A reforma da rúa Condesa en Ribadumia mellorará a mobilidade e a seguridade viaria...

En Ribadumia, están en marcha as obras de reurbanización da rúa Condesa, na contorna do colexio Julia Becerra Malvar. O proxecto busca mellorar a seguridade viaria e a mobilizada da zona, ao tempo que se crean novas zonas de estacionamento. A actuación conta cun orzamento que rolda os 700.000 euros, dos que a Deputación achegará o 70% e o concello, o 30 restante.

O PSdeG carga contra a Xunta polo retraso na reconstrución da ponte de Pontearnelas

O PSOE critica os retrasos que está sufrindo a recontrución da ponte nova de Pontearnelas. Denuncian a falta de compromiso da Xunta coa comarca e din que unha mostra máis é como se xestionou o arranxo desta infraestrutura. Lembran que a súa posta en uso estaba prevista para finais do ano pasado e que xa no mes de xuño, aínda está pendente de rematar. Advirten ademais dos danos que esta situación está a provocar na ponte dos Padriños, por onde se está a desviar o tráfico.

‘Do que se come, se cría’: xa está aquí a cuarta edición de Vilagarcía,...

A cuarta edición de 'Vilagarcía, cidade de libro' traerá 25 autores destacados. A feira celebrarase do 11 ao 16 de xuño. Cada unha das xornadas estará dedicada a unha temática e con propostas pensadas para tódolos públicos, especialmente para a rapazada. Entre os autores que este ano visitan a cidade do libro salientan os premio Planeta Lorenzo Silva e Javier Sierra, xunto cun bo feixe de escritores galegos, locais e emerxentes.

O bo tempo acompaña ao mellor viño esta fin de semana na Festa do...

RIBADUMIA> Ribadumia xa goza por todo o alto da Festa do Tinto do Salnés. Esta mañá inaugurouse de xeito oficial esta LI edición, na...

A agricultura ecolóxica biointensiva, unha nova oportunidade laboral no Salnés

MEAÑO> A agricultura ecolóxica biointensiva ábrese paso como unha nova oportunidade laboral nas Rías Baixas. Trátase dun modelo sostible que busca a autosuficiencia dos...

Rueda anuncia en Vilagarcía que Galicia terá o curso que vén a oferta de...

Hoxe arrancou en Vilagarcía o Congreso de Mobilidade Sustentable e Medios de Transporte, organizado polo IES Vilalonga e o CIFP de Fontecarmoa. O evento, que reúne a empresas e a formación profesional da automoción, foi inaugurado esta mañá polo presidente da Xunta. Alfonso Rueda aproveitou para anunciar que Galicia terá o próximo curso a oferta de FP máis alta da súa historia. Serán 24 as titulacións de alta especialización que se ofertarán en Galicia, trece delas de nova implantación.

Urovesa finaliza a formación da primeira quenda de traballadores no seu centro de formación

Urovesa, no concello de Valga, inaugurou hoxe o novo centro de formación das súas instalacións. O acto estivo encabezado polo presidente da Xunta. Alfonso Rueda destacou a importancia de que as empresas aposten pola formación de talento novo no emprego.

Recollida de tapóns do alumnado do cole de Ribadumia para loitar contra a enfermidade...

Alumnado do colexio Julia Becerra Malvar, de Ribadumia, impulsa unha campaña solidaria sobre a enfermidade de Dent. A rapazada de 3º da ESO puxo en marcha un proxecto de recollida de tapóns para recadar fondos para esta doenza. Pero a iniciativa vai máis alá, incluíndo a creación dun cartel publicitario ou mesmo dando unha rolda de prensa para difundir entre a veciñanza a súa campaña.

Cinco hoteis de Sanxenxo reciben 670.000 euros da Xunta para a mellora da eficiencia...

SANXENXO> Cinco hoteis de Sanxenxo beneficiáronse dunha liña de axudas da Xunta para a mellora da súa eficiencia enerxética. En conxunto, recibiron unha subvención...

Sanxenxo proba o uso de drons para o rescate de bañistas nas praias

A praia de Silgar acolleu un simulacro dun rescate cun dron dunha persoa que estaba afogando. Trátase dunha ferramenta que serviría para complementar o traballo dos socorristas. O dron achégase ata a persoa en apuros, lánzalle un chaleco salvavidas e comunícase con ela a través de voz. Un servizo que xa se usa en praias da Comunicade Valenciana e que agora tamén Sanxenxo estuda implementar.

REDES SOCIAIS

40,723FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete