Simulacro dun incendio con risco para as persoas entre Valga e Pontecesures
Galicia enfróntase de novo a un verán que pode ser moi complicado en canto a incendios forestais, pola previsión dun tempo seco e caloroso. Esta mañá tivo lugar un gran simulacro de extinción dun lume dunha características moi complexas. Afectaba a dúas provincias, Pontevedra e A Coruña, extendéndose polos concellos de Valga, Pontecesures, Padrón e A Estrada; e incluíndo a evacuación de dous núcleos de vivendas.
Convocan o pleno ordinario da Mancomunidade o mesmo día no que o PSOE ía...
O novo presidente da Mancomunidade do Salnés convoca o seu primeiro pleno ordinario para o venres da semana que vén. Malia ter tomado posesión no mes de xaneiro, e as sesións ordinarias ter que celebrarse cada dous meses, ata o de agora aínda non se fixera ningunha. O anuncio desta convocatoria produciuse esta mañá, apenas unha hora despois de que o PSOE anunciase que ían presentar por rexistro unha solicitude de convocatoria. Os socialistas denuncian que o PP ten 'secuestrado' o organismo comarcal. Advirten, ademais, de que está ao borde da fractura.
Oito mozos fórmanse en viticultura a través do obradoiros de emprego da Mancomunidade do...
VILANOVA> Xa está en marcha a sexta edición do obradoiro de viticultura que impulsa a Mancomunidade do Salnés. Oito mozos e mozas reciben formación...
Os amantes das motos teñen parada obrigada esta fin de semana en Ribadumia na...
Os amantes das motocicletas teñen esta fin de semana parada obrigada en Ribadumia. Este venres arranca a XII edición da concentración moteira que organiza Trasnos do Salnés. A programación inclúe outras moitas actividades paralelas, con diversas propostas musicais. Entre elas, a actuación do grupo Claxxon ou de Gin Toni's.
Baión viaxa ao seu pasado esta fin de semana coa sétima edición da Mostra...
VILANOVA> A parroquia de Baión, en Vilanova, regresa esta fin de semana aos anos 60 e 70. A asocición O Castro organiza a sétima...
Emgrobes aposta polo bonito e dedica esta fin de semana a enxalzar a súa...
Esta fin de semana, a hostalería do Grove enxalzará o bonito. Os días 7, 8 e 9 varios restaurantes do municipio ofrecerán diferentes preparacións con este peixe como protagonista, nunhas xornadas organizadas por Emgrobes. Para ir abrindo boca, hoxe celebrouse unha degustación no Obradoiro de Hostalería da Lanzada. N acto no qeu se enxalzaron os beneficios gastronómicos e saudables do bonito.
Black Eyed Peas actuará no Costa Feria de Sanxenxo
Black Eyed Peas é o prato forte da segunda edición do festival Costa Feira. O evento recunca no polígono de Nantes, en Sanxenxo, cunha ampla escolma de actuacións, que se prolongarán do 24 de xullo ao 24 de agosto. Polo seu escenario pasarán, entre outros, Andrés Calamaro, Iván Ferreiro, Loquillo, Taburete ou Juán Magán. A organización asegura ter tomado nota dos erros da primeira edición, cun reforzo do servizo de autobuses lanzadeira, para evitar o atrancos na autovía do Salnés.
Gotas reivindica o orgullo LGTBIQ+ do rural cun mes ateigado de actividades en Ribadumia
Xa está en marcha o mes da diversidade en Ribadumia. A Asociación Gotas deseñou para este mes de xuño unha completa programación coa que reivindican respecto e tolerancia para o colectivo LGTBIQ+. As actividades arrancan este domingo, cunha andaina de convivencia polo río Umia. Por diante propostas culturais e educativas que terán como prato forte a Ruada das Gotas o próximo sábado 15, cun xantar diverso e actuacións musicais para tódolos gustos, con Alana, El Nido, Mondra e Señora DJ como principais reclamos.
Sanxenxo reforza a coordinación entre corpos para garantir a seguridade nos meses de verán
SANXENXO> Sanxenxo reforzará a súa seguridade e a coordinación entre corpos durante os meses de verán. Esta mañá celebrouse no concello a xunta local...
Salnés Ciencia, a feira onde a rapazada de dez colexios amosará os seus experimentos...
Dez centros educativos da zona daranse cita este sábado na primeira edición de Salnés Ciencia. Trátase dunha feira que se vai celebrar en Cambados, onde a rapazada poderá amosar os seus experimentos e proxectos. Cada un dos centros terá o seu propio stand, con experiencias relacionadas coas física, química ou outras áreas máis específicas como a robótica, viticultura ou a cosmética.


















