Anuncian a licitación da nova depuradora da Illa nun acto que o BNG considera...

O Concello da Illa e a empresa pública Acuaes asinaron esta mañá o convenio que impulsa a construción da nova depuradora de Niño de Corvo. Unha actuación que busca acabar cos problemas no tratamento das augas residuais no municipio, o que provocou no 2018 un procedemento de infracción pola Comisión Europea. Trala sinatura do convenio, anunciouse que este mesmo martes sairán a licitación estes traballos, cun orzamento de 8,5 millóns de euros. Na sinatura desta mañá non estivo presente a metade do goberno local, do BNG, que o considera un acto de campaña do PSOE.

A senda de San Miguel de Deiro terá unha pasarela en Rego do Alcalde

Vilanova beneficiarase dunha axuda de Turismo de Galicia para a mellora do borde litoral na parroquia de San Miguel de Deiro. En concreto, son 80.000 euros que permitirán a instalación dunha pasarela nun treito da senda en Rego do Alcalde. A previsión é que estea rematada para o verán de 2025.

O fútbol das mellores canteiras traerá ata Ribadumia máis de 5.000 persoas no mes...

87 equipos participarán na cuarta edición da Copa Ribadumia- Clae Viajes de fútbol nas categorías infantil e xuvenil. Será no mes de xuño, nas fins de semana do 14 ao 16 e do 21 ao 23, co campo da Senra como escenario. O torneo volverá atraer a conxuntos chegados de toda España e Portugal. Unha cita que promete ser, un ano máis, un importante pulo ao turismo na zona.

A Deputación destina case 2 millóns de euros a infraestruturas deportivas do Salnés e...

Os concellos das comarcas de Salnés e Caldas recibirán 2 millóns de euros da Deputación de Pontevedra para mellorar os seus equipamentos deportivos. Vilagarcía é o municipio máis beneficiado, cunha achega de 206.000 euros repartidos en tres obras. O Grove, Cambados, Catoira, Moraña e Vilanova son outras das vilas que recibirán fondos desta liña de axudas.

As mellores orquestras galegas farán parada en Ribadumia na Festa do Tinto do Salnés

Todo listo en Ribadumia para que arranque a LI Festa do Tinto do Salnés. Vai arrancar o vindeiro xoves, con boas expectativas en canto a participación. E non é para menos porque a cita reúne todos os ingredientes para que sexa un éxito. Ademais do bo viño, ata a Festa do Tinto achegaranse as mellores orquestras galegas, enchendo de troula Ribadumia durante catro días.

Martín Códax, sede do Foro Mundical de Cooperativas Vitivinícolas

A adega Martín Códax é estes días sede do Foro Mundial de Cooperativas Vitivinícolas. Trátase do evento máis importante a nivel mundical para o sectore vitivinícola. Un espazo no que se debate arredor do modelo económico, social e colaborativo das cooperativas.

A Garda Civil trasladará o seu posto de Vilagarcía a Vilanova

Cambios importantes na Garda Civil na comarca do Salnés. A oficina de atención cidadá de Vilanova elévase a posto. Ao tempo, suprímese o que o instituto armado tiña en Vilagarcía. Estes cambios recóllense nunha resolución publicada no Boletín Oficial da Garda Civil, que hoxe deu a coñecer o alcalde de Vilanova.

Sanxenxo estuda a creación dun aparcadoiro disuasorio con autobuses lanzadeira ao centro

SANXENXO>  Sanxenxo estuda a creación dun aparcadoiro disuasorio con autobuses lanzadeira. É un dos titulares que deixa o almorzo informativo que organizou esta mañá...

Cambados e Ribadumia, unidos pola quinta edición do torneo de ximnasia rítmica do Club...

Os concellos de Cambados e Ribadumia únense pola quinta edición do torneo de ximnasia rítima que organiza o Club Grand Jeté. A cita vai ser no pavillón municipal da Senra, en Ribadumia, este vindeiro sábado. Alí daranse cita unhas 250 participantes chegadas de diferentes puntos de Galicia.

Vilagarcía estira as últimas horas dunhas festas de Santa Rita multitudinarias

Vilagarcía viviu onte o día grande de Santa Rita. Milleiros de persoas inundaron a cidade nunha xornada festiva, coa procesión como o evento máis multitudinario do día.

REDES SOCIAIS

40,723FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete