Catoira enche de novidades a programación da 64ª Romaría Vikinga

Catoira prepárase para a súa Romaría Vikinga. Unha cita que ademais este 2024 chega con moitas novidades. Nesta edición, o centro da vila encherase de actividades, con tres días de concertos, e coa estrea dunha feira medieval con postos de artesanía. Ademais, a romaría prolongarase ata o luns cun novo desembarco vikingo, desta volta especialmente organizado para a cativada. A multitudinaria festa celebrarase do sábado 27 de xullo ao 5 de agosto.

Sanxenxo move 10.000 metros cúbicos de area en Silgar para devolver á praia o...

O concello de Sanxenxo traballa para que a praia de Silgar ofreza a súa mellor versión este verán. Hoxe iniciou o movemento de 10.000 metros cúbicos de area na zona leste do areal. O obxectivo: recuperar o seu perfil orixinal e amplia a zona de desfrute, despois de que os temporais do inverno desprazaran o árido á zona máis alta cubrindo pasarelas e lavapés.

Un condutor en sentido contrario provoca un accidente na Autovía do Salnés e deixa...

Unha muller falecida e dous feridos de gravidade nun accidente rexistrado esta mañá na autovía do Salnés, á altura do concello de Meis. Todo apunta a que o sinistro foi provocado por un turismo que circulaba en dirección contraria. A colisión foi frontal entre dous vehículos, moi preto da saída do Mosteiro, nos carrís en sentido Pontevedra.

Nacen os Xoves Abertos, os concertos de Zona Aberta deste verán en Vilagarcía

Zona Aberta de Vilagarcía lanza os Xoves Abertos. Trátase da primeira iniciativa impulsada polo colectivo deseñesada específicamente para o sector hostaleiro, logo da súa integración na asociación hai uns meses. A proposta inclúe cinco actuacións musicais dende o xoves 27 de xuño ata o xoves 25 de xullo.

Boudebou, Os Carecos e Os Melidaos no regreso do festival de Xironsa

A asociación Xironsa de Cambados recupera este ano o seu festival, logo de ter que cancelalo o ano pasado por falta de apoios económicos. A cita será o vindeiro sábado 6 de xullo, cunha proposta que recolle actuacións pensadas para todas as idades.

Vilanova esturadá reincorporarse ao sistema Vioxén de atención ás vítimas de violencia de xénero

A subdelegación do goberno en Pontevedra proponlle a Vilanova a súa reincorporación ao sistema VioXén, para que a Policía Local poida colaborar na protección das vítimas de violencia de xénero. Unha proposta que o concello considerará cando haxa suficiente dispoñibilidade de axentes municipais.

Reabre a ponte de Pontearnelas

PONTEARNELAS> Reabre a ponte de Pontearnelas. Logo dun investimento de máis de 5 millóns, esta mañá entrou en servizo esta infraestrutura para o tráfico...

Pablo Barreiro e Javier Torcida, competirán no cto. europeo da clase 420, en categoría...

O regatista Pablo Barreiro, actual campión de España da clase  420 en categoría mixta,  atópase  preparando o vindeiro campionato de Europa da clase 420 co seu novo compañeiro, o santanderino Javier Torcida.

Traíñas ‘de primeiro nivel’ danse cita en Vilaxoán na Bandeira Concello de Vilagarcía

As augas de Vilaxoán acollerán o sábado a 29ª edición masculina e 4ª feminina da Bandeira de Traíñas Concello de Vilagarcía. Na competición feminina van participar catro clubes, dous deles representantes galegos na ACT. Na masculina participarán 8 equipos. Entre eles tamén estarán presentes os dous club galegos na ACT.

Sanxenxo estrea este sábado as dúa liñas de transporte circulares e o bus lanzadeira

Sanxenxo estreará este sábado dúas liñas de transporte urbano circulares e un autobús lanzadeira. Este último terá o seu punto de partida do polígono de Nantes, onde se vai habilitar un aparcadoiro disuasorio para uns 300 coches. As tres liñas estarán dispoñibles ata o vindeiro 8 de setembro. Esta mañá o alcalde e a directora xeral de Mobilidade da Xunta probaron este novo servizo lanzadeira, facendo todo o seu percorrido.

REDES SOCIAIS

40,723FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete