Parte das 150 prazas da nova residencia de maiores de Valga serán públicas

Valga contará cunha residencia de maiores con 150 prazas. Unha parte delas, aínda sen concretar, serán públicas. O centro construirase nunha parcela de máis de 8.000 metros cadrados. O proxecto contempla tamén unha unidade pioneira para a formación e a investigación na recuperación de ictus en colaboración coas universidades galegas.

90 equipos participarán na sexta edición da Copa Ribadumia

Os partidos da cetegoría infantil disputaranse os días 12, 13 e 14 deste mes, mentres que os benxamíns competirán os días 19, 20 e 21. O torneo traerá ata Ribadumia combinados de todas partes de España, pero tamén terá unha destacada presenza internacional. Este ano estréase México, coa participación da selección da Copa de Aguascalientes. En conxunto, agárdase que a copa reúna no municipio máis de 5.000 persoas.

Zona Aberta volve converter Vilagarcía en punto de encontro para amantes das tapas

Zona Aberta de Vilagarcía lanza a segunda edición da súa ruta de tapas e compras. A iniciativa, que busca promocionar a hostalería e comercio local, arranca este xoves. Na cita participan de novo 11 establecementos, que ofrecerán as súas tapas a un prezo único de 4 euros. Ademais, este ano Martín Códax súmase á proposta, coa opción de gozar do petisco e unha copa de viño por 6 euros. O colectivo pon en xogo ademais 300 euros en vales de compra.

Uns 40 chefs Michelin participarán en ‘Estrelas no Camiño’, nunha edición que homenaxeará a...

Estrelas Solidarias non Camiño reunirá a case corenta chefs con setenta estrelas Michelin. Estamos a falar dun evento que acada a súa décimo terceira edición e que se vai celebrar na Finca Casa Barqueiro, en Negreira. Entre os convidadados atopamos cociñeiros da nosa contorna, como Javier Olleros, do Grove; Pepe Vieira, de Poio; ou o cambadés Yayo Daporta. Esta edición é dobremente especial: Casa Barqueiro fai 25 anos, e o evento rende homenaxe a Arzak, o seu padriño desde o principio. Os beneficios van destinados a Art for Dent.

Seguimento total da folga de Nestlé en Pontecesures contra o ERE

Nova xornada de protestas dos traballadores de Nestlé en Pontecesures contra o ERE que prevé 27 despedimentos na planta. A concentración deste martes tivo lugar ás portas da fábrica coincidindo coa segunda xornada de folga indefinida. O seguimento, segundo asegura a CIG, está sendo masivo cun apoio do 100%. Dende a central insisten en que non hai causas económicas, organizativas ou produtivas que xustifiquen o ERE.

As fochancas que, literalmente, quitan o sono á veciñanza de Faxilde

En Vilagarcía, a veciñanza da rúa Canto, en Faxilde, denuncia o estado que presenta o camiño. A vía sufriu varios afundimentos en distintos puntos, por mor do paso de vehículos pesados. Nun deses puntos, o concello instalou hai tres semanas unha prancha de ferro para tapar unha gran fochanca. Unha solución temporal que está a causar moitas molestias aos veciños, en especial pola noite, polo ruído que fai cando pasan coches. Aseguran que levan presentados xa varios escritos no concello denunciando o estado do camiño sen que ninguén lles faga caso.

SOS Sanidade convoca para este xoves concentración no Salnés polo aumento das listas de...

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública convoca unha concentración para este xoves ás Portas do Hospital do Salnés. Desta volta, poñen o foco nas listas de agarda demandando á Xunta solucións. A protesta celebrarase de xeito simultáneo en distintos puntos de Galicia.

Caldas inaugura o Xardín Botánico e a Carballeira convertidos nun Museo Aberto 24/7

Caldas de Reis inaugura o Xardín Botánico e a Carballeira trala súa rehabilitación. A intervención permitiu recuperar, modernizar e poñer en valor este espazo, un dos principais atractivos turísticos da vila. A intervención foi financiada con fondos europeos e contou cun investimento de 1,4 millóns de euros.

Ribadumia presume de viño e tradición na LIII Festa do Tinto do Salnés

Ribadumia conta os días para a LIII Festa do Tinto do Salnés. A cita será do catro ao sete de xuño co viño e a gastronomía como principais ingredientes, pero cunha gran programación paralela, con multitude de propostas musicais. Este venres tivo lugar a xa habitual presentación oficial nunha das adegas. O pregón correrá a cargo este ano de Leti da Taberna. Ademais, de forma paralela, continúan as catas dos viños que chegarán á gran final.

Sanxenxo convértese en epicentro da mobilidade sostible en medios de transporte

A praza do Mar acolle dende este xoves a terceira edición dun congrso organizado polo IES Vilalogna e o CIFP Fontecarmoa. Durante dúas xornadas por aquí pasarán expertos de distintos sectores para abordar as últimas tecnoloxías da automoción. Máis de 250 alumnos de FP de Automoción de toda Galicia participan no encontro.

REDES SOCIAIS

40,701FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete