Zona Aberta entrega os seus agasallos polo Día da Nai homenaxeando á mamá máis...

Xa coñecemos a gañadora do sorteo do Día da Nai de Zona Aberta de Vilagarcía. O premio desta campaña é para Mercedes Espiñeira, que participou co seu ticket por unha compra feito no establecemento Nieves Álvarez. A afortunada fíxose cun premio de 300€ en vales de compra e unha visita guiada ao Pazo de Rubiáns. Tamén lle entregaron un agasallo á nai con máis historia de Vilagarcía. Chámada Purita Ramos e, aos seus 105 anos, é a mamá máis veterana da cidade. Zona Aberta fíxolle unha visita á súa casa, onde lle entregaron un ramo de flores.

En marcha o reasfaltado da estrada das Sinas, con críticas ao anterior goberno provincial...

En Vilanova están en marcha os traballos de reasfaltado da estrada provincial das Sinas. Unha obra que se converteu no seu día nun dos cabalos de batalla entre o goberno local e a Deputación de Pontevedra que presidía Carmela Silva. A actuación afecta a un treito de pouco máis dun quilómetro desta estrada EP-9702, que une As Sinas con Vilanova. Unha intervención, urxente -din dende a Deputación e o Concello- que supón un investimento de 200.000 euros nun dos accesos á vila.

Cambados pídelle á Garda Civil que reforce o traballo da Policía Local cando falten...

CAMBADOS>  Cambados traballa para chegar a un acordo coa Garda Civil para que reforce á Policía Local de forma puntual. Trátase dunha solución para...

A Deputación de Pontevedra farase cargo da mellora da mobilidade peonil na...

A Deputación de Pontevedra farase cargo da mellora da mobilidade peonil na Travesía de Dona Urraca, no concello de Caldas. Así o acordaron o presidente provincial e o alcalde caldense nunha reunión celebrada esta mañá. Iso si, Luis López puxo un condicionante: será o goberno local quen teña que conseguir os terreos necesarios para esta intervención. Recordemos que nesta zona é onde se vai situar o novo centro de saúde de Caldas.

O tamaño da ameixa leva ás mariscadoras de Carril a prolongar o peche da...

As mariscadoras de Carril seguen atravesando unha situación crítica. Acaban de decidir prolongar o peche da praia ata xuño, e insisten en que fai falta ir ao fondo do problema para determinar con exactitude as causas e intentar salvar o sector.

Cambados, punto de partida da concentración de coches clásicos da Ruta Turística A Lanzada

CAMBADOS> Os coches clásicos toman Cambados. O concello será o punto de inicio da XVI Ruta Turística A Lanzada, que organiza o Club de...

Trepidante Carreira de Camas en Meaño

Na tarde deste domingo, en Meaño, meañeses e visitantes de tódolos recunchos de Galicia déronse cita para ver unha nova edición da Carreira de Camas.

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest

A Deputación patrocina estes cinco festivais pola súa pegada no emprego e en sectores como a hostalaría, o turismo ou o comercio

Subdelegación do Goberno e Concello de Cambados avanzan na seguridade da LXXII Festa do...

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, copresidiu hoxe a Xunta Local de Seguridade do Concello de Cambados acompañado do alcalde, Samuel Lago

A xustiza avala os pasos dados polo concello de Catoira contra a pirotecnia de...

O Xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Pontevedra ditou sentenza e obriga ao concello a demoler a construción.

REDES SOCIAIS

40,723FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete