A II Regata Nacional de Kaiak de Mar atraerá ata Vilanova e O Grove...

Máis de medio milleiro de persoas pasarán esta fin de semana polos concellos do Grove e Vilanova no marco da segunda Regata Nacional de Kaiak de Mar, que une as dúas localidades. Celebrarase os días 25 e 26 de maio, e contará con representantes de ata catorce comunidades autónomas.

A Xunta pídelle á Mancomunidade un proxecto para a ETAP de Treviscoso

SALNÉS> A Xunta pídelle á Mancomunidade do Salnés que elabore un proxecto para a ampliación da ETAP de Treviscoso. O presidente comarcal mantivo unha...

Valga reúne preto de 600 veciños no seu Encontro da Terceira Idade

Case 600 persoas déronse cita no Encontro da Terceira Idade que organiza o Concello de Valga. É xa a vixésimo sexta edición deste xantar de confraternidade no que se desenvolveron tamén diferentes actividades culturais e lúdicas, como un concerto da banda de música, baile e o sorteo de agasallos. Por suposto, a xornada serviu tamén para o reencontro entre a veciñanza.

Hojas de Lorien, o refuxio literario en Vilagarcía para os amantes dos libros de...

Centos de libros  usados agardan por unha nova vida en Hojas de Lorien. Trátase da primeira librería de Vilagarcía especializada en libros de segunda man. Detrás deste proxecto está Anabel, unha muller que decidiu darlle un xiro á súa vida poñendo en marcha este proxecto. Con el naceu tamén un club de lectura onde os libros se mesturan con café, galletas e moi boa compaña.  Este mes están a ler 'El juego de Ender'.

O Barça conquista o Arousa Fútbol 7

O Arousa Fútbol 7 fixo vibrar durante esta fin de semana o Concello de Ribadumia. Finalmente foi o Barça o que se impuxo na final, celebrada este domingo na Senra. Os blaugranas gañaron ao Valencia 3 a 0. Dous dos tantos anotounos Fode Dialbo Conde e o terceiro, Alán Guera. O equipo catalán chegou á final invicto nesta edición do Arousa Fútbol 7.

Os Ingleses incorporan ao seu torneo de rugby de Santa Rita unha minicopa entre...

16 equipos daranse cita na terceira edición do torneo de Rugby de Santa Rita, en Vilagarcía. Todos eles son conxuntos da categoría M14. A meirande parte son galegos e do norte de Portugal, aínda que tamén contarán coa visita do Palencia que, por certo, repite nesta cita.

Multitudinaria celebración dos 25 anos da banda de música e a radio municipal de...

A banda de música e a radio municipal de Valga celebran o seu 25 aniversario. Para celebralo, no municipio reuníronse unhas 500 persoas, entre seareiros da agrupación musical e oíntes da emisora. Foi nun acto festivo no parque Irmáns Dios Mosquera, no que houbo gastronomía, música e xogos.

O IES de Valga contará a partir do vindeiro curso con tres novos ciclos...

VALGA> O IES de Valga prepárase para a implantación de tres novos ciclos de FP dual. A partir de setembro impartirase nova formación en...

O Concello de Meis renova o seu apoio ao festival Armenteira Jazz

O Concello de Meis seguirá apostando polo festival de jazz da Armenteira. Esta mañá, a alcaldesa da localidade renovou o convenio de colaboración coa Asociación Terras Altas do Salnés, entidade organizadora desta cita musical. En virtude desta colaboración, o concello concede para o festival unha axuda de 3.000 euros.

A rapazada do colexio Magaláns de Dorrón aprende a almorzar de xeito saudable

SANXENXO> A rapazada do colexio Magaláns de Dorrón, en Sanxenxo, aprendeu hoxe a preparar almorzos saudables. Eles foron o primeiro grupo en pasar por...

REDES SOCIAIS

40,723FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete