Meaño vivirá unha edición moi especial da súa Festa do Viño polo seu 25...
O evento celebra este ano os seus 25 anos, convertido nun referente para a promoción das adegas da zona e os seus produtos. Celebrarase os días 17, 18 e 19 de xullo. Nesta edición participarán 22 adegas. Inclúe distintas actuacións musicais, entre elas, a da orquestra Panorama. O comunicador Carlos Sobera será o encargado de dar o pregón.
A Xunta lanzará este ano a nova estratexia galega contra o desperdicio alimentario
A Xunta porá en marcha antes de que remate este ano a nova estratexia de prevención contra o desperdicio alimentario. A iniciativa incluirá un manifesto contra o desperdicio ao que poderán adherirse empresas, que contarán cun selo de garantía. Unha das que optan a facerse con este distintivo é Kiwi Atlántico. A empresa asentada en Ribadumia está a desenvolver un proxecto para o aproveitamento de produtos coa súa transformación en snakcs saudables.
A Policía Local de Sanxenxo e a Garda Civil reforzarán a súa cooperación durante...
Este xoves celebrouse a Xunta Local de Seguridade, na que o subdelegado do goberno comprometeuse a incrementar a presenza da benemérita en datas clave no municipio en eventos masivos. No encontro tamén se destacou que Sanxenxo é un concello 'extremadamente seguro', cunha diminución no número de delitos de máis dun 4% no último ano.
Baión viaxa no tempo coa novena edición da Mostra de Oficios e Tradicións que...
Cita co pasado esta fin de semana en Vilanova. Será na novena edición da Mostra de Oficios e Tradicións que organiza a Asociación O Castro, de Baión. A programación inclúe representacións de actividades como a malla, ir ao toxo ou traballos no lavadoiro. Todo nun ambiente festivo, con distintas propostas musicais e procurando a implicación da rapazada e mocidade para que nunca nos esquezamos de onde vimos.
A música dos 80 soará con máis forza ca nunca na terceira edición do...
O pazo de Vista Real acollerá o vindeiro 4 de xullo O Son de Vilanova Fest. Trátase da terceira edición deste evento que non deixa de medrar. Este ano Rafa Sánchez, de La Unión, é o cabeza de cartel. Completan a programación La década prodigiosa, Amistades Peligrosas, Pancho Vanora e Manu GZ DJ. A organización agarda superar as 3.000 persoas que se xuntaron o ano pasado.
Por terra e por mar: agárdase que 500 barcos participen na protesta do domingo...
A Illa de Arousa prepárase para unha mobilización multutidunaria contra Altri e a mina de Touro - O Pino por terra e mar. A organización agarda a participación duns 500 barcos de toda a ría na manifestación convocada para este vindeiro domingo para esixir a denegación definitiva destas dous proxectos. Por terra, a marcha partirá do Bao e ramatará no Xufre. Fan un chamamento á participación masiva porque, lembran, a mobilización social foi clave para frear ata o de agora estas dúas ameazas.
O Solifesti de Meis recadará fondos para o proxecto ‘Son das flores’ e o...
A iniciativa solidaria que impulsa o CPI do Mosteiro vaise celebrar este venres. Este ano a recadación irá destinada para o proxecto Son das flores, iniciativa dun colexio vigués que permite ofrecer clases de música para rapazada de familias con poucos recursos. Outra parte irá destinada ao banco de alimentos de Meis. Na xornada participará o alumnado de todos os centros educativos do municipio, xuntando uns 400 nenos e nenas. Ademais de obradoiros e xogos haberá distintas actuacións musicais para todos os públicos.
Pontón chama á participación na mobilización na Illa contra ‘o espolio’ de Altri e...
Este vindeiro domingo A Illa de Arousa será o escenario da gran manifestación contra Altri e a mina de Touro-O Pino. A voceira nacional do BNG fixo un chamemento este luns á participación masiva nesta mobilización na defensa do río Ulla e da ría de Arousa. Dende o municipio insular, Ana Pontón reclamou a denegación definitiva da macrocelulosa en Palas e paralizar o proxecto da megamina que, denunciou, o PP quere resucitar a pesar da súa grave afectación.
14 adegas ofrecen os seus mellores viños na Festa do Tinto do Sanés en...
Ribadumia xa goza da Festa do Tinto do Salnés. Este venres tivo lugar a inauguración oficial da LIII edición , na que 14 adegas ofrecen os seus mellores viños. Pola carpa instalada no centro de Barrantes xa pasaron centos e centos de persoas. Agárdase unha edición multitudinaria grazas ao bo tempo e as temperaturas agradables que se prevén para esta fin de semana. Este sábado celebrarase o día grande, co xantar de confraternidade, a investidura dos valedores do viño e a gran cata final do concurso.
Concentracións en Pontevedra e O Salnés alertando do aumento das listas de agarda
Xornada de mobilizacións en defensa da sanidade, alertando do incremento das listas de agarda. Na nosa contorna houbo protestas ás portas do Hospital Provincial, en Pontevedra, e no Hospital do Salnés. Advirten das demoras na atención primara e nas consultas especializadas e as consecuencias que isto está a ter no servizos de urxencias. Reclámanlle á Xunta un incremento do investimento na atención primaria ata acadar o 25% do orzamento do Sergas.


















