Martín Códax incide nas ‘boas prácticas’ para seguir levando o sector a un modelo...

Martín Códax acolleu este xoves unha xornada formativa de boas prácticas. A iniciativa, destinada aos cooperativistas da adega, busca incidir en accións que fomenten unha convivencia harmoniosa entre os viticultores, a veciñanza e o medio ambiente. Nestes momentos, por exemplo, á hora de aplicar tratamentos fitosanitarios co obxectivo de diminuír ao máximo o seu impacto en parcelas próximas a vivendas ou a leitos de ríos.

O BNG reclama á Xunta un estudo técnico na D.O. Rías Baixas sobre o...

O BNG oponse á redución do rendemento de uva por hectárea que están a debater algúns sectores da Denominación de Orixe Rías Baixas. A formación considera que o debate é inxustificado e que reducir os copos dos 12 mil aos 10 quilos de uva por hectárea só prexudicaría aos pequenos produtores, principalmente na comarca do Salnés. A formación reclama tamén á Xunta que realice un estudo técnico para avaliar a situación.

O GDR Salnés-Ulla-Umia mobiliza un millón de euros para o impulso de proxectos que...

Ata o vindeiro seis de abril está aberta a nova convocatoria de axudas Leader que xestiona o GDR Salnés-Ulla-Umia. Poden optar a estes fondos proxectos que favorezan o desenvolvemento de zonas rurais, que fomenten o asentamento de poboación ou xeren postos de traballo. Destes fondos pódense beneficiar empresas e autónomos, pero tamén asociacións, comunidades de montes e os propios concellos. A gran novidade desta edición é que a convocatoria pasou de dúas a tres anualidades.

15 persoas desempregas formáronse no curso de xestión de almacén da Mancomunidade do Salnés

Este venres rematou o curso de xestión integral de almacén que impulsa a Mancomunidade do Salnés dentro do seu programa de emprego. A formación incluíu prácticas en sete empresas da comarca para coñecer en profundidade o sector. Un total de 15 alumnos participaron nesta acción formativa centrada no almacenamento, subministro e loxística.

O parque de maquinaria do Salnés segue medrando coa incorporación dun novo tractor

O parque de maquinaria da Mancomunidade do Salnés non deixa de medrar. A última adquisición foi este tractor que permitirá levar a cabo tarefas de mantemento en núcleos rurais dos nove concellos e de limpeza das marxes de viais. Cun investimento de case 97.000 euros, máis de 39.000 foron aportados pola Xunta a través do Fondo de Compensación Ambiental.

Cambados faise coa titularidade dos 41.000 metros cadrados da zona deportiva do Pombal

A zona deportiva do Pombal era ata o momento de Costas do Estado. Estaba en precario dende 2021, o que impedía acometer reformas nas instalacións. Logo de anos de trámites, este martes escenificouse a entrega ao municipio dunha superficie de 41.000 metros cadrados. Trátase da maior adquisión da historia recente de Cambados. A partir de aquí, o concello avanza actuacións de mellora inminentes.

O futuro Centro Loxístico Multiservizos do Salnés estará operativo antes de que remate o...

A Mancomunidade do Salnés ten preparado xa o proxecto para a reforma do que será o futuro Centro Loxístico Multiservizos. Trátase dunha infraestrutura estratéxica para a comarca que aglutinará distintos servizos mancomunados, como o parque de maquinaria ou espazos formativos. A transformación desta nave, situada no polígono de Sete Pías, está orzamentada en 600.000 euros. O organismo comarcal acaba de conseguir unha axuda da Xunta pola metade dese importe.

Aumenta o número de atencións a vítimas de violencia de xénero no CIM do...

O CIM da Mancomunidade do Salnés alerta do aumento do índice de atencións a vítimas de violencia de xénero. No 2025 acadou o 20% dos casos, fronte ao 12% do exercicio anterior. En total, o ano pasado este servizo mancomunadado atendeu unhas 2.300 consultas de mulleres. Este martes celebrouse a terceira Mesa Comarcal de Coordinación Institucional fronte á violencia de xénero.

O Salnés aposta pola xestión intelixente da auga para optimizar a súa rede de...

A Mancomunidade do Salnés bota man da dixitalización para superar un dos retos máis importantes: optimizar o seu sistema de abastecemento de auga e planificalo para que resista as tensións que padece no verán polo impacto do turismo. Con este obxectivo, porán en marcha un sistema para a xestión intelixente deste recurso, que recollerá información a tempo real en 37 puntos da súa rede de abastecemento. Unha información que se procesará e que axudará a priorizar os investimentos. A intención é que estea en marcha xa neste mes de xuño.

O Salnés consolídase como un dos destinos ‘pet friendly’ máis avanzados de España

O Salnés consolídase como destino para facer turismo con mascotas. A Mancomunidade acaba de rematar a segunda fase do seu proxecto pet friendly, posicionándose como un dos destinos máis avanzados e estruturados de España en turismo con mascotas. O organismo comarcal creou unha rede da que xa forman parte 159 establecementos e realizou auditorías nos nove concellos para analizar os distintos servizos dos que dispoñen e propostas de mellora.

REDES SOCIAIS

40,766FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete