Uns 40 chefs Michelin participarán en ‘Estrelas no Camiño’, nunha edición que homenaxeará a...
Estrelas Solidarias non Camiño reunirá a case corenta chefs con setenta estrelas Michelin. Estamos a falar dun evento que acada a súa décimo terceira edición e que se vai celebrar na Finca Casa Barqueiro, en Negreira. Entre os convidadados atopamos cociñeiros da nosa contorna, como Javier Olleros, do Grove; Pepe Vieira, de Poio; ou o cambadés Yayo Daporta. Esta edición é dobremente especial: Casa Barqueiro fai 25 anos, e o evento rende homenaxe a Arzak, o seu padriño desde o principio. Os beneficios van destinados a Art for Dent.
As fochancas que, literalmente, quitan o sono á veciñanza de Faxilde
En Vilagarcía, a veciñanza da rúa Canto, en Faxilde, denuncia o estado que presenta o camiño. A vía sufriu varios afundimentos en distintos puntos, por mor do paso de vehículos pesados. Nun deses puntos, o concello instalou hai tres semanas unha prancha de ferro para tapar unha gran fochanca. Unha solución temporal que está a causar moitas molestias aos veciños, en especial pola noite, polo ruído que fai cando pasan coches. Aseguran que levan presentados xa varios escritos no concello denunciando o estado do camiño sen que ninguén lles faga caso.
SOS Sanidade convoca para este xoves concentración no Salnés polo aumento das listas de...
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública convoca unha concentración para este xoves ás Portas do Hospital do Salnés. Desta volta, poñen o foco nas listas de agarda demandando á Xunta solucións. A protesta celebrarase de xeito simultáneo en distintos puntos de Galicia.
Ribadumia presume de viño e tradición na LIII Festa do Tinto do Salnés
Ribadumia conta os días para a LIII Festa do Tinto do Salnés. A cita será do catro ao sete de xuño co viño e a gastronomía como principais ingredientes, pero cunha gran programación paralela, con multitude de propostas musicais. Este venres tivo lugar a xa habitual presentación oficial nunha das adegas. O pregón correrá a cargo este ano de Leti da Taberna. Ademais, de forma paralela, continúan as catas dos viños que chegarán á gran final.
Sanxenxo convértese en epicentro da mobilidade sostible en medios de transporte
A praza do Mar acolle dende este xoves a terceira edición dun congrso organizado polo IES Vilalogna e o CIFP Fontecarmoa. Durante dúas xornadas por aquí pasarán expertos de distintos sectores para abordar as últimas tecnoloxías da automoción. Máis de 250 alumnos de FP de Automoción de toda Galicia participan no encontro.
Amicos pon en marcha un proxecto europeo medioambiental centrado no río Umia
A iniciativa inclúe limpezas e a instalación de barreiras que permitan reter plásticos. Os usuarios de Amicos terán un papel clave, como encargados de poñer en marcha e supervisar todo o proxecto. A acción vaise desenvolver no leito do río, ao seu paso polos concellos de Cambados, Meis e Caldas.
Cambados recoñece á adega Martín Códax polo seu traballo a prol da cultura e...
A cooperativa acaba de ser distinguida co Premio da Cultura Galega 2025 que outorga a Xunta, un galardón co que se poñen en valor os 40 anos nos que Martín Códax leva traballando arredor da cultura, a música e o territorio. Trátase da primeira empresa en recibir este premio.
Os socios de Zona Aberta gozarán de vantaxes na súa saúde dental grazas a...
Convenio entre Zona Aberta de Vilagarcía e Vitaldent. A través deste acordo os asociados ao colectivo de comerciantes e hostaleiros da cidade terán vantaxes á hora de coidar a súa saúde dental. A clínica ademais súmase á entidade como novo socio.
‘Si’ de Esquerda Unida a uns ‘malos orzamentos’ para Vilagarcía
Esquerda Unida votará a favor dos orzamentos de Vilagarcía. A formación apunta que son unhas contas que non lle acaban de convencer, pero que van apoialas porque reservan unha partida para a compra da casa dos duques de Terranova, onde propoñen construír unha residencia de maiores. Juan Fajardo fala duns 'malos orzamentos', pero di estar disposto a facer o que haxa que facer para que ese proxecto sexa unha realidade, mesmo incluso aínda que lle custe a súa representación no pleno.
Ribadumia sitúase no mapa internacional do deporte grazas ao Arousa Fútbol 7
Balance máis que positivo do concello de Ribadumia sobre a última edición do Arousa Fútbol 7 celebrada no municipio. O torneo trouxo ata Ribadumia a milleiros de persoas, atraídas polo mellor fútbol base internacional. O campo da Senra converteuse nunha auténtica festa coa gran final entre O Porto e o Valencia. Os portugueses acabaron facéndose co título por segundo ano consecutivo.

















