mediodía celebrouse o izado das distincións, confirmándose como o único club da provincia de Pontevedra que conta con todas elas.

A Festa da Ostra de Noalla agarda vender máis de 22.000 unidades deste bivalvo

A vindeira fin de semana Noalla, en Sanxenxo, será o epicentro do bo comer. A parroquia celebra a trixésimo primeira edición da súa Festa da Ostra. Será os días 9, 10 e 11 nunha carpa gastronómica que se instalará no campo de fútbol. A organización agarda superar os datos do ano pasado, cando esgotaron as 22.000 unidades deste bivalvo.

A XXI Festa do Pan volverá converter a Carballeira de Ribadumia nunha romaría

A Festa da Ostra de Noalla non será a única proposta gastronómica da fin de semana. O día 10 Ribadumia celebrará a súa Festa do Pan con toda unha romaría na Carballeira. A cita celebrará a súa vixésimo primeira edición coa mente posta en conseguir para o vindeiro ano a consideración de interese turístico de Galicia.

Promoción dos produtos do mar e Irmanamento do Albariño

PUBLIRREPORTAXE> Coincidindo coa Festa do Albariño de Cambados, a orde gastronómica Capítulo Serenísimo do Albariño celebrou o seu tradicional acto de Irmanamento e promoción...

A Escola de Verán de Ribadumia estrea o obradoiro de robótica da Mancomunidade do...

O Colexio Rural Agrupado de Lois, no concello de Ribadumia, acolle estes días un obradoiro de robótica para a cativada. A actividade, impulsada dende a Mancomunidade do Salnés, enmárcase nas Escolas de Verán e Ludotecas da comarca. Tralo seu paso por Ribadumia, estará nos concellos de Meis, Meaño e A Illa de Arousa, para achegar aos máis cativos ás novas tecnoloxías.

Unha multitude rende honores ao rei dos brancos na inauguración da LXXII Festa do...

Hoxe foi a primeira das cinco xornadas máis agardadas polos cambadeses e, por suposto, polos amantes do bo viño. Ao mediodía deuse o tiro de saída á septuaxésimo segunda edición da Festa do Albariño de Cambados. A inauguración foi multitudinaria. Unha afluencia de público que, de cumprirse as previsións, non fará máis que incrementarse cara a fin de semana.

REDES SOCIAIS

40,723FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete