A Ruta Quetzal arrancará de novo en Vilanova, incluíndo actos de homenaxe a Valle-Inclán

VILANOVA> Vilanova será de novo punto de inicio dunha nova edición da Ruta Quetzal. Trátase dunha expedición de trece días por España e Portugal...

Máis de 500 nenos e nenas daranse cita na sexta edición da Mini BTT...

Máis de 500 nenos e nenas daranse cita este domingo na sexta edición da Mini BTT Concello de Ribadumia. A proba vai ter lugar no campo de fútbol de Leiro, onde o Club Ciclista Ribadumia ten a súa sede. Os organizadores prometen unha competición moi atractiva, que permita á rapazada gozar da xornada. Tamén de todo o público que mobilizará esta proba. Estímase que grazas a esta Mini BTT achegarnse en total ata Ribadumia unhas 2.000 persoas.

A Deputación pedirá a Patrimonio ampliar o BIC a todo o xacemento da Lanzada

Vanse retomar as excavacións no xacamento da Lanzada. Anunciouno esta mañá o presidente da Deputación de Pontevedra que tamén avanzou que se vai musealizar a zona. Ademais, o goberno provincial vai solicitar á Xunta a ampliación da zona BIC a toda a península da Lanzada. Ata o de agora o ben de interese cultural limítase á zona da capela. Ademais, o concello de Sanxenxo vai lanzar un concurso de ideas para a renaturalización de toda esa contorna.

Ribadumia acollerá unha andaina a favor de TDAH Salnés no marco da Festa do...

Ribadumia segue pouco a pouco dando a coñecer actividades relacionadas coa Festa do Tinto. Hoxe prsentaron a oitava edición da andaina solidaria que ten lugar no domingo da festa, o día 2 de xuño. Os fondos que se recaden nesta actividade entregaránse á asociación TDAH Salnés.

Os premio Planeta Lorenzo Silva e Javier Serra, no ‘Vilagarcía, cidade de libro’

VILAGARCIA> Vilagarcía quenta motores para a súa 'Cidade de libro'. Hoxe avanzaron as datas e os autores que formarán parte desta cuarta edición. Vai...

Ribadumia abre boca para a Festa do Tinto coa súa segunda ruta de tapas

RIBADUMIA> Ribadumia volve apostar polo tapeo para ir abrindo boca para a Festa do Tinto. O concello xunto coa hostalería local organizan a segunda...

O Dinamo de Zagreb ou o Milan, entre os equipos estrela da edición deste...

Todo listo en Ribadumia para o Arousa Fútbol 7. O torneo vaise celebrar entre o 17 e 19 de maio, coa visita de equipos galegos, españois e internacionais de primeiro nivel. En total, sete nacionalidades e seis campeóns de Europa asistirán á cita. Entre eles o Dinamo de Zagreb ou o Milan. Por suposto, tamén estarán presentes o Celta, o Rácing de Ferrol ou o Deportivo da Coruña.

As corais Rosalía de Castro e Voces Amigas únense nun festival solidario a favor...

VILAGARCÍA> As corais vilagarciás Rosalía de Castro e Voces Amigas únense por unha boa causa. Os dous conxuntos musicais van protagonizar este venres un...

Caleiro agarda unha gran afluencia ao San Cidre grazas ao seu vídeo viral que...

A veciñanza de Caleiro, en Vilanova, anda estes días moi atarefada poñendo a punto os seus tractores e maquinillos. Este sábado moitos deles desfilarán pola parroquia, pola festa do San Cidre, patrón dos labradores. A xornada incluírá tamén degustación de chourizo con pan de millo, outras propostas gastronómicas, actividades para a rapazada e moita música, dende primeira hora e ata a noite. O broche final vano poñer este ano as orquestras New York e Fuego.

Comezan as precatas da Festa do Tinto do Salnés

Arrancan as precatas da Festa do viño tinto do Salnés de Ribadumia. As primeiras celebráronse onte á noite no Centro Social San Andrés de Barrantes. Continuarán ata o vindeiro luns, día 12. Ademais, o Concello xa puxo á venda as entradas para reservar mesa e participar nesta comida de confraternidade.

REDES SOCIAIS

40,723FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete